70 anos de limpezas étnicas en Oriente Medio anunciadas previamente

Hai un fío de conexión entre dous homes que comparten con cen anos de diferenza unha intolerancia xenófoba, unha moralidade relixiosa integrista e un supremacismo racial. Un foi ministro de exteriores británico fai exactamente cen anos, chamábase Arthur James Balfour. O outro se chama Recep Tayyip Erdoğan, presidente de Turquía desde 2014.

Os dous anunciaron a execución dunha limpeza étnica e cambio demográfico forzoso (crimes contra a humanidade) que posteriormente levaron a cabo. O primeiro anunciou en 1917 a limpeza étnica de Palestina coa Declaración Balfour, na que prometeu entregar Palestina ao movemento sionista europeo. O segundo leva anunciando desde 2011 a limpeza étnica de Kurdistán nos medios de comunicación.

O próximo 15 de maio de 2018 cumpriranse 70 anos da Nakba (“catástrofe”) palestina. A limpeza étnica de 800.000 persoas nativas mediante o seu asasinato e expulsión cometida polas forzas militares sionistas, e a proclamación por estes estranxeiros dun estado de carácter etno-relixioso chamado Israel. Trinta anos pasaran desde que Balfour lanzou o seu anuncio predestinando aos palestinos a un exilio a punta de pistola.

Este crime contra a humanidade cometido polo artefacto sionista, continúa ata hoxe impune cos máis de 6 millóns de persoas refuxiadas palestinas esperando o retorno tal como manda a legalidade internacional ou a resolución 194 da ONU. Viven dunha caridade internacional que non desexan (a axencia da ONU para refuxiados e refuxiadas palestinas, UNRWA), e que EEUU anunciou que recortará dramaticamente. O que elas e eles desexan é que se aplique o seu inalienable dereito ao retorno ás súas terras e fogares. Son o colectivo humano refuxiado máis antigo e numeroso do planeta.

Ademais, o crime realizouse coa complicidade e o silencio das grandes potencias do momento, Gran Bretaña, EEUU, e o bloque da URSS, quen previamente na ONU cortaran en anacos esa terra sen preguntar a quen a habitaba a súa opinión respecto diso.

A partir de aí, a narrativa hexemónica en occidente encargaríase de encubrir o delito: ben desaparecendo o seu espazo nos medios de comunicación, ou ben utilizando un relato que fixese borrosa e confusa a simple aplicación da legalidade para alcanzar unha paz con xustiza: “conflito histórico”, “guerra árabe-israelí”, “dous pobos”, “terrorismo palestino”, “mesas de negociación”, “proceso de paz”, etc.

– A limpeza étnica de Afrin: anunciada por Erdogan fai sete anos

En 2018 presenciamos outra limpeza étnica anunciada premeditadamente nos medios de comunicación: a invasión da rexión kurda de Afrin polo exército turco utilizando milicias extremistas. Desde 2012 —tralo acordo ao que chegaron un goberno sirio en retirada e as organizacións kurdas-sirias— a exitosa defensa e gobernanza de Afrin corría a cargo das súas milicias populares YPG- YPJ e a súa autoadministración democrática comunal respectivamente.

Centos de miles de personas, entre habitantes kurdas e refuxiadas internas doutras zonas de Siria, acaban de evacuar a rexión máis pacificada de toda a guerra ante a certeza do masacre que se cernía sobre elas por parte de Turquía e as súas bandas yihadistas.

Tras os civís, as milicias kurdas YPG retiráronse, renunciando a establecer unha imposible guerra convencional contra o 2º exército da OTAN e provocar que toda a rexión, aldeas e cidades finalizasen arrasadas polos bombardeos que Turquía realizara as semanas previas matando a centenares de civís.

Era unha quimera pensar que o goberno sirio e o seu decimado exército poderían asegurar a rexión con inexistentes unidades ou tanques. Ter izado moitas bandeiras gobernamentais e retratos de Assad en toda a provincia como disuasión ás milicias turcas tivera sido inútil para a poboación kurda de Afrin, pois Erdoğan tiña decidida a invasión desde hai anos. Só EEUU e Rusia podían evitar o ataque turco ou dos seus grupos subcontratados.

Cando a guerra en Siria apenas comezara —en xuño de 2011— e Turquía só acollía a 8.000 refuxiados do país veciño, Erdoğan xa anunciou que ía crear unha “zona de exclusión” no interior de Siria no seu borde fronteirizo para “ reasentar aos refuxiados”. Refuxiados que, como vemos, por entón Turquía acollía en cantidade minúscula. Pódese seguir nos medios o fío de idénticas declaracións de Erdoğan ano tras ano ata 2018 con esas intencións ampliadas a “devolver toda a zona fronteiriza de Siria aos seus donos árabes”, ou o que é o mesmo, a expulsión dos nativos habitantes kurdos.

Hoxe, o número de persoas refuxiadas sirias en Turquía está nun pico de 3.500.000 sendo un 10% kurdas-sirias, as cales tiveron máis restrinxido o retorno fronte a outros grupos sociais. Hoxe si dispón Erdoğan de persoas sirias refuxiadas en número suficiente para levar a cabo o cambio demográfico no país veciño, o cal é un crime de guerra adicional segundo establece o dereito internacional.

Que Erdoğan xa expuxese en 2011 un proxecto de cambio demográfico forzoso dentro de territorio sirio, na fronteira, con reasentamento duns refuxiados que nesa data aínda non estaba a acoller, indica ata que punto un dos intereses da axenda turca na guerra de Siria era que o número destas persoas refuxiadas se incrementase exponencialmente. E só hai unha forma para conseguir que fuxa do seu propio país a maior poboación posible: alimentar a guerra.

– ISIS é Turquía, pero a xeopolítica é a xeopolítica

O consenso entre as potencias foi absoluto en canto aos vínculos de Erdoğan con ISIS ou con outras milicias de etiquetas intercambiables: os gobernos de RusiaEEUU ou Alemaña estiveron de acordo nisto, e por suposto tamén o denunciaron as milicias kurdas YPG e o goberno de Damasco. E a pesar desta insólita unanimidade en que Erdoğan estivo apoiando o terror e as bandas yihadistas, permitíuselle reutilizar miles de mercenarios provenientes do ISIS e outros grupúsculos para executar a limpeza étnica da rexión kurda-siria de Afrin.

E non só se lle permitiu, senón que os medios occidentais branquearon a operación de Erdoğan renombrando aos seus mercenarios extremistas cos apelativos de “rebeldes”, “opositores” ou “Exército Libre Sirio”. Etiquetas intencionadamente confusas que eses mesmos medios occidentais utilizaron e utilizan para outros mesmos extremistas como os de Ghouta ou Idlib. Ou peor aínda, artigos en medios españois que falaron da poboación nativa kurda como “ocupante” e por tanto como suxeito a ser expulsado, entre outras moitas falsedades.

Facer unha cousa e a contraria na guerra de Siria foi a norma por occidente e agora tamén Rusia. A OTAN deu luz verde en xaneiro á invasión de Turquía a Afrin alegando un suposto dereito turco á autodefensa (sen ser agredida) e agora, dous meses despois,EEUU di sentirse moi preocupada pola situación. Por se a alguén se lle esqueceu, na OTAN manda EEUU, Turquía é integrante da OTAN e os seus tanques son alemáns.

Pola súa banda, Rusia estaba asentada en Afrin en colaboración cos kurdos utilizando edificios como base loxística, e a súa presenza disuadía a Erdoğan da invasión. E de súpeto Rusia retirouse de Afrin dando luz verde ao ataque turco. A mesma Rusia que nos dous anos anteriores acusara a Erdoğan de colaborar co ISIS, sufrir o asasinato do embaixador ruso en Ankara e derribas de aeronaves por Turquía. O millonario contrato do gasoduto ruso Turkstream, a venda de material militar e o desexo xeopolítico de atraerse a Turquía, fixeron que a Moscú se retirase da zona permitindo os crimes de guerra otománs.

E é que a pesar deste apoio común ás milicias kurdas, tanto EEUU como Rusia séguense manexando coas súas prioritarias axendas respectivas na guerra aberta que manteñen a través de terceiros, ou mesmo de forma directa cos varios bombardeos que EEUU realizou sobre tropas e asesores rusos causando decenas de mortos. Esa axenda siria particular rusa e americana relega aos kurdos a suxeitos xeopolíticos de “usar e tirar”, tal como ocorreu os últimos cen anos con este pobo que non é alleo a iso.

– Os obxectivos de Turquía coa invasión

E en definitiva, por que Turquía desexa cambiar a demografía de todo o norte de Siria?. Desde a primeira guerra mundial, fai cen anos, Turquía mergullouse nun nacionalismo étnico extremo que chocaba violentamente coa pluralidade de grupos sociais e relixiosos de Oriente Medio. O xenocidio, limpeza étnica e asimilación exercido polo estado turco contra armenios, gregos, asirios e kurdos foi o guión estes cen anos en distintas fases.

Desde hai dous anos as cidades kurdas en Turquía están a ser arrasadas sen que aquí saibamos moito diso. É a guerra do estado turco contra o pobo kurdo que defende a súa identidade, lingua e cultura, e ademais propón un modelo democrático alternativo á proto-ditadura de Erdoğan chamado Confederalismo Democrático. Este paradigma de convivencia que propoñen os kurdos levouse á práctica en todo o norte de Siria e por tanto o estado turco levou a súa ofensiva extramuros das súas fronteiras para erradicar un modelo que impugna o autoritarismo de Erdoğan.

Erdoğan xoga todas as súas bazas gañadoras para obter a impunidade nos seus crimes contra a poboación kurda dentro de Turquía, dentro de Siria ou dentro de Iraq. Ante a UE utiliza aos refuxiados como reféns para chantaxear a Europa. A UE paga e evade a súa obrigación de aplicar o dereito humanitario ás persoas que fuxen das nosas guerras. Xusto agora cúmprense dous anos dese acordo da vergoña. E ante EEUU e Rusia, Turquía xoga utilizando a maior ambigüidade nos seus achegamentos e afastamentos de ambos países e obter o máximo beneficio.

Mentres occidente acusa a Rusia dos bombardeos de Alepo ou Ghouta, Putin sinala os bombardeos por EEUU de Mosul ou Raqqa, e mentres tanto, Rusia e occidente gardan completo silencio da limpeza étnica en Afrin e dos masacres en todo Kurdistán.

Así como os palestinos sufriron a Nakba e a limpeza étnica continuada ata hoxe, os kurdos teñen o seu Karesat. De momento a poboación kurda de Afrin marchouse das súas casas coa chave na man, e así como as persoas refuxiadas palestinas deben regresar canto antes, as kurdas tamén.

Artigo de Daniel Lobato, membro de Rojava Azadi Madrid e de BDS Madrid.

Publicado orixinalmente en infolibre.

 

Deixa un comentario