[A Coruña] Proxección “Memorias rotas: a balada do Comandante Moreno” no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

Mañá ás 20:00 no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa La Paz nº 16) proxectaremos, como parte do evento de Coruña Libertaria – II Xornadas Anarquistas, o documental “Memorias rotas: a balada do Comandante Moreno“, presentado polo produtor do filme, Xavier Bermúdez (a directora ó final non pode vir).

O documental nos ilustra, a través de varias testemuñas de amizades e veciñanza dos protagonistas, sobre a historia do Batallón Galicia e, máis concretamente, do Comandante Moreno tras caer Asturias en manos dos nacionais no 37, véndose obrigados a intentar fuxir pola fronteira de Galicia con Asturias. O título fai referencia a un romanceiro popular de A Fonsagrada que fala desta mesma historia.

Despóis do documental haberá unha pequena charla-debate sobre o Batallón Galicia.

Deixa un comentario