MANIFESTACIÓN MAÑÁ 20:00 OBELISCO, QUE NON FALTE NINGUÉN!!!

Ante o desaloxo ilegal da Insumisa (realizouse antes de expirar o prazo estipulado) acontecido o mércores e as cargas cheas de sadismo por parte da policía de Marea e a UIP que deixaron a varias persoas feridas (brechas na cabeza de 9 grapas, cóbados esnaquizados, contusións, múltiples porrazos…) decidimos convocar unha manifestación este sábado 26 ás 20:00 na Praza do Obelisco para que a xente amose o seu apoio ós centros sociais e o seu rexeitamento á brutalidade das institucións.

VÉMONOS NA RÚA!!
10, 100, 1.000 CENTROS SOCIAIS!!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.