[Lugo] Crónica da concentración solidaria coa Insumisa

Desde Lugo nos achegan esta crónica do acontecido onte na concentración solidaria coa Insumisa.

Unha concentración improvisada de última hora (anunciouse a ultima hora) ás 20h. diante do local que comparte En Marea e a súa marca local en Lugo, Lugonovo, para amosar a repulsa do desaloxo do CSO A Insumisa e as agresións policiais que aconteceron.

Durante a concentración leuse un comunicado* asinado por, ata o momento, 17 centros sociais galegos (entre os que se atopaban centros sociais da cidade de Lugo.).

A concentración, dunha decea de persoas, transcribiu con normalidade, e portáronse carteis de apoio baixo a mensaxe de “A Insumisa non se merca” ou “O sangue ten a mesma cor cos “gobernos do cambio” que con outros”, denunciando a “hipocresía” do goberno de En Marea trala súa actuación.

Pola súa parte, Lugonovo, que ata o momento non se pronunciara ao respecto dende os sucesos do desaloxo, escribiu unha nota dúas horas máis tarde da concentración nas redes sociais condenando tanto a “violencia física e desproporcionada dunha forza policial” como a “violencia simbólica que se exerce sen ningún tipo de autocontrol nin maior desexo que abater a quen se percibe coma un adversario político”, afirmando que a organización “nunca se atopará exercendo calquera das dúas”.

Descoñecemos se se refiren á concentración acontecida que finalizou coa pegada con fixo duns poucos cartes no enreixado do local como forma de protesta, mais cómpre ter en conta o silencio mediático ata o momento e a coincidencia nos tempos. No caso de ser así, sorprende o concepto que teñen de “violencia simbólica” e máis comparalo coa violencia exercida pola policia ás ordes do Goberno de En Marea de A Coruña.

* COMUNICADO LIDO DE APOIO E SOLIDARIEDADE COM O CSO A INSUMISA

Os coletivos abaixo-assinados, integrantes do movimento popular galego e empenhados na construçom de espaços para a cultura contra-hegemónica queremos declarar o seguinte perante o iminente despejo do CSO A Insumisa:

1. A nossa solidariedade incondicional com o CSO A Insumisa, centro social ocupado da Corunha, com o qual trabalhamos em diversas iniciativas conjuntas, mostrando-se sempre como um coletivo comprometido com a construçom de alternativas ao embrutecimento e mercantilizaçom cultural dominantes.

2. O nosso apoio a todas as pessoas que participam deste centro social, e a todo o que ele representa, como verdadeiro motor da cultura de base e popular da cidade

3. A nossa condena à política de perseguiçom policial e mediática contra iniciativas nom controladas pola institucionalidade burguesa, i em concreto ao governo do chamado “cambio” e que agora leva a porra e a pistola por diante em defessa da propriedade privada e instuicionalidade dos espaços autogeridos

4. O nosso compromisso no fortalecimento e na criaçom de espaços que permitam avançar na galeguizaçom e desmercantilizaçom da nossa cultura, em coordenaçom permanente com outras entidades comprometidas com idênticos objetivos nos mais diversos ámbitos: laboral, político, feminista, comunicativo, ambiental, etc.

5. Apelamos ao movimento popular galego à unidade e à autodefesa, construindo novas ferramentas ao serviço dos interesses do nosso povo, combatendo a manipulaçom informativa e a repressom judicial-policial.

Galiza, 24 de maio de 2018

Ateneo Libertário A Engranaxe (Lugo) –

Centro Social A Comuna (Corunha) –

Centro Social A Galleira (Ourense) –

Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela) –

Centro Social A Revolta (Vigo) –

Centro Social Fuscalho (A Guarda) –

Centro Social Gomes Gaioso (Corunha) –

Centro Social Madia Leva (Lugo) –

Centro Social O Fresco (Ponte Areias) –

Centro Social Autoxestionado do Sar (Compostela) –

Centro Social Ocupado A Insumisa (Corunha) –

Coletivo Terra (Pontedeume) –

Fundaçom Artábria (Ferrol) –

Local Social Faisca (Vigo) –

CSA O Fervedoiro (Ribeira) –

Associaçom Cultural O Quilombo  (Pontevedra)

CSA Cova dos Ratos (Vigo)

Deixa un comentario