Marea Atlántica segue a provocar: iros á merda coa chorrada napolitana!!!

Dos creadores de: “non podemos facer máis, non estamos en Nápoles”, agora chega: “seguimos sen estar en Nápoles pero xa non sei que estupidez vender, así que imos vender a moto napolitana”. Realmente patético o acto da Marea Atlántica sobre “común urbanos e a experiencia napolitana”, organizado xusto a semana que remata o prazo para o desaloxo voluntario da Insumisa.

No anuncio do evento din literalmente:” En Nápoles, algúns dos principais centros sociais autoxestionados da cidade estableceron un diálogo co goberno local para darlle estabilidade xurídica e material aos seus proxectos” , é dicir, o mesmo que en Coruña, a única diferencia é que neste caso, en lugar de dar estabilidade ós centros sociais, directamente se los cargan.

Lembrar que a paralización das obras de Fomento so supón unha sanción de 24 000€, bastante menos do que leva gastado Marea Atlántica en actos demagóxicos sobre proxectos irrealizables para tentar de xustificar o inxustificable. Cando se bote as compañeiras da Insumisa e se rematen as obras de Fomento, é posible que o PP monte o CIDEA se gaña as eleccións, que o PSOE monte a sede dunha faraónica Cidade da Cultura, que se monte un novo proxecto megalómano para baleirar as arcas municipais, o simplemente que volte a quedar abandoado para que as ratas e os vermes campen as súas anchas. O que si que podo asegurar, é que nin se montará a merda das Naves do Metrosidero, nin a chorrada napolitana, nin calquer outro proxecto que se inventen no que queda de lexislatura. Lembrar que o proxecto orixinal era un albergue para os refuxiados sirios… que obviamente nin chegaron a España???!!!

A estes fascistas so lles salva a falta de memoria da cidadanía, se non hai tempo que xa estarían fóra da poltrona de María Pita. Posto a facer xornadas que lle interesen a cidadanía, por qué non nos explican como podemos facer os mortos de fame para aforrar máis de 600 000€ en 4 anos e mercar unha mansión en Galapagar? Nesto é o único en que estos ineptos  poden ser considerados uns expertos.

Deixa un comentario