Xa están aquí as segundas xornadas anarquistas de Coruña Libertaria!

Co obxectivo de visibilizar e rememorar o forte pasado anarquista da cidade coruñesa, este ano volven as xornadas de Coruña Libertaria, organizadas de maneira asemblearia por varios colectivos autoxestionados e libertarios: Ateneo Libertario Xosé Tarrío, Unión Anarcosindicalista, Ardora (pezado cartaz) e o novo colectivo Germinal, que se presentará no primeiro evento das xornadas.

Este ano terán lugar no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa La Paz 16) e no local da Unión Anarcosindicalista (Rúa Washington 36).

A continuación a lista de eventos:

MAIO:

25 – Venres ás 20:00 na Rúa Washington 36:
Presentación do novo colectivo «Centro de estudos sociais Germinal» e presentación das xornadas.

29 – Martes ás 20:00 na Rúa Washington 36:
Presentación do libro «A Coruña anarquista: na procura do ideal de liberdade» e charla «O anarquismo coruñés ata 1936» por Oscar Freán, autor do libro.

30 – Mércores ás 20:00 na Rúa A Paz 16:
Proxección da película «Nuestro culpable» de Fernando Mignoni (1937)

XUÑO

3 – Domingo ás 12:30 no cemiterio de San Amaro:
Ofrenda floral aos mártires da folga xeral de 1901 na Coruña

6 – Mércores ás 20:00 na Rúa A Paz 16:
Proxección do documental «Memorias rotas, balada sobre el comandante Mmoreno» a cargo da súa directora Manane Rodríguez

8 – Venres ás 20:00 na Rúa Washington 36:
Charla sobre Ramón de la Sagra a cargo de Ascensión Cambrón

11 – Luns ás 20:00 na Rúa A Paz 16:
Charla «Galiza nas redes anarquistas internacionais» a cargo de Eliseo Fernández.

15 – Venres ás 19:00 na Rúa Washington 36:
Proxección do filme «Viva Zapata» de Elia Kazan comentada por Alber Ponte.
A continuación, charla «O movemento agrario na comarcal de San Pedro» a cargo de Ramón Boga.

20 – Mércores ás 20:00 na Rúa Washington 36:
Proxección do filme «Amanece sobre España» de Louis Frank e charla sobre o documental durante a Revolución española (Buñuel, Hemingway, Dos Passos)

22 – Venres ás 22:00 na Rúa A Paz 16:
Charla «Esperanto e anarquismo» a cargo de Carlos Sánchez Crestar

27 – Mércores ás 20:00 na Rúa A Paz 16:
Proxección do filme «Furia libertaria»

30 – Sábado:
11:00 Roteiro libertario (por concretar)
20:00 Charla «Transición e movemento anarquista» a cargo de Miguel Ángel Martínez e presentación de Carlos López na Rúa Washington 36

Iso é todo, iremos informando sobre o roteiro do último día.
Saúde e anarquía!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.