A Insumisa non se merca: concerto de Leo Arremecághona no día das Letras Galegas

O pasado 17 de maio, celebrouse un concerto no Campo da Leña para conmemorar o día das Letras Galegas. Como todos os coruñese xa sabemos, neste Concello non hai pelas para a Renta Social, nin para as familias desafiuzadas, nin para o rescate cidadán… pero para festas hai pelas de sobra. Como se nota que estamos en crisis e que goberna o partido do “cambio”.

Para sorpresa dos mareantes que esperaban unha festa tranquila para anotarse o tanto do moito que defenden a lingua galega, o cantautor, Leo Arremecághona, rompeu o protocolo e invitou ás compañeiras do CSO A Insumisa a ler un manifesto e sacar unha faixa que dicía: “A Insumisa non se merca”, “okupa e resiste”.

Vai ser interesante comprobar se a Marea volta a contratar a Leo ou agora lles parece que xa non é un músico o suficentemente “bo”…

Todo o noso agradecemento e recoñecemento para Leo Arremecághona, podo asegurar que moitos artistas que van de progres non se atreven a desafiar ós político que lles contratan.

Que se entere a Marea Atlántica dunha vez:

A INSUMISA NON SE MERCA!!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.