Os nazis do Hogar Social Madrid seguen okupando tan tranquilamente

Como mola ser okupa neste país cando se é facha e de extrema dereita. A primeira vez que un xuíz ordenou o desaloxo das antigas oficinas do Banco de Madrid, okupadas desde abril do 2017 polos neonazis de Hogar Social Madrid, déronlle data e hora para que estivesen ben preparados (o normal nestes casos, verdade!!!). Ao chegar a comisión xudicial decidiu, sen facer o máis mínimo intento, suspender o desafiuzamento por motivos de seguridade. A verdade é que no referido “intento” de desaloxo houbo momentos de enorme “tensión”, mirar esta “aterradora” imaxe:

Visto o gran resultado, o xuíz decidiu dar outra oportunidade ós nazis para que fixesen un novo acto propagandístico. Outra vez deron unha orde de desaloxo con data e hora fixada e o resultado aínda foi máis patético: suspéndese o desaloxo porque o cerraxeiro non pode abrir as portas!!! Para que van rebentar as portas como fan sempre, nada, pasamos de desaloxar aos nazis e que monten o numerito.

O bochorno é tan cantoso que se ve como os nazis xa tiñan preparado todo o paripé mediático, xa que sabían que non ían ser desaloxados. Neste patético espectáculo que evidentemente non tiña nada de espontáneo, decenas de nazis saíron do antigo Banco de Madrid con buzos e caretas de V de Vendetta, puxeron unha alfombra vermella facéndolle o corredor a Melisa (a líder que ten tatuada unha esvástica no nocello) e a un señor que supostamente foi aloxado no Fogar Social por ser un perfecto español. Decenas de medios de comunicación esperaban fóra e non dubidaron en ceder os seus micros para que a nazi recoñecida soltase a súa merda de mensaxe xenófoba: ”non pode ser que o estado deixe a persoas españolas na rúa mentres abre centros para acoller refuxiados”. Supoño que esta señora vería moitas guerras na súa vida porque vaia ovarios para soltar esta chorrada, para seguir coa mentira de: “os grupos de extrema esquerda okupan a particulares e pequenas empresas e nós só okupamos a bancas privadas ou con casos de corrupción e edificios do estado” , seguro que os banqueiros teñen máis medo destes fascistas que da loita antifascista dos últimos 40 anos, bufff o que hai que escoitar.

Chama a atención a seguridade coa que se celebrou tan nauseabundo acto e como se deixou a porta aberta de par en par, actitude que non se lle ocorre nin ao máis temerario dos okupas antifascistas ou a ningunha familia que tivese fixada unha orde de desafiuzamento.

 

Mentres tanto a merda nazi leva máis de 1 ano okupando un xigantesco edificio histórico no centro de Madrid coa completa permisividade das forzas de inseguridade do estado e a colaboración dos xuíces. Para que logo digan que Franco morreu.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.