Outra demostración máis: as Naves do Metrosidero son unha mentira!!!!

Unha proba máis e van millóns, as Naves do Metrosidero son unha estafa. Desde o CSO Insumisa levan medio ano demostrando que ese proxecto é completamente inviable, aportando probas tan contundentes como a dos prazos: as obras de Fomento están proxectadas para 16 meses e despois teñen que comezar as longuísimas obras de adecuación das instalacións, en total seguro que máis de 2 anos; lembrar que a lei electoral prohibe aprobar obra nova a partir de principios de abril do próximo ano, polo que teñen menos de 11 meses para poñer a andar o proxecto. Pero por se non tiñamos bastante, mirade isto:

http://cadenaser.com/emisora/2018/04/06/radio_coruna/1523016535_320613.html

o PSOE ten pensado que a Insumisa se convirta na sede dunha suposta Cidade da Música da UNESCO. Como podedes ver, tanto o PP como o PSOE xa mostraron públicamente o seu rexeitamento ao proxecto de Naves do Metrosidero aportando alternativas tan “apaixonantes” como o CIDEA ou unha nova cidade do despilfarro, polo que queda totalmente descartada a aprobación das Naves do Metrosidero xa que o PPSOE teñen clara maioría no pleno municipal.

Síntoo polos poquísimos bienintencionados que acoden ás reunións das Naves do Metrosidero. Eses actos non son máis que lixo electoral pagado co diñeiro de todos os coruñeses e unha perfecta perda de tempo para os asistentes que non teñan intereses políticos. Aos concelleiros mareantes xamais se lles pasou pola cabeza facer realidade esa merda de proxecto, polo único que montaron todo este circo foi para evitar que A Coz de Malicia lles metesa centos de artigos xornalísticos criticándolles por non desaloxar aos okupas.

É triste comprobar que un xornal fascis… perdón, democrático quería dicir (xa sabemos que hai xente á que non lle gusta que se frivolice co termo “fascismo”) como digo, é unha pena que o “goberno do cambio” goberne máis pensando no que poida escribir A Coz que en cumprir o seu programa político, pero así de patéticos, incompetentes e impresentables son os 10 concelleiros que levamos 3 anos aturando.

En calqueira caso non sei porque me esforzo en demostrar estas mentiras. As cousas son como son e hai que asumilo: os nenos cren nos Reis Meigos e os mareantes nas Naves do Metrosidero. Os partidos FASCISTAS nunca se caracterizaron por ter unhas bases moi reflexivas.

 

Deixa un comentario