O desaloxo da Insumisa é un crime. Non somos tolerantes coa Marea Atlántica!!!

Este artigo xa o puxéramos hai uns meses pero segue a ser moi actual. Aquí o deixamos para quen lle interese.

 

Aquí non penso profundar no bochornoso espectáculo que supón a aberración deste desaloxo (respecto diso creo que xa escribín bastante neste mesmo blogue) senón que me quero centrar na culpable permisividade e tolerancia que está a ter a maioría dos activistas desta cidade. O mesmo dame quen apoia á Marea, que quen dá un cínico e non comprometido apoio á Insumisa, creo que os dous cometen os mesmos erros.

Realmente é duro ver tanta comedura de polla/ chocho disfrazada de falsa disconformidade. Está permitido disentir da Marea Atlántica, pero non perder as formas. Por moito que nos ataquen lembra que son compañeiros. Desalóxannos?, certo, pero como gañen os outros vai ser peor, máis vale resignarse. Míntenos, pero non son inimigos, son adversarios, hai que manter a nobreza dun digno enfrontamento. Poden utilizar todo tipo de técnicas de manipulación: chantaxes emocionais, whatsapps indignantes a usuarios do centro social, caritas de can mallado, pero, é que non che dan pena? Mesmo poden sacar a chorra/ cona e mear sobre nós, pero nós non debemos perder a compostura, pensa que o fan polo ben de todos os cidadáns, tamén polo noso propio ben.

Marea Atlántica é tan pura que nin sequera a podremia inherente das institucións lles ensucia. Eles non son un partido político, son unha plataforma cidadá, un proceso municipalista para tomar as institucións e poñela a disposición de todos os cidadáns. Crean pontes que conectan as institucións cos movementos sociais, (sobretodo con Stop Desafiuzamentos, non vexas a cantidade de afectados que se van a vivir debaixo da ponte). Son plataformas de produción social e cultural que enriquecen aos movementos sociais, ás organizacións, plataformas e colectivos cidadáns e ás persoas a nivel, son o non vai máis, o máis mellor, son os putos amos!

 

Como digo, non existe o pensamento único, ao revés, hai que disentir, criticar, debater e sobretodo filosofar, disto último hai moito por estos lares. Pero sempre desde a aceptación, o recoñecemento. O Concello que sempre foi un tirano, da noite para a mañá, como por encantamento, convértese nun interlocutor válido. Un axente máis dentro da amalgama dos movementos sociais tan digno de respecto como o que máis.

Os anarquistas, os antisistema, os radicais, antes eramos simpáticos, como rían cando nos vían dar tanta cana óss fachas, á casta! Pero agora o noso discurso soa a rancio, non realista, soa a purismo trasnoitado sen ganas de evolucionar, caemos en dogmas irracionais, somos inmaduros, egoístas que non pensamos no ben común, carentes dun sentido estratéxico. Seica non vemos que a Marea Atlántica e a súa contorna son os máis próximos a nós? Como imos saír do ghetto se nin sequera válenos a Marea Atlántica? Somos como nenos pequenos, seres infantís que nos negamos fanáticamente a todo tipo de reflexión e análise político.

 

Quedámonos trasnoitados na época do 15 M ou das Marchas da Dignidade. Seguimos gritando que “non nos representan!”, “non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros”, “os nosos soños non caben nas vosas urnas” ou “que se vaian todos”. Iso da cidadanía empoderada á marxe dos partidos políticos estaba moi ben, pero agora é mellor traballar de xeito conxunto con eles: reunirnos nos seus locais, chamarlles e deixarlles chupar cámara nos actos convocados por nós mesmos, deixarlles asinar os nosos manifestos coma se se tratasen dun colectivo máis das nosas plataformas, deixar que se apropien do noso discurso ,abrigo, cando non é competencia deles e non os compromete en nada. En definitiva, deixarnos asimilar polo sistema, que nos fagociten. Converternos en todo o que sempre rexeitamos.

 

Desta maneira o noso discurso é silenciado e sistemáticamente calumniado, coma se ser contundente á hora de atacar a Marea significase coller prestado o discurso a La Coz de Malicia. Alguén non se decatou aínda que o movemento libertario leva 170 anos atacando, tanto coas palabras como coa acción, a toda forma de goberno. Os que sempre entenderan o noso discurso (compartíseno ou non) sufriron un electro shock no cerebro, provocándolles un alzheimer selectivo que converte en incomprensible o que antes era cristalino como a auga.

 

Andan empeñados en que lle facemos o xogo ao PP. Que os peperos son os culpables dos nosos conflitos e mórrense de risa ao ver como nos pelexamos, e teñen razón. Ao atacar a Marea facemos o xogo ao PP, porque esta “plataforma cidadá” ha virado tanto á dereita que non me estrañaría que xa estivese a pescar votos no caladoiro do PP.

Estamos fóra de xogo. Ninguén quere saber nada de nós. Teñen medo a que os identifiquen co diablo que representamos, coma se a estas alturas fose posible confundir a un apolítico lameculos cun comprometido activista. A xente ten medo ata a aparecer no noso blogue, ninguén quere pórse a mal coa Marea, é duro estar fóra de xogo, estar excluído… e máis cando Papa Noel reparte agasallos a dedo que poden chegar aos 18000€ sen necesidade de xustificación algunha. Nós en cambio non podemos ofrecer máis nada que unha choiva de porrazos dos policías e un aluvión de multas. Está claro que árbore dá un mellor cobixo.

 

É certo que a Marea Atlántica comete erros, ten problemas á hora de facer realidade todas as súas aspiracións, pero non é culpa deles. Xa sabemos que a Marea, non é un partido político, tampouco unha plataforma cidadá como eles denomínanse. Eu cada vez teño máis claro que son un ser anxelical que está por enriba do ben e do mal e tan pulcro, que ata os seus pedos cheiran a rosas.

Eles non traizoan os seus compromisos políticos, é o PSOE que lle boicotea, mesmo cando lle di que si a todo, faio para deixarlles quedar mal. Teñen que tomar decisións complicadas como desaloxar aos perroflautas… perdón aos okupas, pero non podemos pedir que Marea eluda as súas competencias, queredes pensar dunha vez no ben común? Que sería desta cidade sen un 23º centro cívico?

Se non fan máis é polas limitacións da vía institucional suxeita a unha infinidade de restricións e burocracias, pero o feito de que todas as súas promesas convertéronse no mellor dos casos en papel mollado, non é motivo suficiente como para esperar que dimita algún dos seus concelleiros ou asesores. Tiveron que vender a súa alma ao diablo en tantas ocasións que agora non van renunciar ao poder e o diñeiro por unha menudencia como esta.

Por enriba de toda crítica hai que destacar os avances “históricos” destes “valentes e honestos” concelleiros que teñen unha incansable vontade de achegarse ao cidadán. No referente á Insumisa, hai que agradecerlles que sexan os primeiros en recoñecer aos okupas como interlocutores e en sentar a negociar con eles nun plano de … igualdade?!. Como diría un amigo meu menos ilustrado pero moito máis sabio que estes lumbreras: estes coñecen ó Gallardón dos anos 90 e mátanse a pallas/dedos.

Mentres tanto, o gandeiro do escritor Juan Rulfo non deixa de pedir a berros: dilles que non me maten! ao seu valente fillo, pero para que xogarse o tipo se o van a matar igual? Estes “compañeiros” aprenderon a lección e prefiren sumarse aos nosos verdugos para consumar o crime, antes de xogarse o tipo e apiadarse de nós, os moribundos. Non ten sentido pedir clemencia, os nosos xuíces xa decidiron nosa covarde sentenza. Neste caso non ten sentido pedirlles un grolo de alcol, a estes verdugos non lles gustan as balas, prefiren a puñalada trapera por detrás e ante esa brutalidade non hai borracheira que acougue a dor.

Ides executar aos movementos sociais, unha loita na que moitos de nós levamos varias décadas. O único que vos pido, é que polo menos sexades máis orixinais e contédesnos novas mentiras, estas xa as coñecemos e dannos noxo.

 

Deixa un comentario