[Cuba] Apertura do centro social e biblioteca libertaria ABRA

Desde Cuba iniciamos este 5 de maio de 2018 unha nova etapa no proceso autoemancipatorio dun grupo de cubanos e cubanas, coa apertura de ABRA: Centro Social e Biblioteca Libertaria.

Este empeño do Taller Libertario Alfredo López (iniciativa anarquista, anti-autoritaria e anticapitalista xurdida en 2012, que forma parte da Federación Anarquista do Caribe e Centroamérica), coa efectiva e vital implicación de colectivos afíns como Observatorio Crítico Cubano, Guardabosques, así como algunhas outras enerxías individuais; tenta construír un espazo autónomo e sustentable na Cuba de hoxe.

Un espazo para promover experiencias e prácticas independentes de calquera goberno foráneo ou nacional, ou institucións que os representen, centrado nas capacidades de quen se involucre. Desde ABRA insistirase nunha práctica que prefigure o tipo de sociabilidade que soñamos, e nun tipo de relacionamiento amigable co medioambiente, que se traduce nun mínimo de consumo cun máximo de solucións propias non contaminantes.

Este novo empeño é esencialmente anticapitalista, pois o capitalismo promove un tipo de relacións entre as persoas baseadas no utilitarismo, a supremacía, a competencia, a ganancia, todo o cal non conduce á sociabilidade que aspiramos. O anterior é sostido polos Estados, as empresas e corporacións que dominan e depredan ao mundo e ao noso país. Por iso o Centro Social colócase nas antípodas de todo o anterior.

Por outra banda, non é posible a emancipación sen formar parte das comunidades. É por iso que ABRA existe para elas e dentro delas, non allea ás opresións que sofren, nin ás vitorias que logran na súa loita. De igual modo involúcrase nas dinámicas de resistencia e creación doutros grupos afíns, a quen lles deu cabida no noso Centro e os nosos proxectos. ABRA pretende achegar un espazo para todas aquelas sociabilidades, persoas e grupos de afinidades que non se limitan ao estreito marco do conflito goberno-oposición, exponse a abordaxe directa e por conta propia das diversas cuestións da vida cotiá e a creación en todas as esferas da realidade. Este espazo sitúase activamente en contra das discriminacións por motivos de raza, orixe étnica, xénero, sexualidade, orientación sexual, identidade de xénero, territorio, nivel de instrución, status económico, e calquera outra en contra da dignidade das persoas. Así mesmo, recoñece a pluralidade de pensamentos (políticos, ideolóxicos, morais, etc.), sen renunciar nunca a exercer os nosos. ABRA bríndase como lugar de confraternización, no medio dunha cidade mercantilizada e vixiada, e ofrece un espazo para a contra-información local, nacional e internacional, a formación autodidacta, conmemoracións, celebracións, encontros; buscando incentivar a precaria escena contracultural, produtiva autónoma, existente na Habana e a rexión Cuba.

O Centro Social constitúese como espazo de comunicación social horizontal para dar voz a aquelas experiencias nacionais e internacionais que non son de interese para as axencias hexemónicas, pero que tributan a unha perspectiva antiautoritaria e emancipatoria que si interesa a quen loitamos en Cuba.

Aquí medios e fins non se contradin: son a horizonalidade, a liberdade da persoa, a participación efectiva a partir da implicación directa.

Centro social e bilbioteca libertaria ABRA

# CentroSocialABRA # ABRACuba

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.