[Compostela] Atividade na casa do peixe: «Como funciona o sistema monetario. O segredo mellor gardado dos bancos»

O próximo dia 11 terá lugar no CSA do Sar umha conversa sobre o sistema monetario e as suas consecuencias sociais e económicas. A partir das 19:30h na rua curros enriquez, nº 28.

Deixamos a info do evento:

Como funciona o sistema monetario.

O segredo mellor gardado dos bancos

Espazo de encontro para charlar e compartir información sobre o curioso funcionamento do noso sistema monetario e das súas consecuencias na economía e na sociedade.

Explicado de forma sinxela calquera pode comprender a trampa oculta neste sistema sen saber matemáticas ou economía. Basta un pouco de interese e esta cuestión abrirá os teus ollos para sempre.
Xa somos moites es que quedamos prendades das consecuencias que ten este descubrimento e andamos a argallar propostas para arranxar este despropósito.

Se te preguntas que se pode facer dende o poder institucional para mellorar a sociedade atoparás unha medida sinxela. Se as moedas sociais che parecen máis do mesmo atoparás inmediatamente unha gran diferencia. Se crees no mundo das criptomoedas poderás por fin distinguir entre o revolucionario e o máis do mesmo. Se non te explicas como puidemos chegar a un mundo tan desigual atoparás unha boa resposta. Sexas quen sexas, esta cita é contigo.

Seguiremos reuníndonos nos centros sociais ata que esta cuestión chegue ao programa de todas as escolas que pretendan educar persoas libres. Entender isto permítenos facer un uso consciente dos cartos e elixir con conciencia que moedas manexamos, máis neste momento onde o monopolio dos bancos centrais está desaparecendo para sempre.

Coma tódalas actividades, entrada de balde!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.