Comunicado de Títeres desde Abajo en relación ao sindicato CNT

Traducimos e reproducimos do seu blogue
Como é ben sabido, ata agora, Títeres desde Abajo estivemos colaborando de forma activa coa organización CNT, actuando en numerosas ocasións nos seus locais e xornadas culturais. Fixémolo así porque sentíamonos próximos a esta organización e pensamos que os monicreques ademais de ser un modo de expresar as nosas ideas poden ser tamén un merecido entretemento e desafogo para aqueles que loitan pola emancipación do ser humano e a destrución de toda autoridade.
Con todo, recentemente tivemos que tomar a decisión de non volver actuar para o sindicato CNT. Entristécenos ter que escribir estas liñas para comunicar que despois de ter noticia de que esta organización emprendese varias accións represivas de carácter legal contra outras compañeiras e organizacións anarquistas (sindicatos da CNT-AIT, militantes do Sindicato de Oficios Varios de Cádiz, Ateneo Libertario de Albacete…) deixamos de considerar á CNT como unha organización afín e fainos preguntar en que lado se coloca CNT na loita de clases cando non ten reparos en acudir á chantaxe e a violencia da lei para criminalizar a outras compañeiras e facer desaparecer ou debilitar a organizacións anarcosindicalistas, cuxa coherencia parece incomodarlles.
Coñeciamos a deriva que estaba a coller CNT estes últimos anos afastándose dos principios anarquistas e transformándose nunha organización centralista, xerárquica e corrupta rompendo a estrutura federativa, adoptándose os acordos de arriba abaixo rompendo así a horizontalidade que se espera dunha organización que se di anarquista e realizando un desfalco dos fondos económicos da organización en pos de beneficios e intereses persoais. Sabemos que moitas compañeiras de CNT o veñen denunciando e cren posible unha rexeneración da mesma, pero para nós, chegados a este punto, a contradición que supón colaborar con quen criminaliza a outros compañeiros é insuperable.
Aproveitamos tamén estas liñas para mandar un abrazo solidario aos compañeiros e compañeiras que foron demandas pola CNT. Para máis información sobre o tema deixámosvos esta ligazón:https://levantecntait.wordpress.com/2018/01/19/a-cnt-denuncia-por-os-tribunais-a-a-cnt-ait/
Saúde e monicreques.

Deixa un comentario