[Coruña] Concentración en Defensa do CSO A Insumisa

Segue a defensa pola Insumisa e os espazos liberados, deixamos aquí a súa convocatoria:

“Este sábado 14, ás 9:30 da manhá no Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, 2), o concello da Corunha convoca a primeira sesión de traballo do proxecto das Naves do Metrosidero. A “copia” institucionalizada e fagocitada polo poder do noso centro social, repártíndose o construído dende abaixo cando índa está vivo, anulando a nosa horizontalidade, a nosa autonomía e autoxestión que identifican un CSO como A Insumisa. Noutras palabras, xerar máis centros cívicos infrautilizados baixo novos nomeamentos.
Como resposta a este proceso de pillaxe, o Grupo de Apoio á Insumisa convoca este sábado ás 9:30 unha concentración ás portas do Centro Cívico co obxectivo de amosar o total rexeitamento da fagotización dun espazo que é de todas, construido de xeito horizontal e autónomo, e tamén pra informar sobre dito espazo, lembrando unha vez máis que as portas están abertas pra calquera colectivo ou persoa que queira participar sen ánimo de lucro.

Polos espazos liberados!
A Insumisa non se merca!

Pd. Se podedes traede instrumentos pra facer barullo: silbatos, cacerolas, pandeiretas ou calquera cousa que se vos ocurra.”

Deixa un comentario