Marea Atlántica humilla a Stop Desafiuzamentos

Isto é o que nos atopamos no Facebook de Marea Atlántica de onte:

“A Coruña foi declarada ‘Cidade Libre de Desafiuzamentos’, grazas a unha moción de Stop Desahucios, presentada pola Marea Atlántica, o PSOE e o BNG”.

Así é, os collóns/ovarios máis grande que unha catedral:

– En Coruña mantense a media de 2 desafiuzamentos diarios.

-Os banqueiros seguen partíndose o cu dos afectados ante o pasotismo dos concelleiros responsables, Silvia e Xiao.

-Ninguén coñece a ningún coruñés empadroado na cidade antes de 2015 que estea a cobrar a Renda Social Municipal (será que a cidade non está empobrecida como dixo Silvia e iso que ela debería saber que é falso, xa que antes de adicarse á política non cobraba nin un euro).

-As 5 vivendas que teñen para casos de emerxencia están permanente baleiras a non ser que teman que un caso salte aos medios e estale o escándalo. Nese caso concédencha en poucas semanas en todo un exemplo de prevaricación.

-Dos preto de 2 millóns orzamentados para adquirir novas vivendas non se gastaron nin 400 000€, e polo menos 2 das 6 casas mercadas eran dun colega íntimo do equipo de goberno.

-O gasto en servizos sociais lonxe de subir, baixou. Marea Atlántica gasta menos en rescate cidadán que o PP, aínda que eles esfórcense en dicir o contrario con datos que a saber de onde os sacan.

-Os emigrantes e os refuxiados podrecen na rúa ou teñen que facer colas de 4 horas para poder durmir no albergue de baixa esixencia de Monte Alto… albergue de xestión privada, por suposto.

E así podería seguir ata o infinito pero imos abreviar. Xa sabemos que con tanto Internet e redes sociais a maioría dos lectores do noso blogue non dedican máis de 5 segundos a ler unha entrada, a non ser que haxa insultos e salsa rosa polo medio. Despois hai quen protesta pola miña maneira de escribir, pero teño máis que comprobado que os únicos artigos meus que se len son os que teñen máis de 5 insultos por parágrafo ou un erro de castrapo que dana a vista.

Pois o dito, a verdadeira moción de Stop Desafiuzamentos presentouse fai xa máis de 1 ano e foi rexeitada bochornosamente polos 4 partidos políticos con representación no Pleno municipal (Marea, PP, PSOE e BNG). Cando fomos ao Pleno cunha pancarta para sacarlles as cores, quedaron tan avergonzados que veu todo o equipo de Marea a poñernos caritas de can mallado e pedirnos comprensión. Posteriormente tivemos unha reunión con eles na que nos dixeron que sí que  ían a aceptar a moción… para retractarse ao pouco tempo e volver tombala.

Como vimos que eran unha panda de caraduras (cousa que evidentemente xa tiñamos máis que claro), dixémoslles que se fosen á merda, ou como diría o homófobo de Xiao Varela, que se fosen a tomar polo cu (a min non me gusta esta expresión porque me parece bastante homófoba pero pódovos asegurar que a Xiao parécelle moi apopiada).

Pasaron os meses e ó Stop Desafiuzamentos actual non hai quen o recoñeza. Os compañeirxs teñen moi boas intencións pero son terriblemente inxenuos. O equipo de Marea tendeu as redes (nunca mellor dito). Prepararon unha reunión na que a parte de Silvia tamén acudiu Xiao e o propio alcalde??!! quen xamais mostrara o máis mínimo interese en reunirse con Stop Desafiuzamentos. O resultado salta á vista: as 12 páxinas da moción inicial convertéronse en 4 e con letra enorme. Das 4 páxinas, 1 e media de exposición de motivos (só palla, presentación da moción), máis de 1 páxina de instar a outro ente público (non compromete en nada ao Concello) e menos de páxina e media de moción real, na que non se respectou nin unha coma do documento orixinal e non se din máis que xeneralidades, ambigüidades e parvadas do tipo:

“O Concello da Coruña manifesta o seu compromiso na realización efectiva do dereito á vivenda digna recoñecido no artigo 47 da Constitución española, e no cumprimento do seu mandato, de promover as condicións necesarias e establecer as normas pertienentes para facer efectivo este dereito”.

Aos que vivimos este proceso non nos ides a enganar, como uns covardes rexeitastes 2 veces a moción: primeiro nin vos dignasteis a contestarnos e logo a rexeitásteis con hipocresías e contradicións que non viramos facer antes nin aos vosos mestres do PPSOE.

Por unha vez podemos dicir que o alumno superou ó mestre, vosotrxs dais aínda máis noxo que os que vos precederon no cargo.

BASTA DE DESAFIUZAMENTOS! MAREA ATLÁNTICA CULPABLE!

NIN CIDADE LIBRE DE DESAFIUZAMENTOS NIN CIDADE DE ACOLLIDA, NON TEDES VERGOÑA!

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.