[Logroño] Primeira sesión do xuízo do “Non Caso do 14-N” tras 5 anos de espera: continúan as montaxes policiais

O 14 de novembro do 2012, finalizaba en Logroño a folga xeral cunha gran manifestación que rematou con cargas dos antidisturbios e con tres persoas detidas. Se ben unha delas (que prefire evitar o impacto mediático) aceptou unha condea rebaixada de seis meses de cárcere que quedará nunha multa de 720 €, as outras dúas, Pablo Alberdi e Jorge Merino, membros da CNT acusados de “inducir a delitos de desorde público, atentado con medio perigoso e lesións”, declaráronse inocentes en todo momento. De feito, Jorge nin se atopaba na manifestación no momento dos disturbios, se non que estaba de camiño ó traballo (vese que a policía sospeita que comandaba telepáticamente ás persoas na mani, se non, non mo explico). Por outro lado, hai imaxes da manifestación e vese claramente que Pablo non fai o que a policía declarou. É máis, este vídeo desmonta por completo as mentiras declaradas pola policía, como que a carga comezou despois de que unha pedra impactase na perna dun dos monicreques, cando en realidade foi despois de que un globo de pintura impactase nun dos seus escudos (será ese o “atentado con medio perigoso”?); ou que a policía non tiña imáxenes das cargas cando no mesmo vídeo vese un policía grabando a escea. De feito, en abril do 2013 a policía recoñece que borrou o material que tiñan por “mala calidade”.

Por outra banda, as condeas son de traca: primeiro piden 7 anos e medio de cárcere para Jorge e 5 anos e 7 meses para Pablo. Logo, no 2013, elevan as penas a 9 anos para Jorge e 7 para Pablo. No 2015, as condeas baixan a 2 anos para jorge e 6 e medio para Pablo, ofrecéndolles o  Ministerio Fiscal no 2017 unha reducción de condea para evitar a entrada en prisión. Ambos rexeitan declararse culpables en todo momento.

Hoxe, tras cinco anos e medio de espera, durante primeira vista oral contra Jorge e Pablo, a xuíza amosou o favoritismo do sistema xudicial para co poder, admitindo as declaracións do xefe superior de Policía de La Rioja, Pedro Mélida, a que se estudie un maior volume de documentación e a que participe un perito facultativo para fiscalizar o parte de lesións presentado por un dos funcionarios, mais denegando as peticiones da defensa relativas á declaración das persoas que tomaron a decisión de destruir as imaxes rexistradas aquel día polas cámaras de seguridade do Palacete do Goberno. Aínda así, a defensa amosou os vídeos da carga, nos que, aplicando un mínimo de sentido común, vese a insostenibilidade das acusacións, mais xa sabemos que sentidiño e algo que non abunda na policía nin xuíces.

Seguiremos informando do caso.

PABLO E JORGE ABSOLUCIÓN!!!

BASTA DE MONTAXES E REPRESIÓN!!!

J.

Deixa un comentario