Se hai dúas semanas falábamos do inicio do proceso de desaloxo do C.S.O. Insumisa, agora xs okupas respostán con retranca nas súas alegacións ao requerimento de expulsión ditado polo concello «do cambio» coruñés. Hoxe finalizaba o prazo para interpoñer recurso e esta foi a resposta, cursada nun rexistro oficial, dende a asamblea do Centro Social:
AO CONCELLO DA CORUÑA
Expte. XXXXXXX
A Asemblea do Centro Social Okupado A Insumisa, notificado o acordo de iniciación de procedemento no expediente referenciado a Don XXXXX, con D. N.I. XXXXX e domicilio a efectos de notificacións en XXXXXX, formula as seguintes ALEGACIÓNS:
-Primeira- Alegamos que alegar alegacións é unha tontería, pois só serviría para dar aparencia garantista e democrática a unha decisión irrevogable tomada de antemán.
Alegamos que aleguemos o que aleguemos ídelo a pasar pola cona.
-Segunda- Alegamos que non recoñecemos a autoridade das institucións post-fascistas do reino Borbónico. Empezando pola coroa e terminando polo servil concello lacaio que pretende desaloxarnos.
-Terceira- Co presente escrito o C.S.O. A Insumisa Declara Unilateralmente a súa Independencia do reino español, a Unión Europea e demais artificiosas construcións sociais encamiñadas á submisión e o espolio do pobo soberano e da natureza. Declarámonos territorio autónomo, libre e autoorganizado; non suxeito ás leis clasistas e liberticidas do estado español nin dos seus esbirros do concello coruñés.
-Cuarta- Alegamos que concedemos ao consistorio e os seus secuaces o máis que xeneroso prazo de 10 días hábiles para:
1ª- Depoñer a súa actitude hostil e represora cara a nosa okupa e demais Movementos Sociais.
2ª- Destinar o millón de euros que pretenden investir no terreo que nós okupamos para o Proxecto Cárcere. Os cartos sobrantes poderíanse empregar en equipamento e acondicionamento para os máis que suficientes 23 Centros Cívicos municipais. No canto de crear un novo, onde xa se desenvolve gratis o que agora pretenden facer cun inmenso gasto público.
3ª- Instauración da Renda Básica Universal.
4ª- Remunicipalización da O.R.A (aínda que quizá sería mellor a súa directa abolición).
5ª- Construción do carril bici.
6ª Despenalización do “Top Manta”.
7ª- Converter Coruña na cidade de acollida de refuxiados que prometestes e, xa de paso, conseguir aloxamento digno para todxs xs sen teito.
8ª- Romper as relacións municipais coa banca privada.
9ª- Gratuidade do Transporte Público. Así como tamén da auga e o abastecemento eléctrico para as rendas baixas.
…
-Quinta- Ofrecemos o xeneroso prazo de 30 días naturais para abolir o diñeiro, acabar coa propiedade privada, destruír o sistema tecnoindustrial, poñer fin ao patriarcado, terminar co traballo asalariado, restaurar a harmonía natural e proclamar incondicionalmente a Anarquía.
Atentamente:
A asemblea do C. S.O. A Insumisa.
P.D.- Un desaloxo…