[Coruña] Así foi a procesión da Santa Cona Insumisa

O domingo arredor das oito comezou a procesión da Santa Cona Insumisa. Partiu da Insumisa, con algo máis de vinte persoas, algunhas con capirotes, outras con antorchas (aínda apagadas) e tamén ondeaba unha bandeira anarcofeminista (morada e negra). A ruta comezou e rematou no CSO, pasando pola Praza de María Pita, onde xusto antes de chegar aparecía unha furgona da Policía Local seguindo a procesión, pero que non chegou a detela xa que meteuse pola Rúa Franja, seguindo ata a Igrexa Castrense, onde pareouse a ler o seguinte texto mentres prendíanse as antorchas a modo de ceremonia:

“Oh Santa Cona que estás en nós,
santificado sexa o teu fluxo.
Fai de nós o teu reino.
Fágase a túa liberdade
no universo enteiro.
Agasállanos hoxe o orgasmo de cada día.
Loita contra as que che ofenden,
como nós loitamos
contra as que nos oprimen.
Déixanos gozar do Santo Clítoris.
Líbranos do patriarcado e libera
ás nosas irmás da sumisión.

Amen.”

Dito isto, continouse por San Andrés e cortando Panaderas ata o Campo da Leña, seguindo por San Xoán e de aí de volta á Insumisa pasando por Orillamar.

Durante todo o percorrido repartíronse estampitas que por un lado tiñan a Santa Cona e por outro o texto de arriba; tamén se repartiron octavillas explicando a larga tradición de represión da Igrexa e o negocio multimillonario que é. Tamén se berráron as míticas consignas de “patriarcado e capital, alianza criminal”, “imos queimar a Conferencia Episcopal por machista e patriarcal” ou cancións populares da “cona da vella”.

Tamén dicir que nun par de ocasións houbo que parar pra recolocar a Santa Conta no altar, xa que en ocasións o vento pegaba moi forte. Mais, quitando isto, a procesións transcurriu sen problemas!

VIVA A SANTA CONA!!!

 

J.

Deixa un comentario