[Barcelona] Fascistas queiman o Ateneu Popular de Sàrria

Esta mañá, entre ás 3 e 4, o Ateneo Popular de Sàrria foi víctima dun ataque fascista, resultando calcinado e deixando varios destrozos e pintadas como esvásticas, cruces celtas ou ameazas como “CDR, estáis muertos” (dirixíndose aos Comités en Defensa da República). Polo visto, a escoria fascista entrou por unha fiestra traseira e comezou destrozando mobles e outros materiais. O ataque produciuse o mesmo día que houbo unha concentración “unionista” e “españolista” na praza Artós.

O Ateneo Popular de Sarrià naceu o 10 de decembro de 2015, cando un grupo de mozos do barrio convocado pola Asemblea Xuventude Sarrià-Esberla okupou a masía na rúa Hort de la Vila 29, propiedade do Concello. Ao mesmo tempo, o patio e o aparcadoiro ao seu carón pertencen ao inmoble La Llave de Ouro. Mentres a masía continúe okupada, a compañía non pode desenvolver as obras porque poñería en risco a integridade do inmoble.

Non é o primeiro ataque fascista que reciben (os cales aumentaron dende a celebración do referéndum), mais nunca aconteceu nada tan grave; polo visto causaron danos á estrutura irreparables e é probable que haxa que derrubalo. O anterior ataque a este espazo produciuse o 26 de xaneiro, onde a xente do ateneo denunciou que forzaran a entrada e fixeran pintadas fascistas.

Por agora non temos moita máis información, podedes seguir o caso no seu facebook. Finalizamos deixando aquí a convocatoria do ateneo desta tarde para manifestarse contra o fascismo:

Esta mañá, por enésima vez, o Ateneo Popular de Sarrià recibiu un ataque fascista e queimaron o espazo facéndoo inútil e poñendo en perigo ó barrio. Dende o Ateneo, lonxe de quedarnos de brazos cruzados, organizamos unha manifestación esta tarde para amosar o noso rexeitamento a esta agresión. Agora máis que nunca seguiremos en pé, activos e combativos. Non desistiremos, a loita antifeixista continúa en Sarrià e nos Países Cataláns. Dende as cinzas do nazismo/fascismo cosntruiremos bastións de dignidade colectiva para repetir unha vez máis,

NON PASARÁN, NON PASARÁN, NON PASARÁN.

J.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.