[Sevilla] Os seis da Macarena: prisión preventiva por okupar vivendas para xente sen fogar

O xoves 15 de febreiro, varias persoas de Corrala Dignidad, proxecto que ten como obxectivo “recuperar espazos abandonados evitando a súa ruina, converténdoos en vivendas e fogares sociais de persoas sen fogar”, okuparon varias vivendas baleiras pra xente sen teito no inmueble construido sobre o solar do que hai tempo era o mítico CSO Casas Viejas, desaloxado no 2007 tras 6 anos de actividade, no barrio do Pumarejo (no norte do casco histórico de Sevilla). O venres pola mañá, tras un enfrontamento cos propietarios, que querían desaloxalas, viu a policía nacional e procederon co desaloxo coa violencia habitual, afectando a persoas que se achegaron ó lugar dos feitos. Isto rematou con 6 persoas de Corrala Dignidad detidas (varias delas son persoas sen fogar). Dende entón, están en prisión preventiva, levando xa 40 días.

Se ben esta medida é totalmente desproporcionada, hoxe mesmo o xuíz prorrogou dita prisión preventiva. A APDHA (Asociación Pro Derechos Humanos Andalucía) protestou porque nin sequera se argumentara o porqué desta medida, que só se pode aplicar cando hai risco de fuga, de destrución de probas ou de volver a delinquir. Tamén se queixa da lenta tramitación dos seus recursos cando, ó haber xente presa, debería ser de especial urxencia.

Cómpre tamén dicir que en Andalucía un 41’7% da poboación está en risco de exclusión e pobreza (según o INE), resultando imposible para moitas familias alugar unha vivenda, incluso de renta baixa, xa que moitas veces non dispoñen dos avais ou mensualidades que hai que pagar por adíantado.

A Corrala Dignidad é un colectivo que só busca axudar a persoas sen recursos e a despenalización da okupación pacífica. Buscan solucións a problemas que o mesmo goberno ten a obrigación de resolver e este responde con violencia e represión.

CANDO A VIVENDA É UN LUXO, OKUPAR É UN DEREITO!!!

LIBERDADE PRA OS 6 DA MACARENA!!!

J.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.