[Santiago] Concerto solidario coa editorial Abordaxe no CSA do Sar

O venres 6 de abril haberá no CSA do Sar (Rúa Curros Enriquez nº 28, Compostela) concertos a partir das 19:30 para axudar a financiar o proxecto de Abordaxe, editorial anarquista que podedes ollar aquí, e que de cando en vez saca números en físico (en breves sacarán o seguinte).

Tocarán as bandas Taiga Dukha (crust tropical dende Vigo), Verbena Velutina (punk surrealista de Compos) e Kali a.k.a. La Negra (rap quinqui dende Lugo).

Deixa un comentario