En defensa de Rocío NauFraga, policía basta de calumnias!!

A policía local abroncou onte, de forma inxusta e desproporcionada, á nosa concelleira de Inseguridade Rocío Naufraga. Estes axentes, de forma demagóxica, afirman que Rocío acudiu o pasado domingo a unha manifestación en apoio a Mame Mbaye (senegalés falecido recentemente en Madrid), acto no que supostamente se faltou ao respecto á policía e se lles acusou de ser uns asasinos.

Entre os manifestantes tamén houbo moito mal pensado que dixo que Rocío acudiu á mani por postureo, para saír na foto e fardar de solidaria. Os que coñecemos a Roci desde hai máis de 10 anos sabemos que as 2 acusacións son igual de inxustas e mezquinas. O único motivo polo que a concelleira acudiu á manifestación foi para facer o seu traballo (si, os políticos traballan ata os domingos pola tarde) que neste caso consiste maioritariamente na nobre labor de multar ós manteiros, porque nas concellerías que ela leva moito curro non é que haxa.

Ao ver tanto negro xunto, a esta gran profesional ocorréuselle que era posible que se puxesen a comerciar sen a correspondente licenza municipal, polo que non dubidou en abandoar o seu lecer e poñerse a currar arreo. Lembrar que os “ coleguis” de Agora Madrid conseguiron a incrible “xesta” de 2 senegaleses mortos en menos de 24 horas e outro inconsciente que levaron coma se fose un saco de patacas, tardando horas en trasladalo ao hospital para que fose atendido. Logro incrible que converte Madrid en todo un apartheid e ao partido de Agora Madrid nun gran partido fascista, nada que ver cos mediocres de Marea Atlántica, que coa súa incompetencia e deixamento de funcións, só conseguiron poñer 15 multitas de merda. Menos mal que desde que Roci encárgase de Inseguridade os rexistros melloraron bastante, aos poucos van collendo carrerilla e cada vez reprimen de forma máis eficiente, agora non só se reprime máis senón que tamén se reprime mellor, pero aínda teñen moito que mellorar para chegar ao nivel do gran goberno do fascismo madrileño.

Por desgraza para Rocío durante o transcurso da manifestación non se produciu ningunha venda, polo que foi imposible incrementar a recadación municipal, de feito, a propia Rocío recoñece que tivo que abandoar a manifestación moito antes de que rematase a mesma, porque: “estar un domingo perdendo o tempo sen poder multar a un negrata é unha parvada” (frase aproximada, xa sabedes que nunca me acordo de levar enriba a gravadora).

O que si que se vendeu durante a manifestación foi a dignidade dos concelleiros Rocío NauFraga (aínda que teña o mesmo apelido que o histórico político da extrema dereita galega non son familiares, de feito o único que teñen en común son os apelidos e os principios), o caradura peseteiro de Sande (a ver se devolves aos okupas dunha maldita vez os 900€ que che levaches pola face) e o deputado de Podemos TrepaTone. Evidentemente ningún cidadán coruñés quíxolles comprar as súas dignidades porque: “vós xa a vendestes moito antes de chegar á política e ben barata ademais”.

Mención especial para TrepaTone. Recordo a un coruñés que no ano 2010 díxolles a un tal Pablo Iglesias e Iñigo Errejón, que ao que puxeran como xefe do CEPS Galicia (obviamente TrepaTone) nos movementos sociais de Coruña non o querían nin de rebaixas. O tempo pasou e a situación cambiou radicalmente, agora xa non o queremos nin aínda que nolo ofrezan a punta de pistola, pero Pablito e Iñigo parece que están moi contentos con él. Como di o refrán: Deus os crea e eles se xuntan, aínda que para ser xustos, hai que dicir que este feito máis parece obra de Satanás que de Deus.

Os policías locais coruñeses poden estar tranquilos, as súas ansias represoras sempre serán bendicidas por esta gran fascista que teñen como xefa e seguro que en breve aceptará a merecida chantaxe… digo reivindicación salarial dos axentes e poñeralles unha nómina que riete ti dos Mossos. Xa se sabe que en tempos convulsos a todos os políticos interésalles ter satisfeitos ós tan patriotas policías, aínda que sexa á conta de arruinar ó resto dos cidadáns.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Xornal anarquista