Iniciado o proceso de desaloxo da Insumisa

Xulio Ferreiro planificando o desaloxo na xunta de goberno

Confirmado, o concello progre e chachi guachi da coruña comezou o proceso de desaloxo do Centro Social Okupado A Insumisa. Tras longos meses mareando a perdiz – que si, que non, que nunca che decides- finalmente decidiron cumprir co plan trazado polo Partido Popular para obrigalxs a desaloxar a okupa coruñesa. A reunión deste luns do equipo de goberno municipal aprobou, coa ausencia do alcalde pero coa participación dxs edís ex-okupas (Sande, Claudia, Xiao e Roci) a “incoación do procedemento para recuperar as naves de metrosidero”. Con este eufemismo aséptico e legalista pretenden agochar a crúa realidade: inician os trámites para un desaloxo puro e duro. Aproban a represión máis descarnada. Dan o primeiro paso para a destrucción “ manu militari” dun Centro Social autoxestionado plural, aberto e asembleario

Pero o peor de todo é que aínda por riba teñen os ovarios de presentar o asunto como unha conquista social, como o seu proxecto estrela, como “un equipamento clave para ofrecer alternativas á mocidade e para a Cidade Vella”. Esquecen de golpe que ata hai pouco eran elxs mesmxs xs que dicían que todo era unha estratexia do Partido Popular para obrigalxs ao desaloxo. Que foron xs conservadores xs que desbloquearon, despois da okupación do inmoble, un proxecto esquecido e paralizado tempo atrás, coa intención de forzar ao concello para escoller entre o desaloxo ou a perda de suculentas partidas orzamentarias. Pero agora resulta que non, que sempre quixeron recuperar ese espazo por motivos altruístas e filantrópicos; ou polo menos é o que agora di o mentireiro impresentable de Xiao Varela, concelleiro de “rexeneración urbana e dereito á vivenda”, termos cos que na orwelliana neolengua “buenrrollera” de Marea refírense á concellería de urbanismo, á que nós, seguindo o seu exemplo de renombrar as cousas con divertidos eufemismos, preferimos denominar como “concellería de senteito, desaloxos, e represión urbana”.
Pero non só cambian o seu discurso para sumarse sen fisuras ás teses do P. P., ao que antes culpabilizaban do asunto e agora plagian argumentos e obedecen cegamente, senon que teñen o morro de convidar xs okupas, xs que pensan desaloxar a paus, a que volvan logo como usuarixs. Vamos, de coña! coma se unha empresa despide a todxs xs seus traballadorxs e logo convídaxs a enviarlles o currículo!
Por suposto o concello pretende culpabilizar do desaloxo xs propixs okupas, xs que acusa de negarse a negociar. Pero que negociacións son esas? Porque ata agora a única oferta do consistorio foi a de: vós marchades polas boas e logo, cando se acaben as obras, volvedes como usuarixs. Iso si, se queredes podedes participar nas pantomimas de reunións participativas para decidir a futura xestión do centro. Reunións consistentes en que todo o mundo pode dicir o que queira para que logo o concello poda ignoralxs supinamente. Un anticipo da futura xestión do proxecto, o que Marea cre que é a autoxestión, simulacros de asembleas nas que todo o mundo pode falar pero só elxs poden decidir. Así que a única oferta sobre a mesa é: xs okupas vanse polas boas e logo volven como calquera cidadán. Ofertón! Hai que estar tolo para rexeitar tanto altruísmo e xenerosidade. Vaia okupas irresponsables, ofrécenlles irse de rositas a cambio de poder volver por alí como unhx máis, como calquera, como quen vai á biblioteca ou ao centro cívico do barrio, e non lles parece ben? Vaia hooligans! Así que onde están as negociacións? Porque sentar nunha mesa coa única proposta de “marchas si ou si, aínda que logo se queres volves como calquera outrx” é o que de toda a vida considérase un “trágala”.
Pero aínda que ofrecesen a lúa. A okupación non se basea en manter a calquera prezo un espazo. Non se queren defender catro muros, nin as actividades que hai dentro. Trátase de defender procesos de autoorganización popular. De crear espazos liberados á marxe do capitalismo e as súas institucións. De xerar outras formas de relacionarmos fóra dun sistema caduco e insano que rexeitamos. De crear Zonas Temporalmente Autónomas como as que teorizaba Hakim Bey, o antigo referente de moitxs dxs actuais mareantes, e ao que agora, polo que se ve, pretenden pasarse pola pedra. A okupación baséase, en definitiva, en ser okupas. E pactar coas institucións a legalización do espazo supón deixar de selo. Por non falar da perda de credibilidade e autonomía que significa ligar o nome e o futuro do centro social a un partido político concreto e o seu fugaz paso polas institucións.
O seu novo proxecto estrela para a mocidade non só é innecesario, posto que as vantaxes e alternativas que ofrecen cun enorme cargo ao erario público xa as desenvolven de xeito libre e gratuíto xs okupas na actualidade, senón que ademais é unha canallada. E é que non hai que esquecer que o Proxecto Cárcere, unha iniciativa cidadá para recuperar a antiga prisión coruñesa, leva moito tempo tratando de conseguir o permiso e o financiamento institucional. Se agora o concello inviste cartos na súa nova ocorrencia de metrosidero terá que relegar a un segundo plano a unha xente que desde hai anos estase currando unha iniciativa similar. Desenganémonos, non hai orzamento para financiar dous Centros Sociais idénticos. Se poñen en marcha as Naves de Metosidero condenarán á morte ao Proxecto Cárcere. Pero se os financiasen a elxs e permitisen xs okupas seguir co seu espazo autónomo e autoxestionado, Coruña gozaría de dous proxectos simbióticos, sinérxicos e complementarios.
Doutra banda Xiao Varela non para de referirse nos medios de comunicación ao seu pasado okupa, poñendo distancia entre A Casa das Atochas e A Insumisa. Pois é interesante lembrar que Xiao, do mesmo xeito que Roci e o deputado podemita Tone, apenas participaron naquela mítica okupa durante un ano, pois tiveron que abandonar a asemblea perseguidos polo descrédito e a malversación. Non foron capaces de respostar da desaparición de grandes cantidades de fondos da caixa común durante a xestión da tesourería por parte do seu grupiño de achegados. En honra á verdade hai que dicir que Sande, a pesar de que agora non lle trema o pulso ao asinar sentenzas de morte de Centros Sociais, mantívose na asemblea atochera ata o final. Así que quizá estxs exokupas institucionalizadxs deberían de ter máis coidado á hora de referirse ao seu pasado, non sexa que de tanto mencionalo acabe por saír á luz.
O proceso do desaloxo xa comezou. Caéronse as caretas e termináronse as ambigüidades. É hora de tomar partido: ou a represión ou a resistencia. Xs espectadorxs só lles quedará a vergoña.
Seguiremos informando.
C.R.

One thought on “Iniciado o proceso de desaloxo da Insumisa

Deixa un comentario