[A Coruña] Concentración por Marielle Franco + Breve explicación do acontecido

A noite do pasado mércores 15 foi executada pola policía no seu coche Marielle Franco, quen, ademáis da quinta forza política de Río de Janeiro, era unha activista negra, feminista e lesbiana que defendía os dereitos humáns e protestaba contra a brutalidade e asasinatos policiais nas favelas, de onde ela mesma procede. Aconteceu mentres voltaba do barrio de Lapa dunha reunión de “Jóvenes negras movendo as estructuras”.

Este era o seu primeiro mandato como concelleira do Partido Socialismo e Liberdade e por redes denunciaba constantemente a violencia policial. O día anterior ó seu asasinato publicou “Cantos máis teñen que morrer?”, facendo referencia a Matheur Melo, un rapaz de 23 anos que foi asasinado ó saír dunha igrexa ó recibir un disparo (a súa familia responsabiliza á Policía Militar).

Xa está confirmado que as balas empregadas para o asasinato son da Policía Federal brasileña. As balas son do mesmo lote empregado na maior masacre de Oscasso, San Gran Pablo, onde asasinaron a 23 persoas. Tanto en San Pablo como en Río manifestáronse varias persoas pedindo xustiza para Marielle, quen acusara a un batallón de facer fosas comúns pra executar a xóvenes das favelas.

O venres coincidía a conmoción pola execución da activista co primeiro mes da intervención militar decretada polo presidente Michel Tremer, polo que o exército manexa a seguridade pública e, por ende, a policía, coa excusa de loitar o narcotráfico e o crime orgánizado (cando a propia policía forma parte do mesmo).

Mañá, mércores 21, ás 19:30, a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha manifestación que irá dende Praza de Vigo até o Consulado  do Brasil, en memoria de Marielle Franco e todas as víctimas baixo o golpe de Temer.

J.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.