Que está a pasar nos cárceres? Algunhas novidades en torno a loita anticarceraria e a situación dalgunhas compañeiras presas

Facemos un repaso do acontecido últimamente en torno aos cárceres e a loita anticarceraria nalguns puntos da xeografía ibérica así como tamén falamos de situacións de especial interese noutros estados onde compañeiros presos seguen en pé de loita.

· Galiza:

Hai uns días falabamos da situación de Alfonso Miguel Codón Belmonte, trasladado o hospital a causa dun novo intento de suicidio no cárcere de Teixeiro. Tamén nesta cadea, outro preso, Pedro Escudero Gallardo, denunciou por torturas e malos tratos por parte dos carcereiros desta prisión. Neste enlace podedes atopar máis información, o comunicado de Pedro, e algunha dirección onde poder apoiar o compañeiro denunciando a súa situación.

· Albocasser:

Dende o cárcere de Albocasser un grupo de presos propoñen facer unha folga de fame colectiva a partir do un de Maio apoiando as doce reivindicacións da proposta de loita colectiva que ten lugar nas cadeas do estado español desde fai máis ou menos dous anos. Máis información aqui.

· LLeida:

Protestas en apoio a Carmen Badía, presa no cárcere de Ponent. Ela leva en folga de fame desde decembro denunciando casos de corrupción para progresar de grado, pedindo o seu traslado. Desde o grupo de apoio a presxs de Lleida piden o envío de postais para que se saiba que non está sóa. Aquí máis información sobre o caso e neste enlace información sobre o envío de postais.

· Marchas as cadeas:

Do un o catro de Marzo tiveron lugar en Asturias unhas xornadas anticarcerarias organizadas por varias colectivas e centros sociais nas que tamén fixeron unha marcha a cadea de villabona denunciando a crueldade nas cadeas. Aqui a crónica da protesta.

Por outra banda en Salamanca o próximo 18 de Marzo vai ter lugar a XXII marcha o cárcere de Topas. 

· Chile:

Condenan a Juan Flores a 23 anos de cadea, acusado de ralizar atentados no metro dos Dominicos e contra o Subcentro. Polo mesmo caso, os compañeiros Enrique e Nataly foron absoltos. Esta é a primeira condena baixo ley antiterrorista en Chile por atentados explosivos tralo inicio da reforma procesal penal, durante máis de dúas décadas. Máis info aqui.

O pasado 28 de Febreiro morre asasinado Patricio Zuluaga durante unha expropiación bancaria. Patricio participou activamente nas loitas anticarcerarias durante a dictadura e a democracia no estado Chileno até o ano 2015 no que consigue sair en liberdade. Neste enlace máis detalles do sucedido.

· Grecia:

O compañeiro Konstantinos Giagtozglou finaliza a folga de fame e sede que levaba facendo desde o día 25 de Febreiro tras conseguir a súa exixencia de traslado a prisión de Korydalos, facendo así fronte a dispersión. Konstantino está acusado de pertencer á organización Conspiración de Células de Lume e de enviar paquetes explosivos a institucións europeas e o ex primer ministro grego. Desde o inicio da folga foron moitas as accións solidarias e as mostras de apoio ao compañeiro. Aqui no enlace unha carta de Konstantinos.

· Alemaña:

A compañeira Lisa trasladárona de penal a uns 60 km de Koln, lugar onde se atopaba anteriormente. Recordamos que Lisa foi condenada por varias expropiacións bancarias na cidade de Aachen.

A súa nova dirección é:

Lisa 07/16/2893
JVA Willich II
Gartenstraße 2

· Rusia:

O próximo 18 de marzo hai unha chamada a solidariedade coas anarquistas rusas coincidindo coas eleccións presidenciais. Durante os últimos meses os servicios secretos arrestaron e torturaron a moitas anarquistas e antifascistas acusándoas de crear unha “organización terrorista”. Do 7 ao 12 do pasado mes de febreiro tivo lugar unha semana de solidariedade internacional onde moitos colectivos e individualidades mostraron o seu apoio as represaliadas.

Deixa un comentario