[A Coruña] Actualizado: Manifestación o domingo ás 19:30 no Obelisco contra o racismo institucional a raíz da morte de Mame

Xa é coñecida a noticia da morte de Mame Mbaye Ndiaye, o vendedor ambulante de 34 anos de orixe senegalesa, tras ser perseguido pola policía polas rúas Paredes e do Oso no barrio de Lavapiés. Digo morte e non asasinato directamente porque por varios medios difundiuse outra versión que di que Mame non foi perseguido pola policía, se non asistido pola mesma mentres sufría un ataque epiléptico. Eu, persoalmente, fíome máis da xente do barrio e do Sindicato de Manteros y Lateros que de periódicos de corte fascista, por non falar da larga tradición de represión racista e xenófoba por parte do Estado ou as contradiccións da mesma policía.

Tamén circularon moito as imaxes e vídeos dos disturbios en Lavapiés orixinados pola veciñanza e coñecides de Mame (aínda que a prensa queira separar entre “a ultraesquerda” e “os manteiros”) a mesma tarde que morreu, dando lugar a cargas dos antidisturbios. Nun vídeo vese perfectamente como unha persoa permanece estática xunto a unha farola mentres avanzan os antidisturbios, chegando ata ela e dándolle un porrazo na espalda e acto seguido un na cabeza, caendo inconsciente ó chan. Esta persoa chámase Arona Diakhate e mentres escribo isto me consta que segue na Fundación Jiménez Díaz, onde ingresou cun traumatismo craneoencefálico e dúas contusións; recibiu 20 puntos. Isto despois de ser arrastrado inconsciente pola UIP ata un portal pra agochar o sucedido. Ademáis, a noite do xoves rematou con varias persoas detidas e feridas e, a maiores das persoas, 16 policías feridos.

A Asociación de Senegaleses en España informan da morte de Ousseynou Mbaye, quen, según SAMUR, parece que foi atendido sobre ás 20:00 na Rúa Olivar por “un ictus, sen símbolos de traumatismo nin violencia” (sospeitoso?) e tamén comentan que foi trasladado vivo ó Hospital Universitario de Moncloa mais morreu o venres.

Por isto e por todo o demáis; por Mame, pero tamén polos CIEs, polas devolucións en quente, polos muros nas súas fronteiras, polos expolios e a represión contra as que loitan:

Este domingo ás 19:30 manifestación no Obelisco contra o racismo institucional!

Convoca África Universal (Asociación de Africanos de A Coruña para o desenvolvemento e fomento da sociedade e cultura africanas), apoiada polo Foro Galego de Inmigración.

J.

Deixa un comentario