Marea Atlántica comeza o proceso para desaloxar a Insumisa. TRAIDORXS!!!

O diario oficial da Marea Atlántica … perdón o diario La Opinión da Coruña, acaba de comunicar que a Marea vai iniciar o proceso para desaloxar o CSO A Insumisa. Non sabemos se é unha pataleta desta pandilla de fascistas que se sinten doídos porque o martes pasado foron tratados como se merecen (bo, merecer merecen outra cousa, pero tampouco é cuestión de dicilo publicamente) ou se xa o levaban pensado de antemán.

Segundo este panfleto claramente proclive ao goberno municipal: “O primeiro paso será ofrecer aos membros da Insumisa o prazo legal de dez días para a presentación de alegacións, antes de requirirlles que abandonen a antiga Comandancia de Obras. Advírtelles de que, en caso de “resistencia ao desaloxo”, poderá solicitar a intervención das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ou impoñerlles multas de ata o 5% do valor do inmoble ocupados cada oito días “ata o desaloxo””.

A estas alturas xa nada nos sorpende dos goberno do “cambio”. Onte morreu un mantero en Madrid despois de 3 anos de continuo acoso dos pistoleiros de Manuela Carmena. Non contentos con isto, o encargado de seguridade do Concello de Madrid repite como un papagaio a versión policial contradicindo a versión de todas as testemuñas. Calquera día sucederá outro tanto no noso Concello, lembrar que  a Madeira Atlántica xa multou a polo menos 15 manteiros e non parece que vaian cesar no seu acoso ata que tamén tangamos un morto na nosa cidade.

A “nova” política xa a ninguén engana. A próxima semana toca estar atentos ás novas de nosxs compañeirxs da Insumisa, porque estes canallas voltan a mostrar o que entenden por “diálogo”.

O CSO A INSUMISA NON SE DESALOXA!!

10,100, 1000 CENTROS SOCIAIS!!!

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.