Tres concelleirxs de Marea Atlántica prestaron a súa cara á pantomima liberticida. Tres edís con pasado okupa: José Manuel Sande (cultura), Rocío Fraga (igualdade e seguridade cidadá) e Claudia Delso (participación) elixidxs para tratar de converter o desaloxo dun Centro Social Okupado nunha conquista popular asemblearia e «buenrolleira». Tres estómagos agradecidos que tiveron que tragarse os pitidos e abucheos da coruña rebelde entre sorrisos nerviosos e miradiñas ao chan. Que duro é ás veces gañarse as túas merecidas trinta moedas de prata!
- A persoa que xestiona os locales gratuitos do Coliseum de A Coruña explicou a problemática de falta de espazo que teñen e estaba interesada en que se abrise outro espazo nas Naves do Metrosidero.
- Ó lado desta persoa, outro rapaz preguntou que plan tiñan pra a inclusión á mocidade de 13-16 anos, xa que tanto repiten o de «espazo para á mocidade».
- Outra persoa preguntou como tería que facer para participar nas Naves (agora non lembro en qué actividade) sen pertencer a ningún colectivo (pregunta que xa se fixera na reunión anterior).
- Alguén preguntou directamente como se ía xestionar o espazo.
- Incluso un señor preguntou: «teremos que pagar algún tipo de recompensa á empresa constructora polo retraso das obras?».
Ben, pois todas estas preguntas sen resposta. Claudia escurriu o bulto nun par delas, dicindo que se conseguiu que participara a mocidade no Espazo Xuvenil na Sagrada Familia e, sobre o modelo de xestión dixo que non quere ser ela a que dicida tal, que é algo que hai que falar entre todes e que está aberta a propostas. Propostas de quen? que colectivos queren colaborar co concello nun espazo que vai desaloxar? A min de momento non me consta ningún, e seica foi Claudia preguntando nalgún outro centro social da cidade que xa colaborara co Concello anteriormente e se lle dixo que non de cabeza, como faría calquera centro social cun mínimo de dignidade. Clauda, isto non é como Proxecto Cárcere, cun colectivo formado pra xestionar o espazo (o cal, por certo, leva esperando máis de 5 anos pra abrir as portas). Se non bastaba escurrir o bulto desta maneira, repetiu o de tomar exemplo da Harinera, en Zaragoza, ou o modelo napolitano. Qué pesadez, e dalle con centrarse en espazos pactados cos concellos e invisibilizar os que non o fixeron. Que sí, que en Zaragoza está a Harinera, pero tamén o Kike Mur; en Sevilla a Casa del Pumarejo, pero tamén a Revolucioná (en situación de desaloxo, xa informaremos próximamente); en Barna o Can Batlló, pero tamén estaba a REA ata que chegou o partido do cambio de Colau… Coma estes, máis exemplos, pero non interesa falar dos ccss que non pactan co poder. Menos mal que unha compañeira non aturou máis e comentou a sensación de deja-vu que tiña, sinalou, unha vez máis, a hipocresía de falar de construir un espazo aberto pra a xente e autoxestionado cando fóra estaba xente de varios movementos e centros sociais da coruña protestando en defensa do espazo co queren acabar. Tamén desmontou o mito do modelo napolitano, lembrando que, se ven 6 ou 8 espazos pactaron co goberno, outras 54 okupas negáronse, e non vai ser que a xente desas 54 okupas son gilipollas. Ademáis, volveu a reincidir na dependencia do concello de turno (que as obras finalizarían antes das eleccións). Claudia non estaba dacordo e dixo que ela sí que cría que se estaban a dar novos datos, nova información… Cal, exactamente? A única información nova foi que van facer reunións mensuais pra «seguir» (comezar) a traballar nos posibles modelos de xestión. A próxima será o sábado 14 de abril, xa que cren que lle ven mellor á xente as findes, por dispoñibilidade (entón por que convocastedes esta un martes, coincidindo coa asemblea da Insumisa como ben díxose arriba?).
En fin, tamén interviu a terceira idade rancia pra queixarse do barullo de fóra e dicir que hai que respetar as opinións dos demáis e non obter as cousas pola violencia (aínda queda xente que ve unha concentración como algo violento), ou queixarse de que a Insumisa non é un espazo aberto porque un neto non puido facer a súa festa de cumpreanos na Insumisa e as actividades da Insumisa non saían nos xornais que lían eles.
A derradeira intervención foi a dun compañeiro que invitaba á xente a pasar por unha asemblea da Insumisa, os martes ás 20:00, pra averiguar como funciona o espazo (e así opinar con criterio).
Eu, persoalmente, creo que a parte técnica (micros) da reunión estaba máis preparada que o contido da mesma, polo menos foi algo novo e orixinal.
OKUPA E RESISTE!!
J.