A nova política xa ten o seu morto. ASASINOS!!!!

 

Hoxe un mantero morreu en Lavapiés mentres era acosado pola policía municipal da “nova” política. Un home morto por vender 4 merdas sen licenza. Que noxo! Acórdome de Pablo Carmona máis coñecido como Panzer e activista histórico de Traficantes de Sueños, o cantante “ molón” de Hechos contra el decoro, Nacho Murgui, okupas e activistas como Rita Maestre, Celia Meyer ou Guillermo Zapata, todos tranquilamente na súa poltrona cobrando o seu soldo a fin de mes sen ningún remordimento de conciencia. Tanta palabrería e fume vendido non pode ocultar a realidade, un home morto polo criminal acoso dos pistoleiros a soldo destes energúmenos.

Piraros dunha maldita vez e librarnos da vosa asquerosa presenza, que vai ser o seguinte, dar unha rolda de prensa ó estilo Jorge Fernández Díaz co Tarajal? Xa non vos queda nin unha merda de vergoña!

ASASINOS!!

Deixa un comentario