Isto é o que opino do acto de Marea de onte: vaia 3 figuras!!

Ante o patético acto de onte da Marea Atlántica que, a pesar de ser un martes e 13, tivo máis de macabro que de cómico, os “redactores” da irmandade pensamos en “agraciaros” cuns “apaixonantes” artigos. Xa vos adianto que o meu non vai ser o mellor nin o máis brillante, pero se cadra si o máis divertido.

O pasado 22 de decembro escribín un artigo cagándome nos 4 energúmenos que presentaron o proxecto de Naves do Metrosidero ( Xiao Lapela, Claudia Deeso, Cago Martínez e Dani Caco) nun acto que non tiña máis finalidade que a de repartirse o futuro cadáver dos okupas da Insumisa e ollo! Nun arranque de cinismo sen precedentes, recibín durísimas críticas por facer ataques persoais aportando nomes… duns políticos!!! Imaxinádevos que os 4 verdugos se chamasen Mariano Rajoy, Feijoo, Negreira e Rosa Galego, tamén sería polémico falar das súas tropelías dando os seus nomes? Por suposto que non, iso facémolo todo o mundo a diario polas redes sociais. Pois que quede claro, como lles gritamos onte: “ agora vós, sodes ou PP”. Piedade cero e maruxoneo vento en popa e a toda vela con nomes e apelidos, para eses son personaxes públicos (personaxes a secas tamén) e dedícanse a atacar e esnaquizar ós movementos sociais da cidade.

Pois o dito, nesta ocasión contamos coa intervención estelar de Jose Manuel Sande, principal imputado do CSO Atochas, antigo compañeiro ao que todos respetamos ata que nos vendeu de forma nauseabunda con esta puñalada trapera. Hai coñecidos que aínda o defenden (frecuentamos os mesmos bares) que nos din que o está pasando moi mal e así debe ser, porque onte respondeu ó noso escrache cun sorriso de orella a orella que riete ti da Pantoja. Por suposto que agradezo de todo corazón esa ledicia, eu tamén teño moi bo sentido do humor, mágoa que o pasado 15 de xuño de 2016 ás 22:16 horas estivese máis serio e me mandase este mail:

 

“Chamou o avogado.Caso arquivado por prescrición. Deberíamos abonarlle 900 euros para liquidar todo. A caixa de resistencia segue viva?

O meu teléfono para calquera cousa é ………

 

Grazas. Apertas”.

 

Así é, lestes ben. 900 eurazos da caixa de resistencia do movemento okupa para o peto dun caradura que se dedica a desaloxar centros sociais okupados. Xa sabes Sande, sigo tendo os mesmos contactos, cando queiras quedamos e devólvesme o diñeiro. O movemento pro okupación da cidade necesita este diñeiro para protexernos de xente como ti.

 

Tamén tivemos o pracer de contar coa participación de Rocío Fraga, concelleira de Igualdade?? e xefa dos policías locais. Como puidemos comprobar o pasado 8 de marzo, o que esta tía entende por igualdade é institucionalizar e domesticar o movemento feminista cidadán (en breve publicaremos un artigo que o explica polo miúdo), e o que entende por empoderamiento da muller é poñer ao machirulo de Xulio Ferreiro para promocionar a convocatoria do 8 M, bufffffff!

 

Rocío ten unha longa e patética traxectoria nos movementos sociais (sobretodo feministas)nos que conseguiu incharlle os ovarios a prácticamente todas as compañeiras que traballaron con ela, que lle acusan de manipuladora, trepa, caradura, oportunista e mesmo de ter comportamentos patriarcais.

 

Gran experta en pedir subvenciones sobretodo co goberno bipartito do PSOE-BNG. Segundo din as malas linguas (e as boas tamén, nisto parece haber unanimidade) as subvencións pedidas eran tan falsas como a palabra dun político, é dicir, nunca ou practicamente nunca, o diñeiro era destinado para o proxecto ou actividade solicitada. Como digo, isto non é máis que un segredo a voces dentro dos movementos sociais e a ninguén lle preocupaba, porque se entendía que estes papelorios non eran máis que unha escusa para conseguir diñeiro para o aluguer e os gastos do centro social que tiñan nese momento (centro social de cuio nome non quero acordarme, pero no que militou bastante xente da “nova” política).

 

O problema chegaba cando se facían cálculos e víase que as subvencións recibidas podían superar os 10 000€ nun ano e nunca había diñeiro para o aluguer, que era de 4 200€ anuais. Onde ía o diñeiro? Tal vez esta concelleira e un señor que anda de deputado por Madrid pódennolo explicar.

 

Para mostra dous botóns:

-no ano 2010 concedeuse unha subvención de 1 000€ para pintar a fachada do local e sí home, o local pintar pintouse, a ver se me animo un día e póñovos unha foto, unha imaxe vale máis que 1000 palabras.

-Gastáronse preto de 1 500€ para un curso de software libre tamén no 2010. Alguén se acorda da celebración de dito curso? Moito me temo que non.

 

Con esta xente controlando un orzamento de case 250 millóns de euros podemos durmir moi tranquilos.

 

Para acabar coa participación municipal tivemos a “honra” de contar coa presenza de Claudia Delso. Tanto lle gustou o acto do 21 de decembro que foi a única que repetiu. É a concelleira de Participación Cidadá??? Concellería máis coñecida como a de desaloxos e represión dos centros sociais. Entre os seus moitos éxitos están os orzamentos participativos, o CoLab e agora as Naves do Metrosidero, por falar só dos máis mediáticos e dos que máis orgullosa se sente. Para ver o seu éxito non hai máis que preguntar a calquera cidadán que é o CoLab ou que actuacións e obras realizou o Concello a partir dos orzamentos participativos. Se algún cidadán che  sabe respostar merece un premio. Menos mal que falamos de participación cidadá.

 

Tamén é de dominio público que esta concelleira pasouse numerosos anos vivindo de okupa en Barcelona mentres estudaba, o cal me parece estupendo. Tendo en conta os prezos da vivenda en Barcelona é moi difícil que unha chica se vaia a estudar a Barcelona sen beneficiarse dunha okupación. O que non entendo é como é posible que unha chica que coñece de primeira man a importancia e a lexitimidade do movemento okupa, agora ten os ovarios de dicir que unha okupa non é o espazo apropiado para xestionar un centro social, chegando a pedir expresamente a usuarios do CSO A Insumisa que deixen de acudir ao mesmo!!! O dito, uns ovarios como a catedral de Santiago.

 

E así están as cousas, estes 3 ex okupas son os encargados de xestionar o desaloxo do CSO A Insumisa e destripar o cadáver dun centro social que, ó seu pesar, aínda segue moi vivo.

 

O próximo 14 de abril está programada unha nova reunión na que prometen abraiarnos con máis, pero non peor, porque máis baixo xa non poder caer.

 

Ós mareantes que lles vai a indignar o meu artigo, xa lles adianto que máis me indigna a min que utilicen a testa para cagar e o cu para “pensar”. Que deixen as súas “ interesantísimas” opinións na caixa de queixas e suxestións, que o teño no mesmo sitio no que deposito o voto en cada acto electoral, o colector máis próximo.

 

MAREA E PP A MESMA MERDA É!!!

AGORA VÓS SODES O PP!!!

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.