[A Coruña] Concentración en defensa do CSO A Insumisa

Difundimos por aquí a concentración de hoxe:

https://www.facebook.com/events/338058710038611/

“Mañá, martes, ás 19:30 no Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, 2), o concello da Coruña convoca unha vez máis unha reunión pra informar sobre os avances do proxecto das Naves do Metrosidero, a “copia” institucionalizada (e, polo cal, de copia ten pouco, ó perderse a autonomía e autoxestión que identifican un CSO como A Insumisa). Noutras palabras, repártense o construido dende abaixo cando éste aínda está vivo, ademáis falando dunha “infraestructura de barrio”, “para a mocidade” e “inclusivo”, cousa que xa é A Insumisa actualmente.

Como resposta a este proceso de pillaxe, o Grupo de Apoio á Insumisa convoca este martes ás 19:00 unha concentración ás portas do Centro Cívico co obxectivo de mostrar o total rexeitamento da fagotización dun espazo que é de todas, construido de maneira horizontal e autónoma, e tamén pra informar sobre dito espazo, lembrando unha vez máis que as portas están abertas pra calquera colectivo ou persoa que queira participar sen ánimo de lucro.

Polos espazos liberados!
Okupa e resiste!”

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.