Pseudociencia, raperos e blasfemias. Sobre a inquisición moderna

Este sábado estaba prevista unha charla de Josep Pámies sobre medicina natural nun hotel da Coruña. O hotel cancelou a charla ante as presións daquelxs que acusan a este agricultor de pseudo-científico. A charla preparouse noutro hotel do que non se ían a dar datos ata poucas horas antes do comezo do evento, pero a filtración do lugar conseguiu cancelalo por segunda vez consecutiva. Finalmente a intervención deste naturópata programouse no C. S.O A Insumisa, un espazo okupado e autoxestionado, menos permeable ás presións e persecucións da bienpensancia , pero a decisión da asemblea que o xestiona, aínda que favorable finalmente á realización da charla, non estivo exenta de polémica. E é que o discurso da prohibición e a censura de toda aquilo que non se amolda ás estreitas marxes argumentais do diñeiro e o poder calou tan fondo na nosa sociedade que, sen querelo, fíltrase ata polas costuras do mundo contestatario. E non se trata aquí de estar ou non de acordo con todas as teses que defende Josep Pámies sobre medicina alternativa (eu mesmo acábome de vacinar de enfermidades tropicais, penso que a SIDA si que existe e probablemente trataríame con quimioterapia se fose preciso), trátase do dereito para expresar e debater libremente daqueles temas que cuestionen o establecido.
Detrás da persecución a este agricultor adicado ao cultivo e promoción das plantas medicinais non só atópanse os escuros intereses das multinacionais farmacéuticas, que tamén, se non que hai sinistras intencións de moito máis profundo calado. A utilización da ciencia como anatema para satanizar todo aquilo que aínda non foi debidamente estudado responde a unha lóxica moito máis perversa que a dos simples dividendos. O que se pretende con esta substitución da figura do cura pola do científico, á hora de marcar os autos de fe da verdade incuestionable, é prohibir e reprimir, “manu militari”, calquera expresión pública que se afaste da nova doutrina do poder. Preténdese xerar unha nova verdade incuestionable, supervisada desde o mercado e as institucións, que se superpoña á liberdade de expresión. Pouco lles importa que moitas cousas que aínda non foron probadas pola ciencia probaranse sen dúbida no futuro; ou que, como pasou moitas veces, algunhas “verdades” científicas actuais serán refutadas máis adiante de xeito empírico. O que os doutores din, e o poder corrobora, é a nova palabra de deus. Quen a contradiga corre perigo de herexía. Pero o paso seguinte a dicirnos o que podemos ou non dicir en público (e o que podemos ou non escoitar) é aínda máis atroz, porque eu penso que a intención oculta tras toda esta montaxe liberticida é a da medicación obrigatoria. Pretenden impoñernos a utilización forzosa daqueles medicamentos que ao capital e ao estado lles interese. En nome de salvar vidas xa empezan a falar de vaciñar aos nenos contra a vontade dos proxenitores (cousa que en Italia xa é un feito). Pero nun futuro non me sorprendería que nos prescriban a todxs o uso de fármacos obrigatorios coa escusa de evitar a propagación de enfermidades. Cercenando o noso dereito á libre elección en nome da saúde pública. E, xa de paso, patoloxizar calquera comportamento que se salga da norma, que será considerado enfermidade mental e susceptible de ser tratado convenientemente con medicamentos.
Coma sempre que o sistema pretende amputar dereitos sociais, primeiro debe preparar o terreo. Antes de comezar coa cirurxía fai falta suministrar a anestesia. O que, aplicado ás nosas liberdades, confórmase cun clima mediático de alarma e perigo que permita utilizar o escalpelo liberticida co aplauso da cidadanía. No caso que nos ocupa, o da prohibición de prácticas e discursos que cuestionan a medicina oficial e a hexemonía das compañías farmacéuticas, iso tradúcese na creación de histeria colectiva contra a “pseudo-ciencia”, canalizada a través da explotación mediática de casos illados de persoas que faleceron mentres tomaban tratamentos alternativos. Pouco importa o analizar se esas persoas sobrevivirían con terapias convencionais (pois moitos deses casos son de individuos xa desahuciados polos médicos), e moito menos interesa o facilitar a interminable lista de persoas que perderon a vida por neglixencias do sistema de saúde oficial. É moito mellor axitar a bandeira dos nenos mortos por non tomar esta ou aquela vacina, ou por deixar de tratarse cunha quimioterapia que tampouco garantia a súa supervivencia.
Pero non quero facer aquí unha defensa sen concesións do rexeitamento á medicina tradicional (entre outras cousas porque eu, como xa dixen antes, vacínome e tomo medicina cando o vexo conveniente). O que pretendo defender é o dereito para elixir por min mesmo como quero curarme. Aínda diría máis: mesmo reivindico a miña soberanía para decidir se quero curarme ou non. Pero, xa sen ir tan lonxe, ao que xamais estarei disposto é a que me arrebaten o dereito para escoitar o discurso que me prazca, para así decidir por min mesmo o que quero ou non quero crer. Xamais lle deixarei ao estado (nin á igrexa, nin aos científicos, nin a ninguén en absoluto) a capacidade de decidir por min aquelas cousas que eu deba ou non escoitar. E iso precisamente é o que agora mesmo está en xogo.
Impedir que Josep Pámies poida dicir o que pensa mediante a cancelación das súas charlas é censura. Iso significa que persoas que se cren intelectual e moralmente por enriba dos demais se arrogan o privilexio de decidir o que podemos ou non escoitar o resto dos mortais. E isto, fai tan só uns anos, non pasaba… ou polo menos non pasaba tanto. Pero ultimamente estase xerando un clima inquisitorial no que a liberdade de expresión (así como os dereitos sociais) atópanse en franco retroceso.
Para min non é casual que esta cruzada contra a medicina alternativa prodúzase á vez que a persecución de raperos polo contido ideolóxico das súas letras; ou que as razzias xudiciais contra blogueros e twiteros por supostas apoloxías terroristas, comentarios ofensivos, ou mesmo por contar chistes por internet. O clima totalitario de persecución ideolóxica foise infiltrando na nosa sociedade de maneira subrepticia e paulatina ante as nosas narices. E o peor de todo é que o fixo en nome da liberdade e da democracia!
Toda europa alucina ao ver como en españa mándase ao cárcere a independentistas cataláns acusados de “rebelión” e “sedición”, cargos que ao resto do mundo (e a calquera persoa con dous dedos de frente) lémbralles a vizcondes con perrucas bailando minué ao compás do clavicémbalo. Pero aquí, como “spain is diferent”, parécenos a último moda en liberdades democráticas. Do mesmo xeito que resucitar o delito de “blasfemia”, agora chamado “ofensas contra os sentimentos relixiosos”, parécenos un moderno guiño retro ao noso pasado inquisitorial. Torquemada debe estar regocixándose na súa tumba… se é que non se levantou para pasearse libremente polos pasillos da audiencia nacional.
No campo da persecución de comentarios internauticos, tan en boga ultimamente (e que, oh! casulaidad das casualidades, só afecta as persoas de esquerdas), a palma de ouro e para a condena de Cassandra Vera por chistes sobre Carreo Branco. Pero a ver, este señor non era o presidente dun goberno fascista e asasino que esmagou a democracia en españa? Porque é un feito constatado que a morte de tan infausta personaxe acelerou canto menos en varios anos (se non décadas) a chegada do sistema constitucional e pseudo democrático que agora padecemos. Así que, na miña opinión, non só deberíase de permitir e aplaudir o facer chistes sobre a morte deste señor, o mesmo que coa morte de Hitler, se non que os integrantes do comando etarra que o asasinou deberían ser enxalzados nos libros de texto como pais fundadores da democracia. Sendo honestos e agradecidos, ata deberían erixirles unha estatua equestre ás portas mesmas do parlamento dos deputados coa inscrición en pedra: “Gloria eterna aos heroes constitucionais”.
A toda esta escalada liberticida habería que sumar a aplicación sistemática e indiscriminada dos preceptos represivos da “lei mordaza”, sancionando con profusa aleivosía unha infinidade de actos de protesta que ata agora considerábanse amparados pola máis elemental liberdade de expresión. Desde multas desproporcionadas por levar camisetas con lemas improcedentes, ata persecucións de xornalistas por gravar desmadradas actuacións policiais. E iso por non falar dos recentes secuestros de libros por orde xudicial. O caso é deixar ben patente que en españa só exprésase libremente aquilo que non contradiga a lóxica dominante. Evidentemente este cúmulo de regresións sociais, xa non só auspiciadas polo poder, se non tamén aplaudidas polo populacho, non son casuais ou anecdóticas, se non que conforman unha peligrosísima regresión cara tempos máis totalitarios.
O feito de que practicamente xa non exista prensa escrita que non se encadre na dereita, apontoa o aplauso popular á amputación de liberdades. Convertendo os desmáns represivos en saludables exercicios democráticos.
É por todo isto que xa non é de estrañar que o que antes a todo o mundo parecíalle o máis normal do mundo: que un naturópata imparta unha charla sobre plantas, agora sexa considerado coma unha ofensa sacrílega que debe ser prohibida no nome da ciencia. Con todo non vexo eu a todxs esxs adaíles da razón empírica mostrando igual énfase por pechar igrexas, onde as patrañas (xa non pseudocientíficas, senón anti- cientificas) son o pan o noso de cada día. Como tampouco vexo que senten no banquillo dos acusados a twitteros fascistas, chistosos anti-musulmáns ou cantantes neonazis. E é que para a moderna censura os raseros son moi distintos segundo esteas situado a un lado ou outro da lóxica do poder.
Pero “con la ciencia hemos topado”!
C.R.

5 thoughts on “Pseudociencia, raperos e blasfemias. Sobre a inquisición moderna

  1. Penso que calquera que analice o contexto no que esa ciencia se desenvolve e adquire características dogmáticas volvéndose incuestionable e unha verdade que se autoconfirma a sí mesma de xeito automático, pode entender que non é casual que os discursos de mediciña alternativa ou autoxestión da saúde sexan censurados dese xeito. Se partimos de que a mediciña oficial sempre estivo estreitamente vencellada ao desenvolvemento dun sistema que xa nas chamadas “cazas de meigas” esmagou a todas aquelas comunidades que conservaban coñecementos de mediciña tradizoal e un autocoñecemento profundo dos seus corpos, e impuxo un modelo de dependencia; se pensamos en que esa mediciña baséase en producir o máximo beneficio para a minoría elitista a costa de quen sexa e do que sexa, e entendemos que o beneficio das farmacéuticas depende totalmente de que a xente estea enferma, non debería custarnos moito chegar á conclusión de que o seu papel filantrópico e o seu humanismo son falsos, máxime cando esas mesmas farmacéuticas seguen negándose a compartir o seu producto cos países empobrecidos polo capitalismo occidental, onde seguen a morrer moreas de persoas por enfermidades curables porque non sae rentable mandarlles mediciñas (algo que tamén comeza a pasar aquí, con listaxes de espera kilométricas). Pastillas e xarabes avalados polas far-mafias para fuxir das enfermidades da civilización, consecuencia de vivir como vivimos… Respirando fume, alimentándonos mal, estresadas, agobiadas, con ansiedade e ata arriba de vicios e drogas. Isto por non falar do carácter profundamente patriarcal e transfóbico do discurso biomédico oficial…

    Non digo que haia que renunciar a calquera fármaco, pero tampouco negarse a, como mínimo, escoitar o que os detractores da ciencia moderna teñan que dicir. Logo que cada quen escolla.

  2. E dentro do movemento libertario esa censura non é menos importante… Sirva como exemplo o que fixo a organización do Encontro do Libro Anarquista de Cádiz, vetando a asistencia a unha distribuidora anarquista de Madrid por ter entre o seu catálogo de edicións propias dous textos, un sobre negacionismo do SIDA e o outro sobre o cancro e as críticas contra as quimios e outras terapias. O feito de que non elexiran outra medida máis asertiva (organizar un debate ao respecto, ou dar espazo a esa distri aínda que fose pedindo que non levara eses dous fanzines), decidiran optar por vetar a esa distri de xeito total só por ter eses dous materiais… Di bastante sobre a realidade dos nosos “movementos de crítica do establecido”, eses nos que se presume de desaprender, de deconstruir e de non dar por absoluta ningunha verdade, pero que logo…

    Aquí máis info: https://distribuidorapeligrosidadsocial.wordpress.com/2017/07/04/prohibicion-de-montar-en-el-encuento-del-libro-anarquista-de-cadiz-por-tener-materiales-disidentes-sobre-salud/

  3. E qué mellor xeito de atopar o coñecemento que achegarse a todo o que leve o seu nome, lexítima ou non lexítimamente? Se Josep Pamies é un charlatán ou non, podemos non sabelo, pero non é mellor xeito de descubrilo ter a oportunidade de acceder directamente ao seu argumentario é rebatilo cando sexa preciso? Non é máis perigoso censuralo e deixar que chegue xusto a aquelas persoas que non o van rebatir, que permitir que as que poden facelo teñan a oportunidade de botar abaixo o argumento falaz, sementar a dúbida ou contrastar, chegando así a unha maior parte da sociedae, e especialmente a aquela máis susceptible?

    Pero semella que isto pon en evidencia outro problema non menos importante.. á nosa inccapacidade de facelo. A maioría de nós, non temos o estudo inicial, non temos o traballo persoal sobre a materia, non temos as ferramentas.. o único que temos é unha confianza cega na información que o sistema global verte sobre nós. Con isto, non pretendo cuestionar a veracidade de toda a información que recibimos, senon a nosa postura á hora de aceptala.
    Temos internet, onde todas podemos acudir para encher tanto como poidamos os nosos petos de datos, e asistir despóis á charla en cuestión con un pouco de dignidade e ben dispostas. Pero isto é unha evidencia da nosa fraxilidade ante a información que recibimos, veña do sistema ou non. Podemos ler que o virus “X” foi aislado no ano “Y” pero non temos claro o que isto significa, non sabemos se as ferramentas ou o método utilizado é infalible, ou sequera se é determinante; non sabemos o que significa e o que implica; non sabemos en qué termos se fixo, quenes o fixeron, se alguén máis o comprobou despóis.. O único que sabemos é que así foi comunicado, e tal cal o asumimos na nosa vida, facéndoo fundamento na nosa concepción da realidade. Con isto non pretendo, insisto, cuestionar a veracidade desa información, senon o xeito no que tan apaciblemente a aceptamos. Por iso penso que é preciso insistir na necesidade de cambiar o método, de achegarse ás fontes primarias e á experiencia persoal, nun tempo no que a complexidade buscada ou imposta, a especialización, a desconexión e delegación do fluxo vital da búsqueda, fainos asumir preceptos alleos sen cuestionalos, sexa cal sexa a súa orixe.

  4. Proximamente en sus mejores okupas:

    – Charla: La Tierra es plana.
    – Debate: El cambio climático es un invento
    – Mesa redonda: Las razones del supremacismo ario.
    – Sesión magistral: Las vacunas controlan tu mente.

    Organizan: Colegio Hogwards de magia y hechicería.

    No se lo pierdan!

    1. Evidentemente ti non visches a charla, pero claro, contároncha, e menudo es ti opinando do que non sabes!
      Porque moita da xente que viña con prexuízos a ver a charla, e discutir chegado o caso, saíu pensando que non tiña nada que ver co que lle dixeran. Pero cando o sistema difama a alguén, ata moitos dos que van de progres tráganse a carnaza!
      Pola miña banda alégrome de haber ido para disipar moitos dos prexuízos que me fixera ao respecto.
      C.R.

Deixa un comentario