Así foi a manifestación do 4 de marzo

Achegándose o Día Internacional da muller Traballadora, convocouse o 4 de marzo unha concentración a nivel nacional en Vigo. Comezou na Rúa Vía Norte sobre as 12:00 con milleiros de persoas entre as que estaban distintos colectivos feministas galegos que convocaran (varios estudiantís e de centros sociais autoxestionados) e o batiburrillo de sindicatos de sempre. Se ben nun princpio estaba planificado que a sección mixta da mani estivera ó fondo (a orde era colectivos feministas, colectivos de mulleres, secretarías e/ou vogalías das mulleres das organizacións mixtas, onde se situarían os homes que acudiran á convocatoria), ó final mesturáronse bastantes homes ó largo desta, mais é certo que estivo encabezada únicamente por mulleres e que no fondo había un cúmulo de homes.

No percorrido, que foi ata Praza Berbés, cortáronse as rúas ó son dos tambores das compañeiras, encabezadas por unha pancarta co lema “Para transformar a vida das mulleres: folga de coidados, folga laboral e folga de consumo”. Había pouquísima  policía, o cal pódese ler como unha mostra do en serio que se tomaron a mani e o medo que tiñan de que desenvocara en algo meirande. O pouco comezar a andar, comezouse a atacar varios negocios con globos de pintura azul e pintadas como “nom esquecemos nem perdoamos” ou “vivimos na vinganza” a ambos lados da rúa, lembrando a tráxica orixe do 8 de marzo onde morreron máis de cen traballadoras, a maioría inmigrantes. Algúns establecementos foron: Zara, Pelostop (depilación láser), El Corte Inglés, iberCaja, Icaria (beleza e benestar), AXA, Banco Sabadell, CaixaBank, BBVA, Santander, Banco Pastor, Lotería y Apuestas del Estado, Banco Popular, Afundación, Kutxabank e Faro de Vigo.

Unha vez na Praza Berbés sobre ás 14:00, reuníronse as compañeiras arredor dunha carpa pra escoitar o manifesto, o cal tivo como rasgo fundamental unha gran interseccionalidade, inclusivo con persoas trans, intersex, migrantes, non heterosexuáis, en apoio do rural e contra o capitalismo e o colonialismo. Un discurso que prendeu aínda máis o lume nos peitos das loitadoras.

Tras rematar en alto o discurso comezou a batucada feminista chegando ás veces a versionar cancións coñecidas con letra feminista, arrincando así a bailar a mulleres de todas as idades, porque, como din no manifesto facendo referencia a Emma Goldman, “se non podemos bailar, debater, reflexionar, cantar ou facer berrar as paredes, a revolución non nos interesa”. Tamén houbo xantador vegano e concertos e poetas varias. Moita xente voltaba a medida que chegaban buses da mani, rematando con bailes e batucada resgardades da choiva a iso das sete.

Falando con algunhas compañeiras comentaban que o resultado foi bastante bo e que se notou unha melloría con respecto a anos anteriores nos que se gritabas moitas das consignas usadas este día (do nivel de “patriarcado e capital, alianza criminal”, sen máis) mirábanche como se foras unha terrorista, ou a criminalización e chivateo de compas que facían pintadas, coma o ano pasado en Santiago, onde unhas mulleres pedían á policía que levaran a unhas rapazas. Este ano non pasaron cosas semellantes e respetouse máis o espazo de mulleres. Ademáis, levouse a loita feminista máis aló da loita pola igualdade, pois como di Silvia Federicci “a igualdade é un termo que conxela o feminismo: por suposto que nun sentido xeral non podemos estar contra á igualdade, mais noutro sentido dicir só que luchamos pola igualdade é dicir que queremos a explotación capitalista que sofren os homes”.

Nada máis que engadir, deixamos a continuación o manifesto.
Manifesto de Galegas 8M para o Día das Mulleres 2018

Arriba a loita das mulleres!
A revolución será feminista ou non será!

One thought on “Así foi a manifestación do 4 de marzo

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.