O crimen das ONGs: empresas SINÓNIMO de lucro

Síntoo polos poquísimos voluntarios que de boa fe colaboren con estes merdas (cada vez menos) e por eses traballadores de mini Ong que realizan un honesto labor (tan honesto como xeralmente inútil, ás veces mesmo prexudicial) pero é que a actividade levada a cabo polas principais Ong internacionais é propia de auténticos enrgúmenos.

A filosofía mesma destas organizacións xa é máis que cuestionable: o asistencialismo acrítico, tratando a miseria e a fame como consecuencia da nosa falta de sensibilidade individual en lugar de como a causa do criminal sistema económico mundial e a difusión do absurdo de que basta con doar as migallas que nos sobran para que un grupo de bos cristiáns resolvan todos os males do capitalismo, é tan demencial que xa merece todo o noso rexeitamento. Pero é que a dexeneración na que caeron hai xa moitas décadas, convértelles nun inimigo ao que combater tan terrible como calqueira outra empresa multinacional.

Un dos espectáculos máis bochornosos destas Ong produciuse no ano 2010, con ocasión do terremoto en Haití que provocou máis de 300 000 mortos. Os medios de comunicación do “1º Mundo” bombardeáronnos con centos de imaxes e verborrea sensacionalista que xa sabemos a que conducen. Obviamente esta desgraza non lle quitou o soño a ningún “bo” cidadán “primeiro mundista” nin animou a ninguén a combater este podrido sistema que é o verdadeiro causante destes masacres (cando os terremotos prodúcense en California ou en Xapón os resultados son moi distintos) pero si que provocou un certo remordimento de conciencia, que nesta ocasión precisou dunhas doazóns de máis de 9 000 millóns de dólares en todo o mundo (cifra que só se conseguiu alcanzar cando houbo o tsunami no sureste asiático) para acougar as mentes dos nosos concidadáns máis “solidarios”.

As grandes Ong frotábanse as mans ao ver tanto diñeiro que se ían a levar, pero a avaricia rompe o saco. A estas alturas ata o máis inxenuo sabía que a maior parte do diñeiro ía derrocharse en burocracias, choriceos e os multimillonarios soldos destes criminais, o que poucos esperabamos é que ían disimular tan pouco. 9 000 millóns de dólares despois e nin sequera garantiron a auga potable nun país cunha extensión de menos de 30 000km2 (máis pequeno que Galicia!!!!) campando o cólera ás súas anchas por toda a illa.

8 anos despois faise público que “traballadores” de Oxfam utilizaran os fondos recadados para contratar prostitutas, moitas delas menores de idade, complementando estas atrocidades coas numerosas violacións ás mulleres haitianas. Pouco despois destapouse que Oxfam tivo noticia destes abusos limitándose a ocultalos por medo a perder doazóns e aínda a día de hoxe seguen saíndo casos de abusos sexuais dentro de diversas Ong, nunha aberración que cada vez se parece máis ao escándalo dos curas cristiáns pederastas.

Xa vai sendo hora de que a xente deixe de confiar nestas macro multinacionais mal chamadas Ong, que non teñen outra finalidade que o de ser solidarios cos seus propios petos. Xa se fixeron público máis de 130 casos de abusos sexuais (obviamente non son máis que a punta do iceberg), deles 87 en Oxfam, 31 en Save the Children (vaia nome, a ver se conseguimos salvalos nenos de vós), 6 en Médicos Sen Fronteiras, 5 en Cruz Vermella, 2 en Christian Aid…

Escándalo que se suma ao dos merdas de Cruz Vermella que venden por 67€ as bolsas de sangue que os cidadáns doan gratuitamente en Madrid e que durante anos paseáronse por Guantánamo aceptando non facer pública ningunha información sobre a situación dos presos, coma se a “solidariedade” puidese ir unida ó silencio ante os maiores atentados aos dereitos humanos. Tampouco fará falta que lembre o comportamento de decenas de Ong cristiás que levan séculos impoñendo as falacias da súa maldita secta e a súa asquerosa forma de ver o mundo, coa escusa de “axudar” aos necesitados, ou lembrar as hordas de comerciais destas empresas que enchen as nosas rúas, contando cínicas mentiras para conseguir gañar un mísero soldo a final de mes.

Para ilustrar o lixo que son estas empresas SINÓNIMO de lucro, aquí déixovos un fragmento do libro “IKEA, un modelo desmontable”, no que UNICEF Bélxica descríbenos o “marabilloso” que é traballar no IKEA da India, realmente nauseabundo:

“Visitamos dos unidades de producción; una más artesanal, la otra más industrial. Lo que llama la atención es la limpieza de los locales, flores por todos lados, una preocupación ética en el marco laboral. No hay que obstinarse tanto y empujar la puerta de metal para entrar en el hangar, que fue lo que hicimos. Y felizmente estaba bastante sorprendido. Tuvimos la oportunidad de conversar con dos obreros que hablaban inglés, lo cual es bastante raro. Además, una persona del grupo entendía la lengua local. Y, en resumen, en los dos grupos, el lugar de trabajo era sano, bien ventilado. IKEA impuso sus condiciones aquí: que la gente tenga un contrato con todas las de la ley, lo cual no existe en la India. En el interior de la fábrica, el piso está limpio, la pavimentación está marcada con pasillos de paso. Por doquier, letreros con la prohibición de trabajo de los niños. Otra cosa muy sorprendente es que IKEA obligó a sus proveedores a instalar una enfermería en beneficio de los trabajadores y su familia. En India, es sinceramente revolucionario. Algo asombroso también es que existe una delegación sindical para discutir pequeños problemas. Por fin, una cafetería en donde pudimos comer. Finalmente, cuando uno habla con la gente, lo más importante para ellos es tener un contrato”.

Isto é o que contaba UNICEF Bélxica e esta é a realidade: Unha traballadora india chamada Manjula gañou 31,8€ en outubro do 2005 por 24 días de traballo, máis da cuarta parte destes ingresos se poden gastar no bus que colle para ir o traballo. IKEA é unha empresa que factura máis de 30 000 millóns de euros anuais en todo o mundo.

Deixa un comentario