O caso do 20J: Arrestadxs nunha protesta anti trump o dia da sua xura coma presidente – 200 persoas enfróntanse a 6 décadas en prisión só por participar nunha manifestación

Fai xa un ano e uns meses que Trump é presidente. O pasado 20 de Xanerio de 2017 foi a ceremonia inaugural do seu mandato e a súa toma de xura coma presidente en Washington D.C. Para plantarlle cara a todo o que suporía o pesadelo que está a ser o seu mandato, activistas de todo tipo fixeron unha chamada ao boicot inaugural. A intención: interromper o que podería supoñer a lexitimación do Fascismo 2.0 en caso dun evento exitoso no que Trump toma o poder ante as cámaras con miles de fans aclamándolle.  

Unha de estas respostas viu de parte dos anarquistas norteamericanos que organizaron unha marcha Anti-Capitalista/Anti-Fascista acompañada de barricadas en diversos puntos da cidade. Unhas 500 persoas conformaron un grupo o que se foi sumando xente que marchou libremente polo norte da cidade. Da atmósfera desa xornada saen xoias do internet coma o meme-puñetazo a o líder alt-right supremacista blanco Richard Spencer. Sen dúbida a mellor: https://www.youtube.com/watch?v=EzIZdWucQpg.  Se queredes facervos unha idea do verdadeiramente noxento que é este tipo para o que entenda inglés aquí o tedes (0:35-0:48) con toda a cara explicarlle a unha persoa negra que esta “orgulloso da escravitude”. 

Sen embargo, como non, os poderes do estado están completamente entregados a preserva-la impunidade de esta xente. Nunha estratexia marcada pola brutalidade policial os anti-disturbios estadounidenses aplican a técnica coñecida coma “kettle” (gando) no que a policía rodea completamente a un grupo de manifestantes e os encerra para producir arrestos indiscriminados de toda a multitude. Neste caso 200 persoas quedaron atrapadas dentro dun cordón policial durante más de 9 horas na calle sen acceso a comida nin baños, mentres eran atacadas con químicos, proxectís, e subsecuentemente violentadas. Os seus móbiles incautados, hackeados e rexistrados ilegalmente na busca de posibles “probas incriminatorias”. Tras os arrestos tamén producíronse rexistros nas súas casas. 

Agora, case un ano despois, comezan os xuízos contra estas 200 persoas entre os que se encontraban: manifestantes, periodistas, observadores socias, apoio médico… Cada unha de elas enfrontase a 60 anos en prisión, coa fiscalía esixindo os mesmos 8 cargos penais indiscriminadamente a todo-los os 200 arrestades entre os cales se encontran: conspiración, destrución da propiedade, revolta, incitación a revolta…  As “bases” da acusación de esta suposta conspiración son actividades normais de preparación para calquera protesta como: a preparación ante a posibilidade de arresto, que os manifestantes vistan de negro, ou que cantasen “Fuck Capitalism”. 

Por medio disto, a administración de Trump trata de sentar un precedente legal que completamente criminaliza a asociación con calquera tipo de actividade política. As condenas as que se enfrontan estas 200 persoas trátase de un caso de represión aínda sen precedentes no pais.  

Parte de esta estratexia é tamén intento de obrigar a páxina web DefendJ20 – que funcionaba coma un foro de información para a organización para dar apoio as persoas criminalizadas – a darlle as autoridades as direccións IP dos visitantes da páxina. Isto por suposto no se lle aplica os grupos neo-nazis e demais amigos da “alt-right” norteamericana que quedan tranquilos exercendo o seu dereito a “liberdade de expresión” baixo a súa amada primeira emenda cando asasinan indiscriminadamente a unha muller que participa nunha protesta anti-fascista en oposición a concentración neonazi “Unite the right” en Charlottesville, Virginia este mesmo Agosto.  

Nunha mostra de solidariedade as persoas acusadas deciden ir a xuízo xuntes sen aceptar ningún de acordo coa fiscalía. A parte dos cargos por destrución da propiedade, a fiscalía está intentando redefinir o cargo de conspiración no código penal para incluír: 1. grupos que leven vestimenta similar e 2. asociación vaga de individuos. Este tipo de tácticas tamén están a ser aplicadas contra o movemento Black Lives Matter e activistas ecoloxistas. O obxetivo parece ser criminalizar calquera tipo de disidencia. 

Posteriormente algúns cargos decláranse inválidos. Sen embargo, estas persoas enfróntanse aínda a posibilidade de 6 DECADAS en prisión. A policía de Washington DC publicou información persoal dos acusados para que xa a extrema dereita se encargue tamén de ameazalos e obrigarlles a vivir con medo a nivel calle. Independentemente do que pase, o castigo xa o reciben suxeitas ao sistema xudicial, tendo que poñer as súas vidas en pausa para adicarse a isto. 

Ata o momento so 7 persoas das 200 acusadas liberáronse sen cargos. Esperamos que os seus compañeiros podan correr a mesma sorte. Do resultado depende as condicións da represión a calquera disidencia baixo a o mandato de Trump (e probablemente no futuro porque unha vez aprobada medida coma esta ningún político vai ter interese en abolila por moita pantomima liberal que se poña na boca).  

Converter a disidencia nun delito é perigoso. Se todo-los acusados non reciben a liberdade total sen cargos e mi probable que este tipo de estratexias legais de vaian ser cosa cotía para o moi necesitado activismo na era de Trump. 

Mais info en Inglés:

https://vimeo.com/241199392

https://crimethinc.com/2017/12/21/justice-for-all-the-j20-defendants-the-police-prosecutor-judge-and-state-are-guilty

 

 

Deixa un comentario