Sobre o asasino en masa do colexio de Florida: o auténtico rostro do terrorismo

O 14 de febreiro, Nikolas Cruz, de 19 anos, cometeu un tiroteo contra compañeires de clase, chegando a matar a 17 persoas e ferir a outras 15.

Antes de pasar a falar do xoven asasino en masa, deixo aquí un gráfico sobre os incidentes relacionados con armas de fogo acontecidos en colexios estadounidenses no que vai de ano, que con este último xa suman 18 en menos de dous meses, deixando varias víctimas mortas e feridas…

Sobre o asasino Nikolas Cruz: a continuación imos facer unha lectura da súa vida no colexio, redes e círculos pra comprender mellor o por qué de sucesos deste tipo.

Misoxinia: é sabido que acosaba mulleres, que abusaba da súa ex-noiva e foi expulsado do instituto por pelexar coa mesma. Pra incidir máis na súa misoxinia, cómpre dicir que expresou a súa fascinación por Elliot Rodger, outro varón branco e heterosexual coma el que asasinou no 2014 a 6 persoas e feriu a outras 13. Elliot deixou un manifesto chamado “O meu retorcido mundo”, no que mostraba unha forte obsesión polo sexo e dicía que ía vengarse de toda-las mulleres polo “crime de privarlle de sexo”. Comentaba que “non podía matar a todas, pero sí podía asestar un golpe devastador que sacudiría a todas elas ata o fondo dos seus perversos corazóns”; tamén falaba de meter ás mulleres en campos de concentración e outras ocurrencias misóxinas.

Fascismo e racismo: a parte da súa devoción por este elemento, Nikolas tamén fantaseaba con “matar todos os anti-fascistas que puidese”, e non é sorpresa, pois actualmente sábese perfectamente que Nikolas pertence a “Republic of Florida”, un grupo paramilitar de supremacistas brancos que ten como obxectivo crear un “Etno-Estado branco”, no cal aprendeu a disparar. Neste mesmo grupo de escoria, un dos membros dixo que Nikolas dicía que tiña problemas cunha rapaza e que o feito de que cometera unha masacre en San Valentín non foi casualidade.

Na escola: compañeires de clase de Nikolas comentan que lle gustaba vestir a súa gorra de “MAGA” (iniciáis de Make America Great Again, o eslogan de Trump), camisetas “de apareincia realmente extremista” e adoitaba insultar a persoas negras e musulmanas, tachándoas de “terroristas e poñer bombas”.

En foros de Internet: se ben non tiña amigues na escola e sempre se sentaba só, en varias páxinas de internet coma “incels.me”, “r9k board” ou “4chan”, frecuentadas por sociópatas, recibiu apoio e actualmente catalógano literalmente de “heroe”, dicindo cousas como “dicíanlle que sería un perdedor na vida, así que decidiu ser un heroe na morte” ou que “non fixo nada malo”. Este paréceme un factor clave pra comprender por qué os asasinatos en masa deste tipo van en ascenso. Hai non tanto, se pensabas que este tipo de actos estaban xustificados, o gardabas pra ti, mais hoxe en día e moi doado contactar con outros sociópatatas misóxinos e racistas extremistas a través de Internet. Unha vez que un elemento destes atopa a persoas que pensan coma el, vai sumando valor, sinte que é comprendido e que o que pensa esta ben, non hai necesidade de sentarse con ninguén na escola ou ter unha relación sana coa túa parella porque ó conectarse nas redes ten o seu espazo de seguridade, o seu fogar, no que cousas como a intolerancia e o odio medran e vense como correcto.

A condición de ser varón e branco: non podemos ignorar o factor de xénero e etnia en casos coma este. Vivimos nunha sociedade patriarcal e racista (entre outras cousas) que ensina ós homes a crerse co dereito de ter determiandos privilexios só polo seu xénero en tódolos ámbitos da súa vida (escola, traballo, sexo…); o mesmo coa xente branca na nosa sociedade. Esta tóxica creación de privilexios fai que cando un home branco, coa autoridade moral sobre outres tan interiorizada non obtén o que quere, culpe ás persoas que a sociedade ensinou a despreciar. E isto o vemos cada día cando un home asasina súa muller ou cando persoas brancas golpean a inmigrantes por “roubar os nosos traballos”. Tamén ten que ver que os homes sexan moitísimo menos propensos a buscar axuda por problemas mentais que as mulleres debido ao tóxico concepto de masculinidade co que crecen, que fan que cousas como pedir axuda vease como unha debilidade e pouco masculino. Pregunta sinxela: cando foi a última vez que escoitáchedes ou líchedes sobre unha muller que cometera asasinatos en masa? Se ben nun principio puidera parecer lóxico que os colectivos marxinalizados e oprimidos, o verse baixo unhas condicións máis duras, foran os que se quebraran antes e cometeran os maiores crimes coma o asasinato, aquí na gráfica vemos que a maioría son persoas brancas. Unha carta que xogan cando se trata dunha persoa branca é a da saúde mental: cando vemos as noticias estadounidenses de asasinatos en masa perpretados por xóvenes brancos sempre oiremos que padecía algunha enfermidade mental, cousa que, polo menos eu, nunca vin que dixeran dunha persoa non-branca na mesma situación (se é un rapaz negro ou latino era un pandilleiro, se é árabe, un terrorista…). Ollo que con isto non quero dicir que non sexan certos os problemas de saúde mental (cousa da que se fala pouco e sobre a que hai moito estigma), o que quero dicir e que utilízase sempre como excusa pra suavizar a conducta dos asasinos (como fixo Trump onte falando de Nikolas, ignorando todo o relatado neste artigo) e rebaixar a condena, invisibilizando gran parte da problemática.

Regulación de armas: non fai falla dicir que non é casualidade que cando nos enteramos de este tipo de sucesos a inmensa maioría de veces acontezan en EE.UU., mais cómpre sinalar que recentemente Donald Trump revocou unha regulación imposta por Obama no 2013 que bloqueaba o acceso a armas a persoas con serios problemas de saúde mental. Tras firmar a proposta sen sacarse a foto que adoitan sacarse os presidentes cando firman lexislacións, Trump recibiu o apoio, como non, da Asociación Nacional do Rifle, quenes dixeron que isto “marca unha nova era para as persoas propietarias de armas ceñidas á legalidade, xa que agora temos un presidente que apoia e respecta as nosas armas”. Moi lóxico por parte de Trump xustificar o tiroteo únicamente en problemas de saúde mental e á vez facilitar o acceso a armas a persoas con ditos problemas, non? Pero qué pensar de el cando reprocha que “es compañeires de clase e veciñes sabían que Nikolas era un gran problema e deberían ter informado ás autoridades pertinentes”. Sí, líchedes ben, o presidente de EE.UU. responsabiliza ás víctimas do mesmo tiroteo que sufriron, o mesmo que cando se responsabiliza a unha muller de ser abusada, cousa non fai falla dicir que non diría de tratarse dun rapaz negro ou latino, non? Este é outra claro exemplo dos privilexios do que falaba no parágrafo anterior.

A suma destes factores (o doado acceso a armas, falla de relacións persoais e a masculinidade tóxica xunto co impulso derivado do privilexio de redireccionar as túas frustacións a terceiras persoas) son a receita perfecta pra crear un terrorista contemporáneo.

Aquí deixo as miñas fontes por se alguén quere informarse máis (están todas en inglés):
https://wonkette.com/629807/of-course-florida-school-shooter-was-a-girl-hating-white-supremacist-of-course-i-am-tired-of-writing-this-article
https://www.deathandtaxesmag.com/221702/elliot-rodgers-is-the-product-of-a-society-that-teaches-that-women-are-evil-and-men-are-entitled/
http://www.nydailynews.com/news/national/maniac-writes-manifesto-prior-deadly-rampage-article-1.1805474
https://edition.cnn.com/2018/02/14/us/nikolas-cruz-florida-shooting-suspect/index.html
https://www.huffingtonpost.com/entry/trump-shooting-students_us_5a8591f9e4b0ab6daf468ba3
https://www.nbcnews.com/news/us-news/trump-signs-bill-revoking-obama-era-gun-checks-people-mental-n727221
http://www.telegraph.co.uk/news/2018/02/15/florida-shooting-eighteenth-take-place-us-school-year/
https://www.thedailybeast.com/nick-cruz-parkland-florida-shooting-stoneman-douglas-high-school
http://afccounselors.com/why-wont-men-go-to-therapy/

-J.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.