Crónica da concentración pola liberdade de expresión (A Coruña)

Onte, mércores 14 de febreiro, varias ducias de solidarixs démonos cita fronte ao obelisco coruñés para protestar contra “o estado policial e pola liberdade de expresión”. A concentración foi convocada por Acción Antifascista Coruña en solidariedade coa vaga de represaliadxs por expresar opinións contrarias ao réxime en cancións, redes sociais ou pintadas. Cada día son máis xs encarceradxs (ou con condenas de cárcere aínda en fase de recurso) por opinar libremente en contra do sistema que padecemos… aínda que só cando se opina desde a esquerda, evidentemente, desde a extrema dereita pódese dicir calquera cousa sen perigo e coa complicidade (cando non o aplauso descarado) do réxime post-fascista español.

A protesta comezou preto das oito, baixo a relaxada vixilancia de dúas furgonetas de antidisturbios que, con escaso celo e patente desgana, observábannos na distancia. Esperemos que no sucesivo o tomen por costume. Durante pouco máis de media hora, e sen demasiada énfase, coreáronse cánticos contra a represión, en favor dxs procesadxs, contra as institucións, polo incremento da loita social e contra o sistema en xeral. Tamén se prenderon bengalas que deron algo de cor ao asunto.

Pouco despois das oito e media, tras da lectura dun comunicado, finalizou esta protesta- express. Como case todas as concentracións convocadas polo colectivo antifascista coruñés, amosou gran deportividade competindo contra o velocímetro por rematar o antes posible e permitir a concurrencia relaxarse no bar.

E colorín colorado, ata aquí chegamos.

C.R.

Aquí podedes ver o video dxs compañeirxs de Galiza Contrainfo.

 

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.