Comunicado do CSO A Insumisa para a mani do sábado 10 de febreiro

Este é o comunicado que repartiron os okupas da Insumisa na mani do sábado pasado. Aproveito para agradecer á Marea Atlántica o fermosísimo xesto de pintar a “o de okupación”, no vinilo do seu local da praza do Humor… perdón, da praza dos Ovos, xa sabemos que humor non teñen moito aínda que sexa un partido de coña.

 

COMUNICADO:

Ola Coruña! Somos @s okupas do  C. S.O A Insumisa, es@s d@s que ultimamente tanto se fala. Así que decidimos darche tamén a nosa versión para que poidas facerte unha opinión contrastada.

Si, somos un Centro Social  Okupado, iso quere dicir que rehabilitamos espazos en DESUSO e ABANDONO para realizar neles unha infinidade de actividades sociais, abertas e gratuítas ás que TI tamén estás convidad@. Agora din que queren rehabilitalo, pero isto decidírono con fins electoralistas despois de que entráramos no espazo (e non é que o digamos nós, isto foi recoñecido nos propios plenos do concello).

Funcionamos por ASEMBLEA,  ousexa que todo o decidimos en reunións de libre participación nas que ninguén manda máis que ninguén. Nelas calquera pode propoñer, cuestionar ou debater todo o concernente ao noso funcionamento. Como poderiamos ser máis democráticos? Seica iso non é un servizo público? Agora acúsannos de querer apropiarnos de algo que é de tod@s, pero de que xeito este espazo podería ser máis de tod@s que xestionándoo a través de reunións libres e igualitarias ás que todo o mundo está convidado?

Somos AUTÓNOM@S, iso quere dicir que non estamos vencellad@ a partidos políticos nin ningunha outra organización que nos dirixa, presione ou utilice. A nosa  asamble é o noso único órgano directivo. Se non nos crees pásate por unha e  comprobao por ti mesm@. Do mesmo xeito todo o  traballo que aquí realizamos é voluntario e gratuíto.Ninguén gaña cartos coas nosas actividades, moi pola contra a maioría de nós pon do seu peto para poder realizar as obras, actividades e talleres. Por non falar das multas, condenas e sancións que este tipo de proxectos adoitan carrexar @s su@s activistas. Así que @s que nos chaman aproveitad@s ou non saben o que din ou son uns complet@s hipócritas. Máis aínda cando se trata de polític@s que nos rouban ou xornalistas que nos minten… e cobrando por iso.

Din que non cumprimos a lei. É certo. As leis que consideramos inxustas negámonos a acatalas, expoñéndonos a importantes sancións e mesmo a perder a liberdade. Isto chámase desobediencia civil e practicábana outros notorios “delincuentes” e “aproveitados” como  Ghandi,  Thoureau, Mandela ou  Luther King. Eles tamén se negaron a obedecer as leis para tratar de cambiar o mundo, sen máis proveito propio que as multas ou o cárcere. @s políticos deste país tamén desobedecen as leis, só que para forrarse cos cartos de tod@s; logo chámannos a nós vagos, aproveitados e criminais mentres a sociedade aplaude aos ladróns que nos gobernan.

O Partido Popular desbloqueou unha partida orzamentaria de máis dun millón de euros para reformar este espazo só coa intención de obrigar ao concello a botarnos. Agora acúsannos de que, coa nosa negativa a irnos, faremos que se perda ese millón de euros. Coma se o feito de non utilizalo na rehabilitación dun espazo que xa está a ser rehabilitado de xeito gratuíto fixese que os cartos desaparecesen. Coma se o diñeiro se destruira ou se fora a  Mordor a financiar ao exército das tebras. Pois non, a realidade é que volvería a fomento e serviría para construír colexios, estradas ou hospitais; cousas máis útiles que malgastar un millón de euros en realizar un proxecto que xa se está construíndo sen custo algún para o cidadán.

Chámannos  cortoplacistas por non crer nos cantos de serea que nos prometen a lúa se marchamos. Por non crer que saindo polas boas chamarannos cando termine a obra para que sigamos traballando gratis no novo proxecto  teledirixido polo concello. Pero que hai máis  cortoplacista que ligar o noso futuro ao triunfo electoral do partido que está no goberno? E aínda por riva perdendo a autonomía e a credibilidade dun movemento que, por ideal e por convicción, xamais se casou con ninguén.

As  okupaciones serán libres ou non serán. Non nos interesan as  componendas co poder. Se o concello quere montar centros sociais parécenos perfecto, pero noutro sitio, nas naves de  metrosidero será sobre o noso cadáver… e dade por certo que non morreremos na cama.

Pola autonomía dos espazos liberados, sempre asamblearia. Pola  autoxestión, que non pode ser tutelada. Pola liberdade, que xamais será concedida pois precisa ser conquistada. Xa  okupamos, agora resistiremos.

A  Insumisa non se merca!

Vémonos nas rúas.

 

Deixa un comentario