Un grupo de simpatizantes co CSO A Insumisa aparecen no Pleno do Concello

Parecía que hoxe o Pleno municipal ía ser o habitual tostón insufrible ó que nos teñen afeitos os primeiros luns de cada mes. Xa sabedes o típico: “ti ser malo eu ser bo” ao que nos teñen acostumados os 27 parásitos que temos na corporación municipal. Por fortuna para os que teñen o mal hábito de seguir tan lamentable espectáculo, hoxe un grupo de simpatizantes co CSO A Insumisa apareceron no Pleno, despregaron unha faixa (moi mona por certo) co slogan: “A Insumisa non se merca” e “Okupa e resiste” xunto ao dibuxo do característico polbo ao que xa todos nos habituamos.

Despois duns poucos minutos de insufrible monólogo do concelleiro de Cultura Sande (antigo okupa, vaia mutacións máis raras que teñen os políticxs! ), os activistas cansáronse de aturar o insulso discurso e empezaron a corear consignas: “A Insumisa non se merca”, “10, 100, 1000 centros sociais”, “okupa e resiste” e pouco máis, porque de seguido o alcalde, Xulio Ferreiro, ordenou aos corpos represivos da Marea Atlántica (tamén chamados Policía Local) para que puxesen fin a este intolerable acto de indisciplina. Xa se sabe que os movementos sociais son moi simpáticos… pero cando gobernan outros.

Ao saír identificouse a 7 activistas quedándonos a dúbida de se serán multados. Se todavía gobernase o PP de Negreira seguramente non serían multados. Lembrar que os membros de Elviña non se vende xa interromperon un pleno no 2015 e non foron multados, pero é que agora temos ao goberno do “cambio” e non se lles chama a Madeira Atlántica por nada.

Despois de multar a 15 manteiros, ós mendigos e ós artistas que piden na rúa e ós compañeirxs do Gómes Gaioso por pegan cartaces en sitios lícitos, agora tócalle o turno aos solidarios cos okupas. En calquera caso, algo nos quedou claro:

A INSUMISA NON SE MERCA!!!

 

Deixa un comentario