Isto é a Lei Mordaza: análise detallado da súa aplicación

É de vital importancia ler a Lei Mordaza ou polo menos artigos explicativos como este. Lembrar que na mani solidaria co CSO Escarnio e Maldizer, puxéronse 120 multas de 800€ e moitos compañeirxs pagaron rápidamente para acollerse o desconto por pronto pago. Cántos deles tiñan dereito a xustiza gratuíta e nin sequera sabían que podían alegar no Contencio-Administrativo de balde? Perdimos unha ocasión de saturar os xulgados e demostrar á Subdelegación de Goberno que esta táctica de represión xeneralizada non é viable.

Outra máis, por favor, que ninguén volte a dicir que a un compañeiro o van a meter no cárcere por culpa da lei Mordaza. No cárcere métenos o Código penal, a Lei Mordaza son “só” sancións administrativas.

A Lei Mordaza a tedes aquí:

https://boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2015-3442

Déixovos a miña análise, trato de tocar todos os temas interesantes da maneira máis sinxela posible, non sei se o conseguín. O esencial, xa sabedes, hai que facer o que vos pareza máis apropiado… pero que non vos pillen 😀

1) Importe da sanción:

Debido á nosa ignorancia este é o punto que máis comeduras de cabeza provoca. O certo é que as sancións de 600 000€ xa existían na lei Corcuera do PSOE de 1992 (os mesmos que agora din apoiarnos ante as leis “represoras”), a única diferenza é que antes estaba en pesetas (100 millóns de pesetas) no canto de en euros.

O único cambio que se produciu na contía é o do máximo das sancións leves e o mínimo das sancións graves, en ambos os casos pasan dos 300€ aos 600€. O importe das sancións queda da seguinte forma:

-leves: de 100 a 600€.

-Graves: de 601 a 30 000€.

-Moi graves: de 30 001 a 600 000€.

De calqueira forma, o cambio é máis importante do que parece, porque a maioría das sancións administrativas que se puxeron nos últimos anos foron leves ou graves na súa contía inferior, polo que moitas multas que antes foron de ó redor de 300€ agora pasarían aos 600€.

2) Graduación das sancións:

Dentro das sancións graves e as moi graves, hai 3 niveis: mínimo, medio e máximo. En principio a sanción para aplicar adoitaba ser a correspondente ao grao inferior, pero esta nova lei di que a infracción se sancionará en grao medio cando concorran unha serie de agravantes.

Isto é moi importante, xa que, as sancións graves ao pasar ó nivel medio soben dos 601€ aos 10 401€ como mínimo, podendo chegar ata un máximo de 20 200€. Estes agravantes son:

a)Reincidencia: cometer en 2 anos máis dunha infracción da mesma natureza cando haxa resolución firme en vía administrativa. Importante ter en conta que non ten porqué ser exactamente a mesma infracción, abonda con que sexa da “mesma natureza”. Que significa que unha infracción sexa da mesma natureza? Neste caso (a diferenza doutras normativas) creo que non está delimitado de ningunha maneira, así que haberá que esperar como o interpreta a Subdelegación de Goberno, supoño que dependerá bastante das ganas que che teñan.

O que si que está claro é que se vai  considerar que tes antecedentes cando a “resolución é firme en vía administrativa”, é dicir, non fai falla que se reafirme o Xulgado do Contencioso-administrativo, é suficiente con que a mesma administración que propón a sanción se ratifique na mesma.

b) A realización dos feitos intervindo violencia, ameaza ou intimidación. Nin que dicir ten que a policía ten presunción de veracidade, é dicir, se a policía afirma que actuaches desta maneira dificilmente vas poder librarche.

c) Executar os feitos usando calquera tipo de peza que cubra o rostro, impedindo ou dificultando a identificación.

Este é probablemente o maior cambio que vai supoñer a lei Mordaza, antes non había practicamente ningunha regulación respecto da gradación da sentenza, iso supoñía que todas as sancións ían á franxa inferior, se che metían unha sanción grave adoitábanche caer entre 301€ e 600€ (a sanción máis alta que vin foi de 630€). Agora é moi fácil que che metan 10 401€. Non deixa moi claro cando se vai a aplicar a multa en grao máximo, pero que máis dá, se non podemos pagar 10 400€ menos imos pagar 20 200€, así que non merece a pena estenderse.

Tamén se fala de criterios para a individualización da multa onde se di unha serie de obviedades: entidade do risco, contía do prexuízo, alteración ocasionada, culpabilidade… sendo importante destacar os 2 últimos: beneficio económico obtido pola infracción e capacidade económica do infractor. Os recursos en vía administrativa xa se sabe que son papel mollado, pero por se interesa, sempre se pode alegar que a contía da sanción é excesiva xa que non buscamos ningún tipo de lucro persoal e padecemos unha situación económica moi precaria (se é o caso, claro).

IMPORTANTE, na práctica non se están apricando estas sanción de máis de 10 000€… ata o día de hoxe. No futuro quen sabe.

3)Prescripción das infraccións:

Aos 6 meses as leves, 1 ano as graves e 2 anos as moi graves, anteriormente prescribían aos 3 meses as leves e ao ano as graves. Se ledes a lei veredes que distingue entre a prescrición da infracción (tempo que vai desde que se comete o feito ata que che comunican a apertura do expediente sancionador) e a prescrición da sanción (a resolución xa é firme en vía administrativa), para non cansarnos creo que chega con isto.

4)Créase un Rexistro Central de Infraccións contra a Seguridade Cidadá:

Supostamente a súa única finalidade é apreciar a reincidencia, o que si que está claro é que se es reincidente non se lles vai a pasar desapercibido (crean un rexistro especificamente para isto) e ídesvos a comer o marrón (mínimo 10 401€).

5)Ratifícase o valor probatorio das declaracións policiais sendo a súa declaración “base suficiente para adoptar a resolución que proceda, salvo proba en contrario”: bastante claro, a policía acúsache e non existe presunción de inocencia, senón que es ti mesmo o que ten que demostrar que a versión policial é falsa. Evidentemente isto xa se aplicaba anteriormente.

6)Reducción por pagar sen protestar:

Para entendernos, igual que as sancións de tráfico. Se cando che chega a notificación de inicio do procedemento sancionador (a primeira carta que che chega) ti pagas voluntariamente en 15 días hábiles, redúcenche a sanción un 50% pero perdes o dereito para presentar alegacións en vía administrativa. Aínda que pagues, segues tendo dereito a recorrer no Xulgado Contencioso-administrativo.

A moralexa está clara, se es bo, pagas rápido e non protestas, rebaixámosche a sanción. Para a Subdelegación de Goberno é importante que paguemos sen rechistar porque teñen tal acumulación de choio que poden tardar ata 2 anos en tramitar todo o proceso. Esta medida ten, claramente, a finalidade de axilizar o proceso para poder multarnos de forma máis cómoda e eficiente.

Como anécdota, dicir que se che meten unha sanción moi grave non tes dereito a esta redución, é dicir, se che meten unha multa de 600 000€ non te creas que sendo bo vancha a reducir a “só” 300 000€… estes lexisladores están un pouco mal da testa.

7)Despenalización das infraccións:

Un dos obxectivos desta lei é que moitas das infraccións que antes eran consideradas faltas e xulgábanse na vía penal, agora pasan a ser sancións administrativas que non teñen que pasar polos tribunais (as faltas que van desde o art. 617 do Código penal ao 639).

Isto pode soar moi bonito, pero en realidade é moitísimo máis prexudicial para nós, xa que, a parte de que a vía administrativa é aínda moito menos legalista que os xulgados de instrución, a contía das sancións adoitan ser bastante máis elevadas e non se teñen en conta o nivel de ingresos do denunciado.

É dicir, mentres no código penal póñenche unha sanción sinalada en días multa (“15 días multa”, ou “30 días multa”…) fixándose o importe en función dos teus ingresos, na vía administrativa póñenche un importe fixo.

Para aclaralo poño un exemplo:

En vía penal condénanche a unha sanción de 30 días multa. Como non tes ingresos fíxase un pago de 3€ por cada día multa. Ao final tes que pagar 90€ (3X30). Na vía administrativa poñeríanche unha contía fixa cun mínimo de 100€, é dicir, diríanche “imponse unha sanción de 100€ ( ó 200€…)” sen que teña maior relevancia cal é o teu poder adquisitivo. O único positivo é que na vía administrativa non che poden meter os molestos arrestos domiciliarios da vía penal.

8)Legalización das devolucións en quente:

Esta frase dio todo: “esta Lei orgánica entrará en vigor o 1 de xullo de 2015, salvo a disposición final primeira, que entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado»”, evidentemente a “disposición final primeira” é o que se coñece popularmente como devolucións en quente. Con isto queda de manifesto que o goberno sabe dabondo que todos estes anos saltouse a lei, devolvendo de forma irregular a inmigrantes que xa estaban en territorio español.

9)Clasificación das infraccións:

Deixo este apartado para o final porque, de forma bastante errónea, é practicamente o único tema que se trata sobre a lei Mordaza, tanto en charlas como nos incontables artigos que se escribiu sobre ela.

Voume limitar aos apartados que nos afectan como activistas e que non caian de caixón (non fai falla que nos lembre a lei Mordaza que está prohibido exhibir obxectos perigosos, danar bens mobles e inmobles, etc.). Tampouco falo das sancións moi graves porque non coñezo ningún caso no que se aplicaron nos 23 anos que estivo en vigor a anterior Lei de Inseguridade Cidadá, ademais, cos 30 000€ que nos poden meter cunha sanción grave xa temos suficiente.

Isto vai en castelán, non ten sentido traducir a Lei.

Infraccións graves:

-La desobediencia o la resistencia a la autoridad o a sus agentes en el ejercicio de sus funciones, cuando no sean constitutivas de delito, así como la negativa a identificarse a requerimiento de la autoridad o de sus agentes o la alegación de datos falsos o inexactos en los procesos de identificación. Dedicada a todo el mundo, ¿quién no hizo esto en alguna ocasión? La segunda más común para nosotros pero la primera de las graves, por lo que es la que más recauda.

Causar desórdenes en las vías, espacios o establecimientos públicos, u obstaculizar la vía pública con mobiliario urbano, vehículos, contenedores, neumáticos u otros objetos, cuando en ambos casos se ocasione una alteración grave de la seguridad ciudadana. Todos sabemos que esto es ilegal, pero recordar, ahora te puden meter 10 400€, más daños causados, más responsabilidad civil. La tercera más común.

– La perturbación de la seguridad ciudadana en actos públicos, espectáculos deportivos o culturales, solemnidades y oficios religiosos u otras reuniones a las que asistan numerosas personas, cuando no sean constitutivas de infracción penal. Es lo suficiente amplio como para meter tranquilamente mítines de partidos políticos, cualquier tipo de manifestación (pro-vida, contra el matrimonio homosexual…) y un largo etc. Ojo, la sanción media supera los 1000€.

-La perturbación grave de la seguridad ciudadana que se produzca con ocasión de reuniones o manifestaciones frente a las sedes del Congreso de los Diputados, el Senado y las asambleas legislativas de las comunidades autónomas, aunque no estuvieran reunidas, cuando no constituya infracción penal. Dedicada a los compañeros de rodea el Congreso.

– Los actos de obstrucción que pretendan impedir a cualquier autoridad, empleado público o corporación oficial el ejercicio legítimo de sus funciones, el cumplimiento o la ejecución de acuerdos o resoluciones administrativas o judiciales, siempre que se produzcan al margen de los procedimientos legalmente establecidos y no sean constitutivos de delito. Dedicada claramente a Stop Desahucios cuando tratan de impedir que un secretario judicial notifique un desahucio.

-Las acciones y omisiones que impidan u obstaculicen el funcionamiento de los servicios de emergencia, provocando o incrementando un riesgo para la vida o integridad de las personas o de daños en los bienes, o agravando las consecuencias del suceso que motive la actuación de aquéllos. Ojo, si cortas el tráfico pueden alegar que obstaculizaste el paso de una ambulancia cuando iba en auxilio de un herido.

-La negativa a la disolución de reuniones y manifestaciones en lugares de tránsito público ordenada por la autoridad competente cuando concurran los supuestos del artículo 5 de la Ley Orgánica 9/1983, de 15 de julio (manifestaciones ilícitas o que provocan alteraciones del orden público, no confundir con simples manifestaciones no comunicadas, que son una infracción leve).

-La perturbación del desarrollo de una reunión o manifestación lícita, cuando no constituya infracción penal. Hacer una contra-mani, para entendernos.

-La negativa de acceso o la obstrucción deliberada de las inspecciones o controles reglamentarios, establecidos conforme a lo dispuesto en esta Ley, en fábricas, locales, establecimientos, embarcaciones y aeronaves. Podría ser aplicado a centros sociales aunque no parece diseñada a su medida.

– El uso no autorizado de imágenes o datos personales o profesionales de autoridades o miembros de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad que pueda poner en peligro la seguridad personal o familiar de los agentes, de las instalaciones protegidas o en riesgo el éxito de una operación, con respeto al derecho fundamental a la información.

Este es probablemente el supuesto más conocido (sobre todo por la difusión de los medios de comunicación, claro). Lo cierto es que parece que no aporta nada nuevo, es decir, legalmente se puede grabar una carga policial o a un policía cometiendo un abuso… pero en la práctica ya sabemos que no nos van a dejar porque ellos son la autoridad y hacen lo que quieren. Si antes nos reprimían cuando filmábamos una carga policial, ahora harán lo mismo, pero no es tan fácil que nos pueden meter esta infracción (ya se inventarán otra, ya sabemos que sus declaraciones tienen valor probatorio).

Infraccións leves:

-Las faltas de respeto y consideración cuyo destinatario sea un miembro de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad en el ejercicio de sus funciones de protección de la seguridad, cuando estas conductas no sean constitutivas de infracción penal. La sanción más común de las que nos incumbe a nosotros. Antes la sanción la tenía que poner un juez y el importe podía ser de 30€, por lo que no compensaba. Ahora las ponen como churros.

-La celebración de reuniones en lugares de tránsito público o de manifestaciones, incumpliendo lo preceptuado en los artículos 4.2, 8, 9, 10 y 11 de la Ley Orgánica 9/1983, de 15 de julio, cuya responsabilidad corresponderá a los organizadores o promotores. Manifestación sin comunicar, para entendernos.

Pasa de grave a leve (increíble pero cierto), además es una de las sanciones que están más de moda… pero hay un pero, si antes nos metían entre 300 y  600€ ahora van a seguir haciendo lo mismo, recordar que ahora las sanciones leves llegan hasta los 600€.

-La ocupación de cualquier inmueble, vivienda o edificio ajenos, o la permanencia en ellos, en ambos casos contra la voluntad de su propietario, arrendatario o titular de otro derecho sobre el mismo, cuando no sean constitutivas de infracción penal. Asimismo la ocupación de la vía pública con infracción de lo dispuesto por la Ley o contra la decisión adoptada en aplicación de aquella por la autoridad competente. Se entenderá incluida en este supuesto la ocupación de la vía pública para la venta ambulante no autorizada. La cuarta más común pero a mucha distancia de las tres primeras.

-La negligencia en la custodia y conservación de la documentación personal legalmente exigida, considerándose como tal la tercera y posteriores pérdidas o extravíos en el plazo de un año.

-Los daños o el deslucimiento de bienes muebles o inmuebles de uso o servicio público, así como de bienes muebles o inmuebles privados en la vía pública, cuando no constituyan infracción penal. Las pintadas son una infracción leve.

-El escalamiento de edificios o monumentos sin autorización cuando exista un riesgo cierto de que se ocasionen daños a las personas o a los bienes. La conocida como norma  anti-Greenpeace queda finalmente en leve.

-La remoción de vallas, encintados u otros elementos fijos o móviles colocados por las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad para delimitar perímetros de seguridad, aun con carácter preventivo, cuando no constituya infracción grave. Antes solía ir por la vía penal.

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.