Marea Viva, novos estatutos: fusilamento de tódolos principios da “nova” política

Brutal o resultado da Marea Viva deste venres 26 de xaneiro. Algúns din que semellan os porquiños de Rebelión na Granxa cambiando os principios escritos na pizarra, a min persoalmente paréceme que hai que ser moi criminal para facer tal comparación. Os porquiños do libro de Orwell limitábanse a modificar o acordado previamente, estes directamente aplican emendas á totalidade, ademais, os porcos son uns animais demasiado nobres para comparalos con estes incalificables. Así que xa abonda de buscar paralelismos entre a Marea Atlántica e as novelas orwellianas!!

Neste “apaixonante” encontro de  “radicalidade” “democrática”, participaron 146 persoas das 3628 que tiñan dereito a voto (imos, que desatou paixóns). Nas votacións tan só púidose elixir entre 2 opcións: ou se renovaban os principios do 2015 (opción equivocada) ou se aprobaba a emenda á totalidade presentada polo grupo Trepadeira… digo perdón, Lanzadeira (opción acertada). Obviamente os mareantes son xente moi intelixente e a opción acertada gañou con porcentaxes que oscilaron entre o 82 e o 94% (sempre hai algún ignorante que se equivoca ó votar).

Os acordos aprobados xa non é que se poidan considerar como unha baixada de pantalóns, é que xa directamente metéronlla ata o fondo: cárganse as primarias abertas substituíndoas por unhas primarias patéticas ultra pechadas, admítense pactos de goberno con outros partidos sen necesidade de que o outro partido comprométase a cumprir cos seus principios, código ético ou método de goberno, quítase moitísima participación á rede delegando todo o poder no equipo de goberno, legalízanse as portas xiratorias, cárganse o límite de 40 000€ de salario máximo, regulan a aceptación de agasallos polo palmo, facilitan a profesionalización da política a perpetuidade, imponse a disciplina partido tanto á hora de votar como á hora de facer declaracións públicas, etc.

Para que vexades que non me inventou nada, imos facer un exercicio do antes e o agora, espero non aburrirvos moito:

1) Pactos de goberno:

ANTES, en condicións de gañar a alcaldía:

No caso de estar a Marea Atlántica en condicións de gañar a Alcaldía da cidade, integrará no seu goberno concelleiros/as doutras candidaturas sempre e cando se comprometan a aceptar os códigos éticos, principios e métodos de goberno da Marea, así como un programa de goberno compartido e as medidas de transparencia, rendición de contas, procedementos de decisión, etc. que se inclúen neste documento

AGORA:

No caso de estar a Marea Atlántica en condicións de gañar a Alcaldía da cidade ou a presidencia de calquera outra institución, pero sen a maioría necesaria para gañar a investidura en solitario, poderá chegar a acordos para asegurar a estabilidade plenaria nos asuntos estratéxicos, sempre que a Rede o considere compatible cos seus principios básicos, o seu código ético e o seu programa electoral.

ANTES, non están en posición de gañar a alcaldía:

No caso de que a Marea Atlántica non estea en posición de liderar un goberno municipal, non debería formar parte do mesmo, nin apoiar outra candidatura cos seus votos, se tal candidatura non garante o abandono das actuais políticas ditadas pola Troika e os poderes económicos, causantes da situación de emerxencia social na que se encontra gran parte da cidadanía da Coruña na actualidade.

AGORA

A Marea Atlántica poderá apoiar candidatos ou candidatas doutras forzas políticas para a súa investidura en calquera institución, sempre que a Rede o considere compatible cos seus principios básicos, o seu código ético e o seu programa electoral.

ACLARACIÓN:

Xa sabedes que a rede ten o estraño costume de repetir como loros o que di o equipo de goberno.

2) Todo o poder ó grupo de goberno:

ANTES

Tralas eleccións de maio, Grupo Municipal converterase nun grupo de traballo máis da Marea Atlántica. As persoas que conformen o Grupo Municipal serán participantes da Rede, debendo, cando menos algunha delas, acudir sempre ás súas reunións.

O Grupo Municipal obedece á Marea Atlántica. A Marea Atlántica debe ser un contrapoder do Grupo Municipal, que fiscalice o seu labor e do que parta a iniciativa política cando sexa necesario. A actuación do Grupo Municipal, quer no goberno, quer na oposición, responde aos ditados da Marea Atlántica.

AGORA

O grupo de goberno ou grupo institucional terá unha axenda de traballo derivada do programa electoral e dos acordos tomados na Rede, así como de todos os acordos adoptados pola Marea Atlántica en relación ao proxecto político. En paralelo a Marea Atlántica terá unha axenda propia, coordinada coa axenda institucional. A dirección política da Marea Atlántica corresponde á Rede e tanto o grupo de goberno ou institucional como toda a estrutura organizativa e operativa da Marea Atlántica deberá render contas á Rede sobre os obxectivos políticos acordados tanto a nivel institucional como a nivel de organización política.

3) Legalización das portas xiratorias:

ANTES

Os cargos electos ou de designación política da Marea Atlántica comprométense a non prestar servizos para empresas contratistas ou concesionarias relacionadas coas funcións nas que exerceu no Concello da Coruña durante un prazo mínimo de tres anos desde o cesamento no cargo público. Así mesmo, non poderán acceder, durante un periodo de cinco anos, a cargos de responsabilidade en empresas creadas, reguladas ou supervisadas en virtude do seu cargo, e durante dez anos tampouco aos seus consellos de administración. A Marea Atlántica publicitará a situación laboral e/ou profesional dos cargos, así como as súas declaracións da renda e, no seu caso, patrimonio, durante os tres anos posteriores ao abandono das súas responsabilidades.

AGORA

Os cargos electos ou de designación política da Marea Atlántica comprométense a non obter melloras laborais ou mercantís ilexítimas derivadas do exercicio das súas funcións propias do mandato. A lexitimidade estará sometida a control pola Marea Atlántica no órgano e procedemento desenvolvidos a tal efecto.

4) Cárganse o límite do salario máximo:

ANTES

Sen que en ningún caso a retribución anual bruta supere os 40.000 euros.

AGORA

A limitación salarial vixente de 40.000 euros brutos anuais actualizarase en 2019, á entrada en vigor deste novo Código Ético, en función das cargas familiares, da variación do custo da vida e dos acordos resultantes da negociación salarial a nivel estatal.

ACLARACIÓN:

Non sexamos mal pensados, non se van a subir o soldo, o van a actualizar: sóbense o IPC, se se pactan acordos patronal-sindicatos para subir o soldo por encima do IPC tamén lles beneficiaría a eles e se teñen cargas familiares tamén cobran máis. Polo ben do erario público, máis nos vale financiarlle a caixa de condóns.

Dicía o cantante Evaristo: “como primer punto del orden del día, actualizaremos nuestros sueldos. Como segundo punto, bajaremos el de los demás”.

Se non vos gusta o eufemismo de actualizar o mudamos polo de “ponderar”??!!, que tamén o empregan.

5) Regulan a aceptación de agasallo polo palmo:

ANTES:

Renunciarán a calquera regalo, privilexio ou trato de favor que reciban en función do seu cargo.

AGORA:

Renunciarán á recepción de obsequios que teñan un valor maior de 50€ e a privilexios materiais, coa excepción daqueles que cumpran unha función puramente protocolaria.

6) Facilitan la profesionalización de la política a perpetuidad:

ANTES:

Os cargos electos da Marea Atlántica, así como o persoal de confianza e os cargos directivos, exercerán as súas responsabilidades durante un máximo de oito anos, o equivalente a dous mandatos completos, sexan alternos ou consecutivos.

AGORA:

En cantos mandatos se pode optar a ser representante da Marea Atlántica?
Durante un máximo de oito anos, o equivalente a dous mandatos completos. Esta cláusula refírese unicamente aos cargos electos.

 Alternos ou consecutivos?
Dous mandatos consecutivos, coa posibilidade de volver á lista nun futuro logo dun mandato sen ocupar un cargo electo.

 ACLARACIÓN:

Se alternas 8 anos de cargo electo con 4 anos de cargo non electo (persoal de confianza ou cargos directivos), podes vivir da política toda a vida.

7) Imponse a disciplina de partido tanto á hora de votar como á hora de facer declaracións públicas:

ANTES:

Non se dicía nada o respecto.

AGORA:

Os cargos electos da Marea Atlántica serán leais aos acordos e actuarán como unha soa voz tanto nas súas manifestacións públicas como na súa toma de decisións ou á hora de votar.

8) Cárganse as primarias abertas, as trocan por primarias ultra cerradas:

ANTES:

Presentáronse 40 candidatos pertencentes a 5 listas distintas. Os candidatos estaban ordeados dentro de cada lista, pero tiñas a opción de elixir aos 12 candidatos que quixeses na orde que máis che gustase. A única limitación que tiñas é a de que non se podía elixir 2 candidatos do mesmo xénero seguidos (igualdade de xénero).

A puntuación dábase como en Eurovisión (para entendernos), o primeiro da túa elección sumaba máis puntos e a puntuación dos seguintes ía decrecendo.

O único candidato á alcaldía ( Xulio Ferreiro) non figuraba en ningunha lista para non condicionar os resultados.

Sobre o papel moi fermoso, á hora da verdade gañaron os máis trepas, case todos da candidatura de Cidadanía en Común.

AGORA:

Listas pechadas. A única opción que che dan é a de elixir a unha das distintas listas que se presenten. Non se espera que se presenten moitas listas xa que é obrigatorio que cada unha teña 20 membros, polo que é moi probable que só sexan 2 listas (nas anteriores primarias só se presentaron 40 candidatos).

Eles explícano así:

A electora ou elector emite o seu voto a favor dunha lista pechada e bloqueada que contén 20 persoas candidatas presentadas de forma prelada.

Xulio Ferreiro (está prácticamente garantido que se presentará de novo) vai ir como nº 1 da lista oficial (a que hai que votar para entendernos, que ninguén se equivoque esta vez!!) Xunto a él van outros 19 candidatos na orde que eles decidan, sen que o votante poida alterar a mesma.

“No caso de que unha das listas supere o 65% dos votos obterá automaticamente os primeiros cinco postos da candidatura, aplicándose a proporcionalidade, por tanto, a partir do 6º posto”. Como é moi probable que a lista de Xulio supere o 65% de votos, xa podemos garantir quenes van  ser os 5 primeiros candidatos da Marea Atlántica.

Que pasa co resto dos candidatos, do 6º posto para atrás? Non o adiviñades? Si é moi sinxelo. Aplícase a Lei D´ hondt. Esta lei tan criticada nas asembleas do 15 M e que toda a nova política quería combater, convértese da noite para a mañá na lei apropiada. Ten fama de axudar ás candidaturas máis potentes desprezando ás minoritarias.

XUSTIFICACIÓNS PARA OS MÁIS DEVOTOS:

“Fomentando un método que estimule a construcción colaborativa da candidatura, frente a métodos competitivos como os empregados no proceso anterior. Métodos que consideramos que poden ser perxudiciais por levar implícita unha competición entre as candidaturas”.

“Utilización dun método de agregación que facilite a creación dun equipo de goberno cohesionado e comprometido co proxecto político de Marea Atlántica”.

Chama a atención as declaracións de Sande, un dos 4 concelleiros que non asinaron os documentos da Lanzadeira e que como todos sabemos está a favor das listas abertas. Na cadea Ser coméntannos:

“Sande considera que la Marea debe superar la idea de que estaba constituída por personas de diferentes fuerzas políticas y colectivos e ir a una unidad mayor”.

Exactamente o discurso oficial, ¿qué dicíamos da disciplina de partido e as manifestacións públicas?

A continuación vai a listaxe das 56 persoas da Lanzadeira que asinaron esta traizón a todos os seus supostos ideais, a ver quen é capaz de atopar unha lista con máis trepas por metro cadrado:

Adrián García Seijas, Alba Barbadillo Vázquez, Alejandro Sánchez Rois, Alfonso Mascuñana Bordas, Antón Pérez Rodríguez, Antonio Prado Botana, Arturo Losada Ballestero, Aurora Paz Viruet, Begoña Inés Romero Quintela, Brais García Fernández, Xosé Carlos Ares Pérez, Carlos Nogueira Souto, Carmen Villar Cures, Celsa Díaz Cabanela, Claudia Delso Carreira, Cristina Díaz Pardo, Daniel Palleiro González, Daniel Rodríguez Cao, David Calderón González, Eduardo Rodríguez Poch, Enrique Luís Calviño Alcalde, Eugenia Vieito Blanco, Gema Rivera González, Gladys Virxinia Afonso Lobato, Henrique Rabuñal Corgo, Henrique Pérez Lijó, Hoki Torres Erausquin, Iago Martínez Durán, Lola Suárez Martínez, Loli Patiño Iglesias, Luís Hernández Álvarez, Marcial Blanco Castelos, Marcos Sebastián Pérez Pena, María Garcia Gomez, Marina Gutiérrez Álvarez, Mariano Enrique Fernández Cabarcos, Mercedes Rodríguez Bolaño, Miguel Garea Garea, Natalia Balseiro Rodríguez, Pedro Manuel Carro Parafita, Pablo Leira Canedo, José María Vara Rodriguez, René Gamborino Amaro, Rubén Pérez Sueiras, Sabela Pérez Iglesias, Sandra García Rey, Silvia Cameán Calvete, Verónica Campos García, Victoria Mejuto Vilas, Xan Jove González, Xiao Varela Gómez, Xoán M. Mosquera Muíños, Xosé Taboada Durán, Xulio Vázquez López.

 

Non podo deixar de citar este par de respostas que dio Xulio Ferreiro a El Diario.es antes das eleccións:

2 de marzo de 2015

La Marea Atlántica es un espacio de confluencia, no es un partido político, y por lo tanto no hay la homogeneidad ideológica que hay en un partido.

El hecho de que la Marea Atlántica surja en A Coruña y no en el que son los centros tradicionales de la política gallega es significativo, indica que hay un tejido social y un activismo político, económico y de movimientos sociales que lleva años en la ciudad y que ahora brota y hace subir la Marea. La potencia que tuvieron en A Coruña el movimiento Nunca Máis, el 15M, las luchas por la sanidad y la educación…

Dijo que haría de A Coruña una ciudad “libre de desahucios” aunque tuvieran que enfrentarse a medidas legales…

Si nos tuviéramos que enfrentar a aquellos que pretenden utilizar la ley penal como una arma contra nosotros por defender los derechos de los ciudadanos, como el derecho a la vivienda o derechos básicos, estaremos allí y asumiremos las consecuencias.

 

 

 

Deixa un comentario