A 18ª Marcha a Teixeiro e o novo ridículo de La Voz de Galicia

(Non foi ata rematar de redactar este artigo que me decatei de que outro compañeiro xa escribira a súa propia crónica da marcha de este ano, mais ó ser un blogue informal publícoo igualmente, que non pasa nada por repetir unha vez o contido de dous artigos, ademáis van unhas fotiños pra compensar.)

O pasado sábado foi a anual marcha á prisión de Teixeiro con motivo de mostrar apoio ás persoas alá presas e protestar contra os cárceres e os malos tratos alá recibidos. Quedouse fronte a gasolineira do N634 coma anos anteriores onde foi chegando a xente de distintas partes (de Galicia e de fóra) con varias bandeiras e un par de pancartas onde se podían ler “CÁRCERE = TORTURA”  e “ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS”. O cabo de pouco tempo comezou a marcha ata á cadea, cortando un dos carrís sen problema. Ó chegar ó destino (delimitado pola Garda Civil e a Policía Nazional) comezouse a facer ruido, gritando cousas como “ata aquí chega o cheiro das torturas en Teixeiro”, “non estamos todas, faltan as presas”, “presas á rúa, a loita continúa”, “non son traballadoras que son torturadoras”, etc. A pesar de que o número de xente da marcha era menor que outros anos, a resposta das persoas encerradas foi maior: tanto dende o módulo de mulleres (o máis cercano) como dende do de homes (xusto detrás) chegaron en varias ocasións gritos de compañerismo e puidéronse divisar unhas telas axitándose dende as fiestras enreixadas. Tampouco puideron faltar os fogos/petardos, boa maneira de facerse notar, sobre todo dende que decidiron prantar con malicia as árbores entre os módulos e a xente da marcha, incomunicando aínda máis ás persoas encerradas. Transcurriu sen problemas de ningún tipo, a xente volveu ós coches (vixiados por unx compañeirx pra que non aparecesen coas rodas reventadas como outros anos nos que quedaban sós coa policía na gasolineira de enfrente, sacade as vosas conclusións) e, tras aproveitar pra ver a antigxs compas e poñerse ó día, cada unx seguíu cadanseu camiño até pola tarde.

Ás 19:00 tivo lugar na Praza do Obelisco unha concentración para visibilizar a loita anticarcelaria, empalmando coa marcha de pola mañá. Dibuxouse no chan unha cela de illamento a escala 1:1, rodeándoa de distintas notas denunciando casos específicos de torturas e mortes baixo custodia e dando cifras oficiais sobre as persoas presas, os delitos máis comúns, etc. Tamén se desplegaron as pancartas arriba mencionadas, ademáis repartíronse octavillas explicando o motivo da concentración, por se non quedaba claro coas pancartas e os berros de “ós cárceres son centros de extermino”. E pensaredes: “vale, ho, queda claro por qué vos manifestábades!”… Pois vese que non, porque resulta que o día seguinte sae este artigo que vedes aquí na foto en La Voz de Galicia facendo o ridículo a máis non poder, falando dunha “protesta okupa contra el desalojo de la Comandancia de Obras”! Rigor periodístico, señorxs!!! E o peor é que a xente pensa que é verdade e nos comentarios da súa web lese a xente indignada cos okupas, e por riba se escribes un comentario desmintindo a noticia, non cho publican, que non son nobatos en esto de mentir e manipular!

Bueno, pra rematar, houbo unha festa no CSO A Insumisa con ceador, cabaret e concertos, mais sobre iso non podo dicir moito pois non me informei e, a contrario que os Señores de La Voz, prefiro non falar do que non sei.

Saúde e liberdade!

Deixa un comentario