Vais a desaloxar un Centro Social Okupado. Carta aberta ós membros de Marea

Aínda que con atraso o prometido é débeda, aquí tedes o voso artigo mareante favorito (curiosamente o único que non escribín eu, panda de…) traducido ao galego. Xa podedes lelo enteiro sen risco a sufrir unha urticaria, un ictus ou calquera cousa peor, xa sabemos o duro que é para algún ler artigos na lingua do imperio. Espero que agora os debates sexan máis profundos e non se limiten ao cansino: “paréceme unha vergoña que non estea en galego”. Grazas pola vosa paciencia.

Vais a desaloxar un Centro Social Okupado. Carta aberta ós membros de Marea

Xulio Ferreiro, o alcalde do cambio de Coruña, o voso alcalde, dixo publicamente que non descarta usar ningunha vía para desaloxar o Centro Social Okupado A Insumisa.

Tras un paripé de reunión aberta e pública na que vós, “A Marea”, nun alarde de cinismo sen parangón, pretendestes vendernos un proxecto municipal que plagia o actual programa e funcionamento da okupa, só que baixo xestión municipal. Osea, que o concello supostamente pretende facer o que xa se está desenvolvendo de forma autogestionada e completamente gratuíta para o peto cidadán, pero de maneira xerárquica e cun enorme custo para o erario público. Falades de diálogo, pero a decisión xa está tomada: iso é un “trágaa”.

 

Non nos enganemos, ides desaloxar a okupa. Toda esta patraña que estades a montar non é máis que a vosa campaña mediática. Un basto e patético intento de xustificar o recurso á represión máis descarada. Son as palabras baleiras tras as que se esconde unha declaración de guerra. A intoxicación infame que precede a acción bélica. Oca demagoxia populista que xustifica a vosa infamia.

Non vos escondades tras a retórica barata do partido dialogante. Ides erradicar, a destruír… a desaloxar un Centro Social Okupado. Un espazo, libre, autónomo e autoxestionario froito da autoorganización popular asemblearia. Vós ides asinar a orde. Si, vós, ides reprimir pola forza e polas armas aos movementos sociais e contestatarios. Sodes a represión, é así, non hai volta de folla. Estades detrás das porras e as pistolas, sodes a man que aperta o gatillo. Aínda que detrás de vós tamén haxa mans escuras, aínda que vos obrigaran, aínda que só sexades os servos do sistema que vos empuxa a vender os vosos principios por un puñado de votos.

 

Parabéns! Xa está, conseguístelo, xa sodes o poder. No futuro ninguén poderá acusarvos outra vez de antisistema, ao fin sodes claramente pro sistema! A casta mentireira, cínica, egoísta e represora contra a que diciades loitar. Ides a graduaros con honra como auténticos políticos, con todo o nauseabundo acervo de infamia, traizón, oportunismo e covardía que dese termo puidésese derivar. Entraredes con dereito e matrícula ” cum laude” no selecto club dos represores, do un por cento, dos que manexan, os que mandan, os que cortan o bacallau. Por fin poderedes aparecer no popular slogan ” Psoe, Marea, PP a mesma merda é”. Que honra!

 

Pero non vos preocupedes! Toda traizón ten a súa recompensa, ata a traizón aos teus ideais. Esta, ademais, está especialmente remunerada con moito máis que trinta míseras moedas de prata. Poida que agora moleste un pouco na conciencia, pero logo curte para o camiño de profesional da mentira, a manipulación e o latrocinio. É un pequeno prezo que hai que pagar para ser un membro de pleno dereito do poder e do sistema. É como a proba de lume dos gángster norteamericanos, hai que matar a alguén para pertencer á banda. Pois aquí o mesmo: para pertencer ao sistema tes que reprimir aos rebeldes, disparar contra aquilo que ameace a lóxica do poder. Cando o fixerades, cando pasásedes a proba de lume que, como ben dixestes vós no seu momento, preparouvos o P. P.; entón xa poderedes sentarvos todos á mesma mesa, como bos colegas de traballo, a repartirvos o pastel.

Non nos veñades chorando con que é unha trampa do Partido Popular. Por suposto que foron eles os que vos puxeron na tesitura do desaloxo ou a perda de xugosas subvencións. Claro que tentaron poñervos nunha dicotomía que vos prexudicase nas súas dúas vertentes, pero non nos enganemos, vós sodes donos de vosas propias decisións. Ou é que sodes monicreques de escuras mans con aneis de ouro?

E enriba tentádesnos vender unha agresión ” manu militari” contra a autoorganización popular e o movemento asembleario coma se fose un triunfo da cidadanía. Non tedes vergoña en presentalo como unha das “iniciativas máis importantes deste mandato, que busca darlle un lugar á xente nova do que carece nesta cidade (??) e recuperar un espazo público con garantías de que siga sendo publico”.

Isto xa é como para mexar e non botar pinga! Non se vos podre a boca baixo o peso corrosivo e venenoso de tanta mentira? Supoño que vos custará aguantar a risa en público cando pretendedes facer pasar a destrución armada dun espazo autónomo e asembleario como unha conquista popular dialogada e tolerante. E aínda por encima falando de “recuperar espazos” e de “darlle lugar á xente” cando, a parte de ser exactamente o que a okupa está a facer agora mesmo, trátase dunha usurpación maliciosa da linguaxe e o discurso de todo un movemento ao que xa non pertencedes.

O que ides facer é desaloxar un Centro Social Autogestionado que leva máis dun ano ofrecendo espazo, cultura, deporte e activismo alternativo a toda a cidade de forma libre, autónoma, gratuíta e participativa. E aínda por enriba copiando o discurso e o programa! Por favor, deixade xa de marear a perdiz. Estades a desfilar ao paso da oca cara á dereita máis descarnada, estádesvos precipitando á carreira cara á vosa completa asimilación.

Sabedes a verdade? Non me sorprende. Cando elixistes o camiño da política profesional xa sabía que tarde ou cedo acabariades aquí. O sistema teno todo atado e ben atado. A única incógnita era como reaccionariades vós a nivel individual cando chegase este momento. Si, vós, que antes diciades pertencer aos movementos sociais, á autonomía, á esquerda contestataria… á loita. Preguntábame que fariades cando as forzas ocultas do sistema obrigásenvos a empuñar a pistola de liquidar utopías. O voso partido estaba claro o que ía facer, á fin e ao cabo é un partido: un ente depredador que só busca perpetuarse, crecer e multiplicarse. Como un virus. Como o Alien da película. O seu instinto superlativo de supervivencia permítelle pasar por enriba de calqueira cousa na súa procura psicopática do poder. A aritmética electoral decidiu o desaloxo. A incógnita era canta xente sumaríase ao coro da infamia e canta baixará do carro antes de cruzar o rubicón represivo e totalitario. Cantos obrarán conforme á súa conciencia e cantos, por un puñado de votos, estarán dispostos a traizoar os seus ideais e o seu pasado. A pregunta é cantos dos que creron en vós, incluíndo algún que se consideraba libertario, vai tragar semellantes rodas de muíño. Cantos van xustificar mansamente o voso comportamento e cantos van dicir “xa basta, acabouse, ata aquí podiamos chegar”.

Seguro que haberá xente que, nun alarde de doblepensar orwelliano, coreasen convosco que a guerra é a paz, que a mentira é a verdade e que a escravitude é a liberdade. Haberá quen se empeñe en seguir xustificándovos, como xa o fixeron con todas as traizóns e ineptitudes do voso mandato. Pero, que será o seguinte? Algunha pequena corruptela sen importancia? Un insignificante desfalco do erario público? Quizais un roubo descarado? Porque a de enchufar afíns en postos e carguitos hai tempo que o practicades sen ningún tipo de complexo.

Quizais consigades enganar a parte da Coruña. Quizais logreis criminalizar ós okupas, man a man coa prensa do réxime e a subdelegación do goberno. Sabedes ben como facelo. Pero á xente consciente de Coruña e do mundo enteiro nos atoparedes enfronte. Vós escollestes o voso lado da barricada, nós sempre tivemos claro cal era o noso: o dos que loitan, o dos de abaixo. Nunca nos movemos de alí. Vós agora tedes novos e poderosos aliados, tedes as armas, tedes a lei… nós temos a razón, a coraxe e a honestidade de facervos fronte e de loitar. Contra a inxustiza, pola liberdade, na procura dun mundo mellor. Acabáronse as medias tintas, caéronse as caretas, é hora de posicionarse. Agora sodes o poder, nós seguimos sendo os que o combaten. Con ledicia, con coraxe, con amor, con dignidade.

Dixémolo sempre:  Desaloxos son disturbios!

De derrota en derrota ata a vitoria final!

Vémonos na rúa!

-A cona da Bernarda

 

Deixa un comentario