Situación legal actual da Insumisa

O tempo como case sempre está a poñer a cada un no seu sitio. Cantas veces dixéronnos os mareantes que si non se ían os okupas, o Concello podía perder a xestión do espazo e converterse en pasto da especulación? Cantas veces faláronnos do bloque de vivendas que ía construír Defensa? Cantas veces acusouse os okupas de irresponsables e insolidarios que non pensaban no ben común? Pois xa está, acabouse a farsa. A Comandancia de Obras xa é propiedade do Concello e ademais ten a consideración de ben de dominio público, polo que xa ten a máxima protección legal posible e ninguén pode especular con ela.

Sabedes cal é a situación legal actual da Comandancia? Intúo que non. O partido da transparencia, o das luces e taquígrafos, o que ía abrir as portas do Concello aos coruñeses, o que ía facer especial hincapé na transparencia para permitir á cidadanía controlar calquera exceso e vinte mil parvadas máis, agora non ten os collóns/ovarios de explicarnos o que hai.

Como moi ben di A Coz de Malicia (empeza a ser preocupante ter que recorrer á Coz para recibir algo de información sobre a Comandancia!!) a indemnización que hai que pagar á construtora senón realízase a obra é de menos de 30 000€. Máis exactamente 24 793,20€, é dicir, o 3% dos 826 440€ da adxudicación da obra (o IVE non se conta á hora de cuantificar a indemnización). Dio o art. 239.3 do TRLCSP. Vedes, aquí vén:

“3. En el supuesto de suspensión de la iniciación de las obras por parte de la Administración por tiempo superior a seis meses el contratista tendrá derecho a percibir por todos los conceptos una indemnización del 3 por 100 del precio de adjudicación”.

 E iso que os mamones da Marea xa a liaron, porque se non se fixese a comprobación do replanteo (fixérona este luns), a indemnización sería de 16 528,80€. Mirar, vén no art. 239.2 da mesmo TRLCSP:

“2. Si se demorase la comprobación del replanteo, según el artículo 229, dando lugar a la resolución del contrato, el contratista sólo tendrá derecho a una indemnización equivalente al 2 por 100 del precio de la adjudicación”.

Isto chámase informar, TRANS- PA- REN- CIA, non tomar por imbéciles aos cidadáns. Como podedes ver en ningún sitio dise (por desgraza para min) que de non executarse as obras colgarase dos testículos/ovarios ao concelleiro responsable e se lle azoutará públicamente no traseiro para goce dos cidadáns. Como podedes ver a situación non é tan alarmante como os Xiao, Claudio e Xulio quérennos facer crer.

Alguén me dirá: “ese diñeiro é moito ou é pouco? Ademais, por qué os okupas téñennos que facer perder diñeiro?”. Obviamente os 16 500€ ou os 24 800€ (xa vos expliquei de onde saen estes numerillos) por todas as actividades que fixeron os okupas abertas ao público é unha auténtica ganga. Comparalo se non, cun proxecto moi similar como o do cárcere de Coruña, que seguramente nos acabe custando máis de 300 000€ por menos de 1 anos de xestión municipal. E iso que se me dá por facer contas, porque tamén poderiamos responder o que xa dixeron uns compañeiros o outro día no Salto (sí, eu tamén leo ese xornal tan molón, non só A Coz de Malicia):

“Para nós o Centro Social Okupado A Insumisa non ten prezo”.

Seguindo coas mentiras, dinnos que non podemos perder un investimento de 1 millón de euros por culpa duns okupas. Por suposto que a ninguén lle importa perder os 15 millóns de euros dos fondos europeos do plan Eidus por culpa da incompetencia dos nosos concelleiros. Diso nunca nos falan, pero perder por culpa dos okupas 1 millón, nin de coña! Pois ben, outra mentira máis, como o mesmo Xiao afirma:

“Seguramente a okupación influíu no desbloqueo da situación do inmoble dende o Goberno central, pois pouco despois o Ministerio de Fomento desatrancou a licitación das obras”.

É dicir, non só non se perde o diñeiro por culpa dos okupas, senón que nolos ofrecen grazas a eles e a propia Marea recoñéceo. Tamén parece lóxico pensar, que aínda que nos retirase este investimento Fomento, non tardaría en volver ofrecer outro tanto no futuro, xa sexa con Marea no Concello ou con calquera outro partido. Lembrar que esta axuda xa lla ofreceron ao PP na anterior lexislatura. Tamén chama a atención as présas por botar aos okupas. Se imos ao art 237. b da TRLCSP, dinos que unha das causas de resolución do contrato de obras é:

  1. b) La suspensión de la iniciación de las obras por plazo superior a seis meses por parte de la Administración.

É dicir, os okupas pódense quedar ata 6 meses sen que perigue o investimento, pero algúns parece que queren ser máis papistas que o Papa. Esta é a información obxectiva, o que queira a manipulación que acceda á seguinte ligazón:

https://www.coruna.gal/portal/es?argIdioma=es

E se che gustan as redes sociais manipuladas:

https://twitter.com/mareatlantica?lang=es

https://es-es.facebook.com/mareAtlantica/

 

Para terminar unha cita do noso concelleiro favorito, Xiao Lapela, o que “poñe o corpo entre Defensa e as persoas ocupantes”. Isto é o que di Xiao no seu artigo no diario El Salto (para que molestarse en dar voz aos sen voz?, mellor dar barra libre para que un concelleiro escriba o seu artigo, “ contrainformación” 2.0):

“Naquel momento, o Concello podería ter renunciado á acta de cesión provisional asinada con Defensa no ano 2013, xa que o investimento de Fomento non estaba sobre a mesa, e quedar así libre de calquera responsabilidade sobre o inmoble pero decidiu asumir o risco e manter a acta, para poñer o corpo entre Defensa e as persoas ocupantes”

E ista é a realidade:

Xulgado de Instrución número 2 de Coruña: “de las actuaciones practicadas no cabe concluir una voluntad contraria a tolerar la ocupación ni por parte del titular -el Instituto de Vivienda, Infraestructura y Equipamiento de Defensa– ni del cesionario de los derechos sobre el inmueble -el Ayuntamiento-, por lo que no existiría el delito de usurpación”.

Como moi ben dicía Goebbels, unha mentira repetida mil veces se convirte nunha verdade, pero se a repites dous mil veces, xa se convirte nunha dor de cabeza!!!

Agora que Defensa xa se quitou de en medio e que o desaloxo xa é só competencia do Concello, eu pregúntome: quen vai poñer o corpo entre a Madeira Atlántica e as persoas ocupantes?

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.