Contra a legalización dos espazos okupados

ADVERTENCIA: este é un novo texto extraído do fanzine da Insumisa. Según a miña investigación particular parece que todavía non foi publicado no diario O Salto, polo que é posible que non sexa o suficentemente molón e o que é máis grave, é posible que nin sequera sexa políticamente correcto dentro do “amplio” e “plural” mundo da “contrainformación”, polo que a lectura do mesmo pode estar contraindicada.

 

Contra a legalización dos espazos okupados

 

Nos últimos tempos evidenciáronse como simpatizantes dos Centros Sociais case todos os partidos

de esquerdas. Naturalmente isto xurdiu, sobre todo, polo antagonismo instrumental que quixeron xerar no seu enfrontamento contra a dereita. Dereita cuxa posición de odio cara aos CS, é por todxs ben coñecida.

Pero a esquerda non amosa a mesma actitude se falamos de okupacións en lugar de Centros Sociais;

terrible termo este último, con sabor a política burocrática-socialista e que fai referencia a todos aqueles lugares que, segundo a interpretación institucional e aos ollos da chamada sociedade civil, desenvolven funcións de utilidade pública: desde centros para anciáns a cooperativas ceramistas, desde o tratamento de toxicomanías á animación sociocultural. Todos centros sociais. Baixo tal heteroxeneidade de actividades, a esquerda tentou, por todos os medios posibles, prolongar a solidariedade a múltiples ámbitos pero sempre evitando falar de okupación. Consecuentemente

con esta actitude a esquerda apoiou o desaloxo de todo sitio ilegal.

[…]

Diciamos entón que a esquerda négase a falar de okupación: os partidos de esquerdas están dispostos a tolerar os Centros Sociais só e exclusivamente se estes teñen unha función propia recoñecida polo consorcio civil, desta maneira non se perde o apoio electoral e evítanse acusacións referentes á tolerancia de situacións diferentes á orde establecida.

En poucas palabras: o poder rebáixase a pactar a existencia de catro muros só se daqueles non xorden accións contrarias ao status quo. Así, benvidos sexan os servizos voluntarios e de balde que tapen as lagoas asistenciais do Estado, benvidas sexan as obras sociais que, por unha banda, lexitiman a existencia dos Centros Sociais para a xente e, por outra banda, lexitiman ao poder que as tolera. Pero incriblemente non son só os partidos da esquerda institucional os que esixen a legalización, a convivencia pacífica e a vinculación a categorías máis asimilables polo poder, tamén hai sectores da área que, coas debidas reservas chamaremos do movemento, apoian esta situación.

[…]

Para entender mellor cales son as responsabilidades do movemento de legalización debemos

de ter en conta os seguintes puntos:

1) Para elxs, o Centro Social só se lexitima a través dunhas funcións dirixidas ás masas;

2) Os contidos, as formas de comunicación e as accións establécense en estreita relación á existencia

de clases sociais precisas;

3) A dimensión revolucionaria individual é ignorada e a propia vida divídese en “tempo do privado”

e “tempo libre” militante;

4) Adoecen da máis absoluta imaxinación revolucionaria.

[…]

Todos os centros […] que se amosan máis remisos fronte aos pactos, atoparanse ante unha represión

militar inmediata ou ben ante a alternativa de aceptar condicións aceptadas precedentemente por

outros centros xa lexitimados fronte á autoridade.

E todas as okupacións que continúan sen querer saber nada do diálogo co poder e que se ven obrigadas a convivir con agrupacións que optaron polo recoñecemento legal serán desaloxadas pola forza; desaloxos que veñen lexitimados polos acordos previos tomados entre outros centros e o Estado.

Acordos que, a ollos da opinión pública, establecen tamén unha liña divisoria entre “bos” (que

aceptan o diálogo coas institucións) e “malos” (que o rexeitan).

[…]

A legalización nunca será única e unívoca, senón que abarcará todo un panorama de posibilidades

que comprenderán a asociación legalizada (con estatutos, carnés…), a cooperativa, o aluguer

simbólico (ou quizais non tan simbólico pero pagado pola administración pública), a convivencia con

outras asociacións de todo tipo, o respecto das normas de hixiene e habitabilidade con sucesivos controis de funcionarios, e a licenza para o alcol, os impostos, etc …

Quizais non se dean todas estas esixencias ou quizais non se dean todas dunha soa vez, pero unha

vez aberto o discurso xa non se poderá pechar. E mentres tanto é obvio que o Estado, satisfeito de

crear o precedente para resolver o problema, non impoñerá aos grandes Centros Sociais das grandes

cidades condiciones que poidan romper as bases do acordado, pero non terán escrúpulos á hora de

acabar coas realidades menores e contestatarias.

Os centros que cheguen a acordos co poder serán aqueles que conseguisen poñer á xente da súa

parte, situándose demagoxicamente como vangarda política, aqueles cuxa voz se escoite nos xornais

e na televisión, aqueles que lograsen lexitimarse para a opinión pública e ás institucións; todo

segundo o dogma democrático —a maioría sempre ten razón— .

[…]

O principio único que sostemos é que canto máis libres sexamos mellor; por tanto, é obvio que

non aceptemos xamais diálogos coas institucións (excepto en ocasións de extrema necesidade). A

nós parécenos que as distintas okupacións, sobre todo nas grandes cidades, non deben buscar os favores dos partidos nin a asimilación polas leis, pois isto non leva máis que á lexitimación do poder

para-institucional que nada ten que ver coa autoxestión e o seu desenvolvemento.

Non temos a intención de servir de cebo a esta política oportunista de revisionismo. Por tanto,

non nos interesa ser tantxs como podamos, se non é verificando nas nosas accións cotiás afinidade

directa ao individuo.

Non queremos atopar un movemento de club alternativo que persiga o soño do negocio-show, ou

unha asociación de solidariedade cos pobres, sedenta de vínculos cos organismos do poder para

así sobrevivir e manter un movemento de vangarda das masas.

Contra a centralización,

contra a homoxeneidade,

difundamos mil prácticas de liberación!

 

Mario Frisetti, Mario Spesso, Luca Bruno de

El Passo Occupato y Barocchio Occupato.

„22“ Torino, febreiro 1994.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.