XVIII Marcha a prisión de Teixeiro

Cómo pasan os anos!!! O vindeiro sábado 27 de xaneiro convocamos a decimoctava marcha á prisión de Teixeiro. A pesares da terrible represión que padecimos en forma de centenares de multas e varios compañeir@s con peticións de cadea (falo do pasado, por fortuna os últimos anos están a ser moitísimo máis calmados, a ver se vou asustar a alguén) incluso o sabotaxe duns descerebrados que chegaron a pinchar as rodas dos nosos coches, a solidariedade non retrocede nin un paso.

Despois da marcha á cadea que está programada para ás 12 da mañá dende a gasoliñeira da N634 km63, temos unha concentración no Obelisco de Coruña ás 19h contra as prisións e unha festa sorpresa na Insumisa a partires das 21h con ceador incluido… se os merdas da Madeira Atlántica non a desaloxan antes, claro.

Esperámosvos a tod@s

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.