Paralízanse as obras do cárcere de Coruña

A estas alturas xa nada nos sorprende. A construtora que gañou o concurso das obras do antigo cárcere da cidade (por certo, foi Ángel Jove a empresa elixida polo goberno do “cambio”, sobran palabras) renunciou a realizar as obras porque di que o informe que fixo o Concello é tan falso como a proposta de diálogo que ofreceron aos okupas. É dicir, ou moito cambian as cousas ou é moi probable que haxa que sacar un novo informen sobre o estado real do espazo, logo facer outro proxecto de obra, adxudicar a obra a outra empresa… e por suposto, incrementar a partida orzamentaria que xa era de 184 659€. Lembrar que a cesión de Interior termina o vindeiro 15 de xaneiro, polo que non sería desatinado pensar que non se vai a chegar a abrir á cidadanía e enriba, no canto de denunciar a Interior por permitir o deterioro do cárcere , axudámoslle a rehabilitalo co diñeiro do Concello.

Como todo o mundo sabe a transparencia é a maior virtude da Marea Atlántica, na seguinte ligazón explícannos con todo luxo de detalles cal é a situación actual das obras, porque se acumularon un atraso tras outro (lembrar que xa tiña que estar aberto en marzo do ano pasado, promesa de Xiao o 3 de xaneiro do 2017) e que tal vai a denuncia do PP por irregularidades na adxudicación do concurso público (lembrar que esta semana o xulgado admitiuno a trámite, así que non sería estraño que se acabe declarando ilegal e haxa que repetirse). Aquí déixovos a ligazón:

https://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/xiaolacagadenuevo/perocomosepuedesertancateto/menosmalqueporlomenosmeforro/votamehazmerico/1111155545455

Hooligans de Marea, non vos preocupedes, o proxecto do cárcere que estaba feito fodéusevos, pero o proxecto das Naves do Metrosidero que non vos creedes nin vós, vai saír xenial. Non perdades a fe.

One thought on “Paralízanse as obras do cárcere de Coruña

  1. Oye, neno.

    Como es eso de que cuando La Voz habla de vosotros siempre miente, pero cuando habla de la Marea siempre dice la verdad?

    Santi Rey, okupa honorario!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.