La Coz de Malicia contra os okupas: artigo do fanzine da Insumisa

Aclarar que este artigo o poño por simple postureo e disimular un pouco. Como todo o mundo sabe só existen 2 bandos nestas barricadas: os que din que Marea mola mogollón e os fachas peperos que lle fan o xogo a La Coz de Malicia. Obviamente eu estou cos segundos, menos mal que os camaradas Francisco Espiñeira e Xosé Gago xa me coñecen e non mo teñen en conta.

 

TECLEANDO

Coa intención (meramente intelectual) de investigar sobre o movemento okupa en Galiza ocorréuseme a disparatada idea de poñer estas simples 3 palabras en google:

movemento okupa galicia. Inmediatamente vinme desbordada por máis de 4 páxinas de noticias referentes a sucios, delincuentes e lerchos okupas que atemorizan a toda a veciñanza alá onde se instalan.

Esta estratexia, liderada sobre todo por La Coz de Malicia, responde a un único fin:

desacreditar a todos os okupas e crear un imaxinario colectivo de okupa = delincuente, sucio, vándalo, ruidoso, ionqui, conflitivo e un longo etc.

Tamén se trata de crear unha liña divisoria entre o cidadán de ben, traballador que paga os seus impostos, o seu aluguer, a súa hipoteca e as súas facturas, e aquel que, polo contrario,

non paga por unha vivenda (único trazo que diferenza os okupas do resto dos mortais). Para os medios de comunicación é sinxelo conectar esta faceta delituosa dentro dun universo de alegalidade e delincuencia, sumándolle tráfico de drogas, actitude conflitiva, drogadicción, ser vago, sucio e se puidésemos conectalo tamén cotráfico de órganos e a pornografía infantil, mellor.

O okupa convértese deste xeito nunha figura delituosa e conflitiva que ningún habitante de ben desexaría ter como veciño. Pero a realidade é ben distinta, a maioría das veces os okupas lévanse ben coa veciñanza; do mesmo xeito que a maioría dos veciños con problemas de convivencia pagan o seu aluguer. O aluvión de noticias negativas, retorcidas e falaces en contra do colectivo okupa volvéronse unha absoluta constante en La Coz de Malicia: invención de inexistentes Mafias Okupas, criminalización absoluta dun colectivo en base a feitos illados, satanización dos seus integrantes, esaxeracións e terxiversacións constantes, falsas acusacións de lucro contra Centros Sociais solidarios, confundir a okupación de casas baleiras coa invasión

de moradas habitada…

Esta imaxe completamente estereotipada e simplista instálase na nosa mente de igual modo que a imaxe que lle outorgan os medios aos inmigrantes (non esquezamos o alarmismo en canto á “invasión” de inmigrantes, a súa condición de Ilegal, persoas que nos quitan os nosos traballos e abusan dos nosos hospitais), as mulleres (que non morren señores, asasínannos, imaxe cosificada e hipersexualizada, etc) ou dos xitanos.

Hai xa tempo que Joseph Goebbels nos ensinou como inflar os ánimos da poboación cara a un colectivo determinado (no caso de Alemaña, contra os xudeus; no caso da Voz parece facer os seus intentos cos Okupas). Este político do terceiro Reich e ministro de opinión pública e propaganda nazi, sabía moi ben que unha mentir a repetida con empeño mil veces se converteno imaxinario colectivo nunha verdade incuestionable. La Voz de Galicia leva un ano sacando unha media de 6 noticias diarias (todas elas malintencionadas, perversas estereotipadas) conectando a okupación co vandalismo, a drogadicción e unha longuísima sucesión de problemas de mala convivencia con veciños. O obxectivo é ben claro: crear unha alarma e un rexeitamento social, cousa ben fácil ante o continuo bombardeo descarado de noticias prexuízosas ante calquera persoa que simplemente decida instalarse nunha vivenda baleira (a maioría en estado ruinoso e pertencentes a bancos e especuladores.

En canto ao caso do Centro Social Okupado A Insumisa a cousa é aínda peor, porque a relación cos veciños é excelente (ou polo menos para nada conflitiva). Ademais dáse o caso de que alí non vive ninguén e todas as súas actividades son abertas, solidarias e desinteresadas.

Con todo, cada día sae ou unha conexión Insumisa-goberno municipal, ou condición de alegalidade intolerable.

En fin, é moi doado crear unha problemática da nada. Na miña opinión é moito máis fácil falar de problemas serios, problemas de verdade: desafiuzamentos, desemprego cuxos responsables son políticos, bancos, corruptos, especuladores, fondos voitre, empresarios, etc. Pero non convén falar moito destas esferas de poder, pois o poder económico e o poder mediático están tan entrelazados que o feito de cuestionar o statu quo pode supoñer unha baixada de subvencións ou financiamento. É máis eficaz crear problemas e dar impresión de que se vive en democracia, ou que neste país existe a prensa libre e independente.

 

Deixa un comentario