[A Coruña] Bicicletada: Árbores e bicis poden convivir

Hai poucos días formouse a campaña veciñal “Árbores e bicis” en defensa do arboredo das avenidas Primo de Rivera e Linares Rivas que o concello pretende tallar coa excusa de poñer carril bici, e tamén en favor do calmado do tráfico nestas rúas e no resto da cidade onde se exceden os limites de velocidade a miúdo.

A primeira convocatoria deste colectivo é unha bicicletada -un paseo en bici lúdico e con carácter reivindicativo- este venres 19 de xaneiro contra este plan urbanístico. Comezará ás 20:00 na Praza de María Pita cunha concentración pra comezar a bicicletada ás 20:30 en dirección á avenida do Porto pra rematar con outra concentración sobre ás 21:00 ao pé das árbores máis próximas á praza da Palloza. Haberá acompañamento musical, micrófono aberto para quen queira expoñer opinións e propostas, chocolatada quente e intervencións artísticas sobre as propias árbores, abertas tamén a quen queira participar aportando a súa creatividade.

Podedes facer click aquí pra ver o evento e difundir por Facebook e tamén deixamos o manifesto de presentación do colectivo, que explica con máis detalle os motivos detrás da formación de “Árbores e bicis” e a situación da movilidade en bici na cidade.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.