[A Coruña] Rouban por 2ª vez en 3 semanas no Centro Social A Comuna

Seica non é bo tempo pra os centros sociais coruñeses… A Insumisa con risco de desaloxo, o ateneo con problemas económicos (seguramente haxa outro concerto solidario en breves) e hoxe chéganos a noticia de que o Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín 35), espazo con máis de dous anos de vida onde se desenvolve unha gran variedade de eventos (xantadores, cineclube, palestras, obradoiros de linguas, apoio educativo, saberes populares…), sufriu o seu segundo roubo en tres semanas.

O primeiro aconteceu na madrugada do 25 ó 26 de decembro; tras forzar o enreixado levaron os cartos da caixa máis outros tantos que había nuns sobres nos que gardaban o diñeiro realtivo á venda de libros, ademáis de poñer o local patas arriba, según explican na súa páxina de Facebook. Esta segunda vez é probable que acontecera a noite do xoves e, ó non quedar nada que levarse, optaron por desordenar todo de novo. Pra aclarar que ninguén vai atopar fortuna roubandolle, a xente da Comuna optou por poñer uns cartaces indicando que non hai nada que roubar ou suxerindo (de broma) que se queren cartos que proben sorte nun banco, mostrando bó humor ante a adversidade.

Pola miña conta, vou aforrarme os calificativos ás persoas culpábeis de roubar nun centro social autoxestionado onde a xente participa de maneira voluntaria e sen ánimo de lucro e limitareime a compartir as súas próximas actividades ás que podedes asistir pra pasar un bo rato e mostrar o voso apoio (pra estar ó tanto dos seus eventos, seguida a súa páxina): o sábado 20 de xaneiro haberá un armario comunal de 12:00 a 14:00 e, ademáis, a partir das 21:00 poderedes disfrutar de varios monólogos!

Remato con estas palabras das compañeiras e compañeiros da Comuna:
«Sendo conscientes do que nos custa manter o centro social, e malia a sensación de inseguridade coa que este acto nos deixa, seguiremos con este proxecto de transformación e creación de comunidade para construír o cambio social desde abaixo.
Nin os políticos nin est@utr@s ladróns/ladroas poden acabar coa nosa alegría nin rebeldía»

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.